Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SEMANA SANTA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEMANA SANTA. Mostrar todas las entradas

11 de abril de 2020

O BARRIO DE SAN FRANCISCO EN CAMBADOS NA TELEVISIÓN BELGA FRANCÓFONA



Coronavirus: como se celebra a Pascua nun mundo confinado?
A RTBF (Radio Televisión Belga Francófona) fai unha viaxe polo mundo para ver como se celebra esta Semana Santa tan atípica por causa do coronavirus.
O recorrido inclúe, EE.UU., Siria, Italia, Vaticano, Bulgaria e España.

Non so sae nesta televisión. O xornal  AlKhaleej Today dos Emiratos fai unha reseña á Semana Santa utilizando a mesma foto.

Neste período da Semana Santa, a preocupación ao redor da pandemia de Covid-19 é o punto común dos cristiáns en todo o mundo. En cada país, os crentes tentan celebrar a festa principal dos seus calendarios integrando os estragos do novo coronavirus. Entre a negación e a tecnoloxía, cada comunidade reacciona á súa maneira. Pero todas as oracións dos crentes inclúen a pandemia que cruzou o fito simbólico de 100,000 vítimas ao comezo da fin de semana de Pascua. A maioría das celebracións foron canceladas ou celebradas a porta pechada. Cando Pascal Bustamante escribe sobre España non o fai das famosas Semana Santa de Andalucía ou Castela. Non especifica ningunha pero a imaxe que ilustra este apartado é de Cambados. En concreto do barrio de San Francisco, coñecido como "as casas baratas".

En España, as tradicionais procesións do Venres Santo foron canceladas. Estes eventos seguidos fervientemente por unha gran parte da poboación foron substituídos por transmisións televisivas das procesións de anos anteriores. Os veciños tentan en todos os sentidos recrear a atmosfera da Semana Santa.



Pica AQUÍ para ver o artigo completo
Tamén na prensa de Arabia Saudí


1 de abril de 2020

O PÁRROCO DE CAMBADOS INVITA A CELEBRAR A SEMANA SANTA DESDE A CASA

As Dioceses galegas remitiron indicacións aos seus sacerdotes sobre a celebración dos oficios de Semana Santa que, este ano e debido á pandemia do coronavirus, deberán facerse sen a presenza de fieis, e convidou a estes fieis para participar na oración desde casa, e seguir os ritos a través dos medios de comunicación.
Así, instouse a seguir "os Oficios do Triduo Sacro" como "igrexa doméstica", desde casa individualmente ou en familia, "ensinando e instruíndo aos máis pequenos no significado da centralidade destes días", e seguindo as celebracións que se retransmitan.
O sacerdote José Aldao, párroco de Santa Mariña D´ozo pide aos fieis que o domingo de Ramos, ás 12:00 salgan ás portas, xanelas ou balcóns para axitar un ramo (de oliveira, calquera outra planta ou un simple debuxo) para recibir a Bendición de Ramos. A esta hora as campás de todas as Igrexas de Cambados soarán ao unísono para que.
Pide tamén que se comparta cos amigos e familiares a mensaxe. Quere que este domingo de Pascua non se deixe de celebrar a pesares das circunstancias por ser un día tan especial e de tanto arraigamento no noso pobo e de tanta importancia na nosa Semana Santa.


31 de marzo de 2018

A SEMANA SANTA EN CAMBADOS, (OPINIÓN) SEGUNDA PARTE



Cambados vive estes días un fervor relixioso sen parangón. Coma dixen no seu día vai íntimamente vencellado aos nosos recordos e coma tal son un conxunto de ideas, artes, ciencias e costumes que forman e caracterizan o estado social do noso pobo. Antonte os veciños de Cambados celebramos o XOVES SANTO. Segundo os eruditos Xesucristo celebrou á Última Cea cos doce Apóstolos. Os fieis ateigaron a Igrexa Parroquial para asistiren ao lavatorio de pes. No sermón o meu grande amigo e párroco D. José Aldao lanzou unha mensaxe de amor: nunha sociedade onda o individualismo, a falta de valores, e rodeada de problemas económicos e laborais, o amor é indispensable para facer un mundo máis xusto e saír adiante Encheuse a Igrexa novamente e a verdade é que un luxo ter ao fronte da nosa Comunidade Relixiosa a un home tan humano, cercano, e tan boa persona coma Don José. Son moitas as virtudes que ten e entre elas é o ser un grande lector, alguén que non é alleo ao groseira realidade do mundo; é un incorrexible soñador, o menor xesto de simpatía o desarma, a inxustiza logra sublevalo, padece ese realismo candoroso da primeira xuventude, que non soprta o groseiro enfrontamento coa realidade do mundo. Eu sempre tiven debilidade por esa clase de homes e mulleres poren escasean cada vez máis: todo é postureo, falsedade e hipocresía. 


