Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ÓSCAR NÚÑEZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ÓSCAR NÚÑEZ. Mostrar todas las entradas

25 de julio de 2019

UNHA HISTORIA VERDADEIRA

Así leva por nome un dos filmes máis fermosos do cineasta David Lynch, un auténtico tratado filosófico e moral sobre a responsabilidade humana e as compulsións emocionais, e un vehículo definitivo para as estrelas coma Richard Farnsworth e Sissy Spacek. Conta a Historia dun home que vai na percura doutro cruzando cun carretillo varios Estados de América ante a súbita nova de que un mal lle acontece ao seu irmán.  Ternura, sensibilidade, unha crónica na que a paisaxe coma nos filmes máis redondos de John Ford é unha personaxe máis, con vida propia. Angelo Badalamenti, o seu compositor desde Twin Peaks, pon un subraiado bucólico e onírico, que compreta unha obra mestra da sétima arte.
Nestes tempos onda todo vai de presa, no que a xente vive á velocidade do raio, este filme é a súa antítese:  unha narración pausada e tranquila que desprende PAZ. Para iso, paz, de nengunha clase no derradeiro Pleno Extraordinario da Corporación, e coma tal  fixo correr ríos de tinta e post no “feisbuk”. Todo xirou encol a unha vida segada na moeda, coma reza unha das cancións máis fermosas do cantoautor Cubano Pablo Milanés. É o signo destes tempos,  o novo Deus, a nova Relixión na que hai que “militar” queiras ou non, agora hai uns límites, e se traspasaron e de que maneira.
 Fumos  achegándonos ao Salón de Plenos de xeito paseniño; os primeiros en facer a súa entrada foron os do BNG. Víctor Caamaño cun rictus na faciana de seriedade, e detrás víu Luís Aragunde co seu equipo. Ledo por certo de me atopar caras novas na bancada popular, Luís fixo cambios na alineación coma seica está a facer  Zinedine Zidane no Real Madrid, savia nova para reformular un proxecto político que precisaba unha renovación. Tras il entrou coma unha locomotora José Ramón Abal, que foi un dos protagonistas do Pleno, e con solución de continuidade a xente de SC, agás Tino Cordal.
Aragunde achegouse á porta unha vez deixou os seus efectos persoais no seu e escano e foi  falaren con Víctor Caamaño, e mirou ARAGUNDE a este “narrador visual” coma pensando, éste trosma de Núñez outra vez aquí, pois sí, o  botaba de menos debe ser, espero que non señan un aburrimento atroz coma os dous derradeiros anos, de aí que me quedara na casa todo este tempo.
Tal acontecimento Mundial pagou a pena, por certo,  unha velada puxilística coma as de antes no Madison Square Garden de Cambados.  Os reporteiros gráficos e as cámaras de televisión esperaban impacientes á Alcaldesa  Socialista e ao líder da Prataforma Veciñal Somos Cambados. Comezaron nese intre a se disparar os flahes, tamén ao núcleo duro do BNG encabezado polo meu compadre Manolo Domínguez. É bravo Manolo, fixo perder os papeis ao actual goberno disque nas negociacións, un home tierno e salvaxe á vez, asemade sabe moito de política, eso é incuestionábel. E comezou o primeiro asalto, os contrincantes tanteáronse, aprobaron a derradeira acta do Pleno e o Secretario deu entrada á PARTE RESOLUTIVA, pola que encheuse de público este recinto que xa ten a categoría dos grandes escenarios, fermoso con todos eses carteis do Albariño colgados na parede … o gañador deste ano  por certo non me gosta en absoluto, é aburrido, asemade amarelo e verde seica son as cores deste verán, eu gosto máis do azul e branco … 
Periodicidade dos Plenos a partir de xa cada dous meses, expón o Secretario a proposta do Goberno,  que é o que reflicte a lei, polo tanto mudan as reunións que antes eran cada mes. E aí saíu José Ramón á carótida do rival: “ onda está a tan teimada TRANSPARENCIA  da que tanto gostaba falar … en realidade, non hai interese algún no Goberno en dilucidaren os temas sociais, falaren das infraestructuras da vila, van quedar temas sen debatir (…) esto é un xeito de eclipsar aos grupos que temos representación”, e soltou unha esquerda : “tedes medo a quedar en evidencia, queredes que nos calemos a boca, vos aliades coas teses do PARTIDO POPULAR.  Imos votar en CP en contra” e saíu cedo ao ring Víctor Caamaño dicindo “é algo que defendemos (facelo cada mes) o pasado ano dado os problemas de Secretaría, onda houbo postos nada fixos (menudo gancho) … desde a OPOSICIÓN imos votar tamén en contra”.
Víctor Caamaño y Manuel Domínguez comparecieron ayer en la sede del BNG | gonzalo salgado