Tralo sermón procedeu ao lavatorio de pes coma se supón que fixo Cristo cos seus Apóstolos .E baixo o meu punto de vista é a némese da Semana Santa e provoca unha fonda impresión para aqueles que admirámola vida de Cristo coma un espello, un exemplo, e un símbolo de entrega aos demáis. Coa Biblia na man Xesús enfrontouse co poder estabelecido e moitas pasaxes da súa vida que no seu tempo foron tildadas como “escandalosas” e coma tal deixaba que se lle acercara xente de toda condición, non era un “clasista”, ao contrario: era un revolucionario, se mesturaba con xente impura e que non estaba ben vista polo visto na sociedade daquela época, excluída a priori da alianza con Deus. Nembargantes a acollía non coma “moralista” a diferencia dos nosos actuais políticos, senon coma AMIGO. Na súa mesa se sentaba ao seu carón a todo o mundo que así o quixera. Á tarde noite desde a capilla de San Tomé comezou a procesión do Ecce Homo e aquí entra a Historia, coma Poncio Pilatos lavouse as mans e diante do pobo, cun Cristo ao que lle deron por todas partes e levando na súa cabeza unha coroa de espiñas, dixo: “Aquí tedes a este home”, facede con il o que queirades. A quen queredes, a Cristo ou a Barrabás, e así é coma ocorre hoxe en día para desgraza do xénero humano en moitas ocasións. Veneramos a xente que non ten nada de valor, en todo caso se queren facer pasar coma Mesías e proclaman virnos a salvar de fulanito ou fulanita de tal, cando a leguas un se decata de que o único que lle preocupa é “cuidar de lo suyo”, e estou a falar doutros daqueles aos que Cristo lles deu sen compaixón: usureiros, políticos, fariseos, mercaderes, e toda a ralea que coma fai XXI séculos o mundo ten que levar, de non ser así non tería sentido de que morrera POR NÓS para nos facer libres e escoller aquilo que queremos, e coma pecadores tamén é consciente que nos creou a súa imaxe e semellanza peronos deu en condicións normais liberdade para equivocarnos. 


 A PROCESIÓN DO SANTO ENTERRO, VENRES SANTO.- 

Ás sete da tarde chegou o intre máis esperado dada a súa solemnidade … hai xente que chora no intre que se procede ao desencravo da imaxe de Xesús. A continuación partíu a procesión do Santo Enterro que recorreu as rúas da localidade, unha mostra do poder de convocatoria dos Actos da Semana Santa. A posteriori a procesión da Soidade estaba programada para as dez e media da noite con saída na Igrexa de Santa Mariña e remate en Fefiñáns (que este ano non puido saír pola choiva) pero en todo caso é apabullante cada ano que se celebra. As mulleres levan ás imaxes nun silenzo sepulcral que se fai presente nas rúas, e case sempre venta, fai frío, e chove. É un día triste para moitos Cristiáns, aqueles que temos unha fe que nos inculcaron desde nenos. Iso non quere decir que haia xente atea que ao carón de moitos Católicos de buffet libre estean a unha distancia sideral, por ser boas personas, non levar unha dobre vida, e ser consecuentes co seu xeito de pensar. Na Historia hai grandes celebridades que non crían en Deus coma Rilke, Schopenhaüer, Buñuel, e que fixeron a súa parte para deixar un mundo millor do que viveron. Sei a tentación que hai de tentar enlodar esta celebración co que foi noutro tempo, e hai documentos que o atestigüan, pero volto a repetir non está no meu ánimo polemizar. Vivimos nun estado aconfesional, pero obviar que o 90 % dos cidadáns se sinten Cristiáns e negala realidade deste país. 

É preocupante o pouco grado de tolerancia presente na nosa sociedade, pero é un problema de educación e cultura. Hai que separar, non entendo o fervor doutras celebracións coma a do Nazareno, a Virxe do Carme ou da nosa Patroa Santa Mariña que transcorren con relativa paz e tranquilidade, coa lea que se monta cada vez que calquera de nós lle da o significado que merece a unha data sinalada no calendario consagrada polo tempo e santificada pola tradición. A sombra dos corenta anos de ditadura é alongada, certo, pero eu me ciño exclusivamente ao día de hoxe. Sei do significado que estas datas teñen para moitos veciños e por iso e non por outra cousa o reflicto, e a quen lle doa sempre pode a partires de hoxe poñelo fútbol. Desa relixión non falan, que si Messi é Deus, ou Cristiano Ronaldo e que tal equipo xoga coma os anxos. 
E nin mentar os espectáculos que ollamos a traveso das canles de televisión, con expresións de violencia verbal e física (telediarios). Qué é a Semana Santa comparada con iso (…) AUGA, e coma tal o digo. Hai tal cantidade de “burremias” que ten que ler un que se lle poñen os pelos coma escarpias, pero somos un país CAINITA, e non se pode obviar. Temos moitas cicatrices, e coma tal as levamos pegadas na nosa pel, gravadas a lume e non falo do sentido “físico” senon do espiritual. Que haia algo que non podamos ollar non significa que non exista, e aqueles que dicimos que sí hai somos mal vistos por aqueles que só cren no tanxible, no que se pode “tocar”. 


E HOXE MÁIS QUE NUNCA, ONDE O MATERIALISMO, E O CONSUMISMO FIXERON PRESA DA SOCIEDADE CHEGADO TAL EXTREMO QUE PARA MOITA XENTE VALE MÁIS O QUE TES, DE QUEN ES, AÍNDA MAÍS. Asemade hai algo que non te poden quitar, i ese algo é a ESPERANZA, a FE e a CARIDADE. Son virtudes teologais, xunto a paciencia, e desta última hai moita xente que non anda precisamente sobrada … CALMA, restan dous díuas e xa podedes voltar á vosa rutina, sen que haia xente que “moleste” segundo vós ocupando a rúa e cortando o tráfico, que moleste por atreverse a dicir en voz alta o que pensa, ou que moleste porén non opina coma vós. 


Un artigo de Óscar Manuel Núñez.- 

P.D: DALAS GRAZAS A LUIS GÓMEZ POLA XENTILEZA EN ME CEDELAS SÚAS FOTOS.



28 de marzo de 2018

A SEMANA SANTA EN CAMBADOS (OPINIÓN)




É hora de debullar o que é unha das tradicións máis señeiras da nosa vila: a Semana Santa. Sendo Cristián ou non é un das cousas das que estamos especialmente orgullosos os veciños e veciñas de Cambados. Declarada de Interese Turístico e cun valor Histórico innegable, fai que moitos de nós voltemos ao pasado, cando na infancia lembrabamos algunha das imaxes que éstes días ollamos en procesión. O domingo a tarde saíu a imaxe da Dolorosa e a de San Xoán. A da Virxe dos Dolores desde neno cando ibamos ao Catecismo sempre a miraba e me producía un escalofrío. Falando co meu amigo Lino Silva encol da mesma, díxome que non ñe estranaba, que é unha talla cun acabado formal e unha técnica prodixiosas, aparte do significado espiritual que leva. É apabullante, non atopo un adxectivo millor para definila. 


 Certo que hai moitos ateos que non lles gosta en demasía estas expresións de fervor relixioso, incluso algúns ofenden, pero sempre son os mesmos (se non fóra isto sería outra cousa con tal de molestar). Outra cousa é a controversia que xira encol da separación Igrexa – Estado que neste país por desgraza non hai xeito de desfacela polo visto. Tanto ten que a Constitución Española diga que somos un estado aconfesional: a Ministra de Defensa María Dolores de Cospedal ordenou poñelas bandeiras dos seus edificios públicos a media asta e xa se montou o tinglado. As Redes Sociais, ou o que eu chamo a Taberna ou “Tabarnia virtual” convertíuse nun feixe de improperios dunha e outra banda: dos que ollan esta práctica coma algo “normal” e os que se declaran en contra de que se mesture a relixión co estamento militar. 


ARTIGO "EL PLURAL"
Na miña opinión hai cousas máis importantes que devalar nesta vila e neste país, pero é algo que levamos ás costas (nunca millor dito), sobre todo grazas á Igrexa Católolica que non tivo reparo algún en apoiar o golpe militar do Xeneral Franco. Entramos en democracia pero seguimos sen solucionar as teimas do pasado coma o da bandeira, e nin mentar que na misa do domingo escoitaremos no seu Ecuador (de novo) o Himno Nacional de España. Eu non quero polemizar, pero son feitos e coma tal hai que expadilos. Non me parece apropiado, e cos Evanxeos na man dí moi pouco dos que manteñen estas tradicións. Entendo a veneración dos fieis, o respeto daqueles que ainda que non practicantes temos temor de Deus e rezamos, sí, non teño reparo algún en decilo. Porén se sigue empregando a relixión para facer política e me parece moi mal. Mal, porque a Deus o que é de Deus, e aos homes o que é dos homes. Hai personas que seguen sin entender que en calquera país avanzado de Europa estas teimas xa estarían superadas, pero aquí non por desgraza. 