E saíu á palestra Tino Cordal (SC) co argumento de que foi unha petición expresa da Secretaría, para que houbera unha maior celeridade  e axilidade no procedimento, e detrás a Alcaldesa, que resaltou que non se debe a querer agochar nada, que é un xeito de axilizaren e evitaren atascos nese Departamento. O  Mani Pacquiao da Política Cambadesa ( ARAGUNDE) desde a súa esquina comezou a desbullar unha mazorca de millo, dixo “que era máis acorde coma faciamos nós, había máis trámites, subvencións,  do que hai agora … 2.000 euros que lle custan aos veciños por vir aquí unha vez ao mes, canda na pasada lexislatura houbo Plenos de 20 minutos, que digades que a Secretaría está saturada vós mesmos,   é un auténtico ESPERPENTO. Non se envían os acordos no prazo legal de 6 días que delimita a lei, un goberno populista, e non o facedes cada mes en realidade porén non tedes maioría absoluta. A coherencia onda está”.   Víctor saíu do recuncho e dixo seica non é caro pagar 2.000 euros ao mes, as que valen caras son as boas e malas xestións , e con isto  devolveullelo golpe a Luís. En resumo primeira derrota do actual goberno, CP, BNG e PP tumban a primeira decisión do denominado Grupo dos 7