En fin, cada quen ten a súa opinión e como tal a respeto, i é iso, RESPETO, o que se bota en falta. Coma non quero me extender na cuestión, e son consciente que este artigo segundo quen o lea vai a dala súa intepretación, aí queda, e para min (e non é lles facela pelota) os veciños están no seu dereito a se expresar, e coma tal estar a favor ou en contra. Coma nadie vai publicar o Programa de Actos da Semana Santa en Cambados e como teño dito é algo que sae da esfera da relixión para se converter nalgo Cultural vouna explicitar para que teñades a información precisa, cun pouco de atrevimento, pero si se anuncian acontecimentos Culturais éste tamén o é, volto a repetir, e como tal hai que consideralo. 


A bendición dos ramos foi domingo, e moitos lembramos con nostalxia cando eramos nenos e levabamos a nosa millor roupa e o pasabamos de medo batendo coas palmas. Din que dentro dun home ou dunha muller hai un neno ou unha nena, e penso que sí, vai indefectiblemente unida unha figura coa outra. O reflexo “cambiou” un pouco, pero así é. As fotos coma dicía Ricardo Darín el El Secreto de Sus Ojos ou “as imaxes falan” (…) Eu debezo por certo pola páxina do compadre Manolo Rubio onde nos amosa fotos antigas da nosa vila e polas que poñedes vós, son ainda que sone cursi moi “bonitas”. En definitiva, e para non me alongar máis (como di o meu compañeiro Chou o breve dúas veces bó, certo) remato esta pequena escolma, non sin desexarvos un bó descanso aos que éstes días non teñades que laburar, e espero ollarvos (se o tempo o permite) nalgunha procesión, co recollimento e o respeto que compre a calquera acto onda se sintan identificados como tal boa parte dos nosos veciños e veciñas de Cambados e arredores. 

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-



20 de marzo de 2018

CONCERTO DE MÚSICA SACRA NA IGREXA PARROQUIAL DE CAMBADOS





Desde a súa creación no mes de xaneiro do 2017, Amicorum Musiace preséntase como un coro cun novo estilo, xurdido da amizade reencontrada dos seu máis de 90 membros tras moitos anos de dispersión, e que ademais constitúese como asociación musical coa fin, entre outras, de fomentar e difundir o patrimonio musical español e asturiano.
A dilatada experiencia musical e coral dos seus membros permite a esta agrupación afrontar un variado repertorio baixo diferentes formatos, aínda que no momento actual está especializada en polifonía a capella.
Xunto á orquestra  Sinfonietta Concertante, e coa  colaboración de solistas de renome internacional, realizaron durante os meses de marzo a xuño de 2017 á Xira de Pascua, na que   presentaron a Misa de Réquiem KV 626, dirixidos polo mestre don Gaspar Muñiz Álvarez, con gran éxito de crítica e público. En maio do mesmo ano, e baixo a dirección de don Amaro González de Mesa,  presentéronse ao  público ovetense, cun programa de polifonía española, na igrexa Santa María La Real de La Corte.
Convidados pola Asociación Amigos de Silos,  participaron na XXI Edición do Septiembro Musical ofrecendo un concerto no Convento de San Francisco de Santo Domingo de Silos (Burgos). A primeiros de decembro e baixo a dirección de dona Julia Fernández González, participa na conmemoración do 60 Aniversario del Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas do Principado de Asturias ofrecendo un concerto na  Basílica de San Juan El Real de Oviedo, co título de “More Hispano: Un recorrido breve por oito séculos de polifonía española”. No nadal de 2017 e dirixidos por don Gaspar Muñiz Álvarez, interpretan “12 Panxoliñas Asturianas” para coro, solistas, piano e gaita, baixo a dirección de dona Julia Fernández González.
Na actualidade conta coa dirección musical de dona Julia Fernández González e como directores convidados coa participación de Gaspar Muñiz Álvarez, director da orquestra Sinfonietta Concertante de Oviedo, e de Amaro González de Mesa, actual director do coro de cámara Duque de Calabria e do Coro de la Universidad de Alcalá de Henares, así como da Sociedad Coral Excelentia, de Madrid.
Sábado 24 a partires das 9 da noite.


7 de abril de 2017

ACTOS DA SEMANA SANTA DE CAMBADOS















 A programación dos actos relixiosos da Semana Santa 2017 de Cambados será a seguinte, sin a confirmación oficial por parte da parroquia. Calquer modificación será correxida

Domingo de Ramos (9 de abril), comeza a celebración da Semana Santa na localidade de Cambados coa Bendición dos Ramos e Palmas ás 12.00 horas, na Praza de Fefiñanes. Ao terminar, sairá a procesión ata a Igrexa Parroquial onde terá lugar a celebración da Eucaristía.

Pola tarde, sobre as 20.30 horas, levarase a cabo a procesión en honra á nosa Señora das Dores.

Luns 10, ás 21.00 horas todos os asistentes poderán gozar na Igrexa Parroquial dun Concerto de Música Sacra.

Martes 11 , ás 21.30 horas levará a cabo a celebración comunitaria da Penitencia.


Mércores 12, esta xornada estará especialmente destinada ás celebracións de penitencia e confesións.
Confesións: 12:00 horas en San Tomé; 18:00 horas en Fefiñáns; 20:00 horas en la Iglesia Parroquial.

Xoves 13 ás 18.00 horas realizaranse as celebracións en Santo Tome e Fefiñanes. Ás 19.00 horas, celebración da Cea do Señor, lavatorio de pés e Sermón do Mandato.

Ás 21.00 horas, sairá a Procesión de Ecce Homo, desde a Capela de Santo Tome ata a Igrexa Parroquial. Seguidamente meditación sobre a Paixón, e ás 00.00 horas terá lugar a Adoración do Santísimo e a Vixilia da Adoración Nocturna.

Venres 14, pola mañá ás 09.30 horas realizarase o encontro na Praza de Alfredo Brañas. Os asistentes acompañarán ás imaxes en Procesión ata a Praza de Fefiñanes e ás 12.00 horas, Vía Crucis na Igrexa Parroquial.

Pola tarde, ás 17.00 horas, Liturxia do Venres Santo na Igrexa parroquial, coa escenificación da paixón e morte do señor. 
Ás 19.00 horas, realizarase o Desencravo na Igrexa de Fefiñanes e a continuación comezará a Procesión do Santo Enterro. 


22.30 horas, procesión da Soidade, o percorrido será desde a Igrexa Parroquial ata a Rúa de Fefiñáns.

Sábado 15, ás 23.00 horas na Igrexa Parroquial, Vixilia Pascual.

Domingo de Resurreción 16, esta xornada estará especialmente marcada pola Eucaristía Pascual cos horarios de costume.









6 de abril de 2017

A SEMANA SANTA DE CAMBADOS











Ao estar Cambados dividido en tres partes, as procesións e actos litúrgicos repártense nestas tres zonas: Fefiñáns, Cambados e Santomé.

A Semana Santa cambadesa remóntase ao tempo da fundación do Convento dos PP. Franciscanos en 1553. Devandito convento, no centro da vila, alberga na actualidade a igrexa parroquial.

Comezan as celebracións da Semana Santa co culto solemne a Jesús de Medinaceli (Popularmente denominado "O Nazareno") na capela do antigo hospital, o primeiro venres do mes de marzo. Ese dia celébranse diversas misas, unha delas cantada, e sáese en procesión ao escurecer. Este ano as datas fixeron que entre o Nazareno e a Semana Santa houbera moita dias de marxe.

O Domingo de Ramos os actos comezan ás once e media da mañá coa muntitudinaria bendición dos ramos e palmas na Praza de Fefiñáns, seguida da procesión de Jesús na súa borriquita, percorrendo o casco histórico para recollerse na igrexa parroquial e celebrarse unha misa multitudinaria.

Luns, martes e mércores santos teñen lugar actos culturais, piadosos ou penitenciales, como concertos de música de cámara, actuacións de corales polifónicas, rezos do vía crucis, confesións ou rezo do rosario, con gran afluencia de fieis.

O Xoves Santo celébrase na igrexa de San Benito de Fefiñáns e na capela do Asilo Santomé a Santa misa, e o traslado do Santísimo ao Monumento. O acto de Fefiñáns é o máis antigo da zona. 

Na igrexa parroquial celébrase a misa da Institución da Eucaristía, o Lavatorio e o Pregón do Mandato, así como o traslado do Santísimo Sacramento ao Monumento, quedando exposto á adoración dos fieis. Estes son moi concorridos por persoas de toda a comarca, e comezan en Cambados ás sete da tarde. Os de Fefiñáns e Santomé son ás seis. Ningunha das igrexas pecha durante toda a noite, para que poidan ser visitadas en todo momento.

Sobre as nove da noite sae da Capela do Hospital a procesión do Ecce Homo, que percorre o casco histórico, agora recuperando un dos trazados orixinais deste cortejo, e finaliza na igrexa parroquial. A esta procesión en Cambados coñécella como a Procesión dúas Caladiños. Ao final do desfile comeza a predicación sobre o Ecce Homo. E ás once da noite celébrase a Hora Santa, dando comezo á Adoración Nocturna durante toda a noite, con diferentes quendas de adoración, tamén moi concorrida.

O Venres Santo, ás nove da mañá, sae da igrexa parroquial a procesión do Encontro, saíndo as imaxes do Divino Nazareno, A Santísima Virxe das Dores, San Juan e a Verónica. Parten rumbo á praza de Alfredo Brañas, tamén coñecida como Praza do Encontro, onde se desenvolve un auto sacramental no que a figura do Nazareno vaise atopando coas diferentes imaxes, mentres un sacerdote predica sobre este acto. Finalizada a predicación, parte a procesión para finalizar na igrexa de Fefiñáns.

É costume popular que, finalizado este desfile, os cambadeses acudan aos diversos establecementos de hostelería a degustar chocolate con churros.

Ás doce na igrexa parroquial celébrase o tradicional via crucis no que participan todos os grupos da parroquia.

Pola tarde, ás cinco, na devandita igrexa celébrase a liturgia propia do Venres Santo e a Adoración da Cruz. Sobre as sete ou sete e media, na igrexa de San Benito de Fefiñáns, realízase o Desenclavo, outro auto sacramental  coa predicación por un sacerdote mentres se vai baixando a imaxe do noso Señor. Terminado este acto sae a procesión dos homes, na que forman maiores e nenos, portando os diversos estandartes as autoridades participantes. Desfilan as imaxes de san Juan, Magdalena, a Virxe das Angustias, a urna do Santísimo Cristo Yacente, e a imaxe da Virxe das Dores, con traxe de veludo negro e bordado ao aire en azabache dunha antigüidade duns trescentos anos. Todas as imaxes son antiquísimas, destacando a talla da Virxe das Angustias, procedente dun grupo escultórico do que lamentablemente perdeuse gran parte, aínda que en 2010 recuperouse a figura de Poncio Pilatos.

Esta procesión do Santo Enterro, logo de percorrer as tres vilas que forman Cambados, finaliza na igrexa conventual de Santa Mariña, hoxe igrexa parroquial.

Desta igrexa, sobre as dez e media da noite, sae a procesión da Santísima Virxe das Soidade, só de mulleres. A talla é unha imaxe de vestir que loce un traxe de veludo negro bordado en azabache, recentemente restaurado, que no seu día foi doado polos señores do Pazo de Fefiñáns. Este cortejo discorre polo casco histórico e termina na igrexa de Fefiñáns, coa predicación dun sacerdote. A imaxe ten o seu altar nesta igrexa.


Os horarios son orientativos pois todo depende das datas nas que se celebre a Semana Santa.

Imaxe- Luís Gómez








31 de marzo de 2017

ZONA CENTRO CONVOCA UN CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS E VENTÁS











A asociación de comerciantes Zona Centro presentou hoxe o primeiro Concurso de Embelecemento de Balcóns e Ventás da Semana Santa 2017, co que pretende realzar o encanto de Cambados durante as festividades. O acto de presentación asistiu o secretario da asociación Bruno Somoza, o Concelleiro de economía Xurxo Charlín, e o de Benestar Tino Cordal.

O concurso está aberto a todos os veciños, que participarán en dúas categorías, unha para balcóns e ventás, e outra para escaparates. A inscripción é gratuíta, e poderase facer do 1 ata o 11 de abril mediante correo electrónico ou en persoa, nas oficinas da asociación de comercio.

O gañador da categoría balcóns e ventás terán como premio un cofre regalo "Spa-Benestar" de fin de semana para dúas persoas, mentres que o da categoría escaparates obterá un cofre regalo "Casa Rural" dunha estancia de fin de semana para dúas persoas.

BASES












18 de marzo de 2016

HORARIOS E DIAS DE PECHE DA PRAZA DE FEFIÑÁNS








A petición do Sr. Cura-Parroco de Cambados a posibilidade de efectuar cortes puntuais de tráfico na Praza de Fefiñáns durante a celebración dos actos litúrgicos previstos con motivo da Semana Santa; e, tendo en conta que outros colectivos interesaron tamén o peche da Rúa Rodas, durante dito período, ó igual que xa se ten feito en anteriores ocasións, e, toda vez que resulta necesario facer un reparto equitativo do espacio público, que permita ser utilizado de xeito lóxico e proporcional por todos os usuarios da vía, a fin garantizar a seguridade vial e o acceso á zona tanto dos residentes como de todas aquelas persoas que queiran participar nos actos previstos con tal motivo, e segundo o disposto no artigo 7, apartado f, da Lei de Tráfico, circulación de vehículos a motor e de seguridade vial, Real Decreto 339/90, de 2 de marzo, polo que se atribuen aos concellos, no ámbito de dita Lei, entre outras, a competencia para o peche de vías urbanas cando sexa necesario e visto tamén o informe emitido polo Oficial Xefe da Policía Local logo da xuntanza mantida co Concelleiro-Delegado en materia de mobilidade e seguridade cidadá.
A Alcaldía, en uso das suas atribucións decideu....


1º.- Que se peche ó tráfico a Praza de Fefiñans, durante os días e horas que se indican a continuación:
• Domingo, día 20 de marzo: dende as 8’00 horas ata as 15’00 horas.
• Luns, día 21 de marzo: dende as 8’00 horas, ata as 8’00 horas do martes día 22 de marzo.
• Xoves, día 24 de marzo: dende as 8’00 horas, ata as 8’00 horas do sábado, día 26 de marzo.
2º.- Que se lle comunique aos xerentes ou responsables dos locais situados no percorrido das Procesións, e que dispoñan de terrazas, que deben retiralas da vía pública media hora antes do inicio das mesmas.
3º.- Que se peche ó tráfico a Praza Rodas, dende as 16’00 horas do mércores, día 23 de marzo ata as 8’00 horas do luns día 28 de marzo.
4º.- Que se publique a presente resolución no B.O.P. de Pontevedra e na páxina web do Concello, dándoselle tamén a máxima difusión a través dos diferentes medios de comunicación, para xeral coñecemento e cumprimento.




17 de marzo de 2016

ACTOS RELIXIOSOS DA SEMANA SANTA´16 DE CAMBADOS





A programación dos actos relixiosos da Semana Santa de Cambados será a seguinte, sin a confirmación oficial por parte da parroquia. Calquer modificación será correxida


Domingo de Ramos (20 de Marzo), comeza a celebración da Semana Santa na localidade de Cambados coa Bendición dos Ramos e Palmas ás 12.00 horas, na Praza de Fefiñanes. Ao terminar, sairá a procesión ata a Igrexa Parroquial onde terá lugar a celebración da Eucaristía.

Pola tarde, sobre as 20.30 horas, levarase a cabo a procesión en honra á nosa Señora das Dores.

Luns 21, ás 21.00 horas todos os asistentes poderán gozar na Igrexa Parroquial dun Concerto de Música Sacra, a cargo do grupo Rias Baixas de Vigo.
Este dia tamén se celebra San Benito de Inverno.

Martes 22 , ás 21.30 horas levará a cabo a celebración comunitaria da Penitencia.


Mércores 23, esta xornada estará especialmente destinada ás celebracións de penitencia e confesións.
Confesións: 12:00 horas en San Tomé; 18:00 horas en Fefiñáns; 20:00 horas en la Iglesia Parroquial.

Xoves 24 ás 18.00 horas realizaranse as celebracións en Santo Tome e Fefiñanes. Ás 19.00 horas, celebración da Cea do Señor, lavatorio de pés e Sermón do Mandato.

Ás 21.00 horas, sairá a Procesión de Ecce Homo, desde a Capela de Santo Tome ata a Igrexa Parroquial. Seguidamente meditación sobre a Paixón, e ás 00.00 horas terá lugar a Adoración do Santísimo e a Vixilia da Adoración Nocturna.

Venres 25, pola mañá ás 09.30 horas realizarase o encontro na Praza de Alfredo Brañas. Os asistentes acompañarán ás imaxes en Procesión ata a Praza de Fefiñanes e ás 12.00 horas, Vía Crucis na Igrexa Parroquial.

Pola tarde, ás 17.00 horas, Liturxia do Venres Santo na Igrexa parroquial, coa escenificación da paixón e morte do señor. Ás 19.00 horas, realizarase o Desencravo na Igrexa de Fefiñanes e a continuación comezará a Procesión do Santo Enterro e ás 22.30 horas, procesión da Soidade, o percorrido será desde a Igrexa Parroquial ata a Rúa de Fefiñáns.

Sábado 26, ás 23.00 horas na Igrexa Parroquial, Vixilia Pascual.

Domingo de Resurreción ( 27 de marzo), esta xornada estará especialmente marcada pola Eucaristía Pascual cos horarios de costume.







6 de abril de 2015

LUÍS ARAGUNDE SACA PEITO DAS VISITAS A OFICINA DE TURISMO





O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego (antigo Inem) na provincia de Pontevedra baixou en marzo en 3.077 persoas e sitúa a cifra total en 100.375 persoas.
Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en Pontevedra en 9.881 persoas, cunha taxa de redución interanual que se sitúa no 8,96%.
Galicia, con 5.412 parados menos, foi a cuarta comunidade onde máis caeu o desemprego.

En Cambados os datos son malos. O paro baixou en 6 persoas a pesares de que o concello contratou 30 operarios por medio da Deputación e a Semana Santa non se fixo notar. A pesar delo na web do Concello falan de máis de que os Servizos Turísticos do Concello rexistraron durante a Semana Santa, dende o sábado 28 de marzo ata o domingo 5 de abril, 1.639 consultas na Oficina de Turismo, un dato positivo favorecido polas boas condicións climatolóxicas. De xeito global, as cifras amosan un notable ascenso de 200 consultantes con respecto ó ano anterior, cando o clima foi máis variable que o deste ano. Durante os días festivos principais a maior afluencia deuse o Venres Santo con 437 consultantes, seguido polo Xoves Santo con 254 persoas, e polo sábado día 5, con 232 visitantes. 

Todas esas visitas non se traduciron en máis postos de traballo, nin siquera de xeito estacional como por exemplo  Vilagarcía, Sanxenxo ou O Grove con 109, 154 e 151 parados menos respectivamente.
Hai que recordarlle ao alcalde e compañía que varios hoteis non abriron nestas datas e outros que si o fixeron con grupos que so durmían e almorzaban nos hoteis, pasando o resto do dia fora de Cambados.




23 de abril de 2014

UNHA SEMANA SANTA MOI POBRE EN GALICIA





POR MOITO QUE DIGAN DENDE A XUNTA E LAMECÚS...........

O sector turístico galego acaba de pechar a peor Semana Santa en décadas cunha nova perda de viaxeiros, sobre todo nacionais que representan o 75% dos turistas que recalan na comunidade; unha caída dos prezos hoteleros e a pechadura de numerosos establecementos. O verán foi o peor da última década. Hai que remontarse ao exercicio de 2003 para atopar uns números parecidos. Nin sequera as ofertas de última hora salvaron unhas cifras que acenden a luz de alarma no sector: fronte aos 1,6 millóns de viaxeiros de xuño, xullo e agosto de 2011, no mesmo periodo do pasado ano chegaron 1,2, o que supón unha caída do 26%.

E a puntilla foi en setembro cando a subida do IVA repercutiu na actividade, que pasou a estar gravada co 10% (antes era do 8%), aínda que nalgunhas actividades o incremento chegou ata o 12%. O sector nacional estima que cada punto de incremento do IVA supón unha caída de ingresos anuais de ata 1.000 millóns.



E o futuro non pinta mellor. Aínda que nalgunhas estratexias resulta complicado poñer de acordo aos actores do sector turístico galego, que aporta máis dunha décima parte do Productor Interior Bruto da comunidade, todos coinciden no mesmo: 2012 foi un ano malo e 2013 non pinta mellor.

"O balance do pasado ano é moi malo. É negativo. Non hai ningún parámetro que sexa positivo. Os datos que temos é que baixamos con respecto ao ano pasado aproximadamente un 16% en ocupación e en canto aos prezos aproximadamente baixariamos un seis por cento. Isto quere dicir que o turismo non está tirando ben en Galicia", recoñece Francisco Canabal, o presidente do Gremio de Hoteis de Galicia.




11 de abril de 2014

SEMANA SANTA DE CAMBADOS





 A parroquia de Santa Mariña vén de facer público o programa das celebracións relixiosas baseadas na tradición cristián.

O vindeiro domingo, día 13, na praza de Fefiñáns comezan as celebracións da Semana Santa coa multitudinaria benzón dos ramos para dar paso a procesión ata a igrexa parroquial de Santa Mariña, onde se celebra a Eucaristía. Pola tarde, ás 20.30 horas, procesión na honra da Nosa Señora das Dores.


O Luns Santo, 14 de abril, está previsto o concerto de música sacra a cargo do grupo Si Vis Me Canere, na igrexa parroquial ás 21 horas. O martes, día 15, haberá unha celebración comunitaria da penitencia ás 21.30 horas.


Para o Xoves Santo a igrexa parroquial de Santa Mariña acollerá (ás 19 horas) a celebración solemne da Cea do Señor, co lavatorio de pés, sermón do mandato e traslado do Santísimo ó monumento.


Ás 21 horas, procesión do Ecce Homo, dende a capela de San Tomé ata a igrexa parroquial de Santa Mariña. A continuación, meditación sobre a Paixón.
Ás 24 horas adoración e reflexión diante do Santísimo, seguido sa vixilia da Adoración Nocturna, na que poden participar os fieis que o desexen.


Venres Santo, 18 de abril. Pola mañá, ás 9,30 horas, Encontro na praza de Alfredo Brañas, dende onde os fieis acompañan as imaxes ata a praza de Fefiñáns. Ás 12 horas da mediodía Vía Crucis na igrexa parroquial.
As 17 horas liturxia do Venres Santo no templo parroquial.
As 19 horas Desencravo na igrexa de Fefiñáns e de seguido procesión do Santo Enterro.
As 22.30 horas procesión e sermón da Soedade, que sairá da igrexa parroquial para recollerse na igrexa de Fefiñáns.


O Sábado Santo, 19 de abril, celébrase a solemne vixilia pascual no templo parroquial de Santa Mariña.


O Domingo de Resurrección rematan os actos da Semana Santa coa celebración solemne da eucaristía pascual, ás horas de costume. Bautismos comunitarios.