A continuación entrou o terceiro asalto, e Fátima Abal comezou a debullar a composición das novas Comisións Informativas, das que non hai sinal algún na páxina WEB, esa tan “barata” que nos meteron e na que agás contadas exceicións non informa NADA, e nen mentar a calidade na súa confección, outra mostra do aforro de Xurxo Charlín …  as súas declaracións de Faro o día de hoxe terán cumprida resposta porén non aquí. A Valedora do Pobo dimitíu, vou esperar a que nombren a prósima. Pois cambiando de “tercio” José Ramón voltou cargar, “onda está a Comisión Informativa de Participación Veciñal, onda está unha para Sanidade, ESTE TRÍO DE ASES non queren debatir dos problemas que realmente lle preocupan aos veciños, pasamos de 12 a 9, ao que Víctor Caamaño engadíu non teño nada que dicir, asemade Tino Cordal sí, colleu a luva e espetoulle a Abal “cántas veces reuníuse a pasada lexislatura esa Comisión de Participación Veciñal … parece que ninguén reparou no que pon a lei, as asociacións poden pedir a palabra nun Pleno, se levanta a Sesión e aquí escoitase a todo o mundo, e de novo se volta a iniciar”. É certo, eso llo vin facer ata a Gonzalo Durán en Vilanova fai pouco tempo. Ao remate abstención do PP, BNG e CP, E e o Goberno  a favor.
Resultado de imagen de fatima abal imagenes
E entrou o punto da discordia, o Goberno solicitaba (hoxe hai Pleno e seica fan unha rebaixa coma as do Corte Inglés), 42.400 euros en 14 pagas para A Alcaldesa, para  Samuel Lago e Cruz Leiro (PSOE) 23.850 por 25 horas de traballo semanais, e Xurxo Charlín e Carol Laya (SC) igual cuantía.
Boa a fixeron …  José Ramón voltou a repartir leña co famoso vídeo de Tino  Cordal en Tele Salnés no que seica dicía “ nós en Somos non queremos un salario, imos traballar sen pedir nada a cambio”, un espectáculo ollar a faciana de Tino. Esto é unha tomadura de pelo, rídesvos dos veciños, un absoluto ridículo.- En contra CP … Víctor dixo que A Alcaldesa cunha adicación absoluta debe ter un soldo, QUE O BNG ESTÁ DISPOSTO A APROBAR O SOLDO DA ALCALDÍA, ASEMADE  NON SE NOS DIXO DOS OUTROS SOLDOS NEN MEDIA PALABRA, FOI ALGO QUE SE REPARTIRON PSOE e SC … José Ramón dixo ten toda a razón Víctor, populismo barato fan éstes de SC, estamos na OPOSICIÓN, e no seu día naide tampouco se nos chamou para falar destos salarios. Ao non separar a votación COMA PEDIRON EN SINAL DE BOA VONTADE, toda a oposición en “bloque” en contra.
Tino Cordal dixo un dos mantras que ten coma NORMA, “que esas declaracións son moi difíciles de dixerir nunha democracia”, debe pensar que está na Universidade, de aí o alcume que lle asignaron do PABLO IGLESIAS de Cambados. E o PABLO CASADO  Luís, que saíu de novo coa teima de que o seu goberno era máis barato, que eran dúas adicacións absolutas, e o resto era personal de confianza. Fátima lembroulle que este goberno non ten personal eventual, e que compre teñan adicación parcial ou absoluta aqueles que foron votados polo pobo, non por ser amigos de …  e que a proposta da suba no seu salario era en función do I.P.C. Luís coma home astuto tocou entón a parte emocional, as horas extras nunha nómina dun “personal de confianza” teu ¿, o famoso Suboficial da Policía Local ADOLFO SUÁREZ … outra vez este señor en boca da oposición, é “atracción animal” o “agarimo” que lle profesan. A Alcaldesa dixo que o PP de Cambados facía demagoxia, que esa nómina que alguén filtrou  pola vila seica, era por mor da productividade, e as horas en función dun traballo que outros policías non están dispostos a facer. 
Fin do debate, e aprobación das dietas pola asistencia aos Plenos, Comisións Informativas, e Xuntas de Goberno (teñen que se celebrar segundo a lei coma mínimo cada 15 días), APROBADAS,  E VALGA A REDUNDANCIA EN MENOS DE 15 DÍAS NOS VEMOS ….
Abal, Caamaño, Charlín y Cordal en una de sus primeras reuniones antes de cerrar el pacto del 2015 | d. a.
TAL CUAL, A XUNTA DE GOBERNO LOCAL LANZOU UNHA NOVA PROPOSTA DE SALARIOS ONDA HABÍA UNHA REBAIXA DAS LIBERACIÓNS PARCIAIS POR UN CÓMPUTO DE 20 HORAS SEMANAIS A RAZÓN DE 21.500 EUROS AO MES, QUE XUNTO AO RESULTADO ECONÓMICO DO ANTERIOR GOBERNO, FORON A CERNA DO  DEBATE ONTE Á NOITE , O SEGUNDO ASALTO DO COMBATE, UNHA VEZ NA MIÑA OPINIÓN ÉSTE TIVO UN REMATE ABRUPTO, AOS PUNTOS NON SEI EU, CADA QUEN LLE POÑA A PUNTUACIÓN QUE QUEIRA …
E VOLTAMOS DE NOVO AO PUNTO DE INICIO, coa salvedade que Xurxo Charlin expoñía en plan “lucimiento personal” o seu balance económico satisfactorio, por mor da xestión, xestión, e xestión. Foi onte un primeiro punto que fixo levantar dos seus asentos ao público, en sentido metafórico. OS NÚMEROS NON SON O MEU, POLO TANTO ENGADO ENLACE, e sí compre lembrar que todo o superávit por lei ten que ir destinado a cubrila débeda que seica deixou o anterior goberno do PP de Cambados. José Ramón Abal de novo foi o primeiro en intervir (seica o que golpea primeiro faino dúas veces) e dixo que ese resultado positivo era por mor da xestión de TODO o anterior goberno, o que se aforrou na factura da luz, coma que as plusvalías xeradas fixeron berce na colectividade, o inxente esforzo dos anteriores responsables das áreas en se deixar a alma  i a pel no seu cometido, facendo un encaixe de Camariñas para cadralas contas. E aí comezou o verdadeiro debate, 25 minutos dun mitin primeiro de Luís e despois de Charlín, ante o silenzo inexplicable da Presidenta do Pleno, que pareceu abstraída dada a potencia da exposición de cada quen. Aragunde dixo que o PP ía votar que sí, porén acadouse ese resultado a costa de disminuir a calidade de vida dos veciños, que pedir cita nos Servizos Sociais da vila é un mes de espera cando seica teñen tres personas máis traballando nese Departamento, que a seguridade tiveron unha semana antes das eleicións a un Policía Local regulando o paso de peatóns os mércores e os sábados diante da Praza de Abastos, e que hoxe en día non hai nengún, que o acondicionamento da Rúa Pontevedra e Ourense estando aprobado o seu orzamento está sin se levar a cabo, que eles pediron 2.000.000 de euros nun préstamo FOMMIT (na vía xudicial) e que as cuotas hai que pagalas, que foi polo ben dos veciños,  e que se fixeron moitas cousas boas pola vila, servizos, traballo, que este goberno era digámolo así un austericidio para os veciños, que acadaron 3.000.000 de euros para a Praza de Abastos que están mortos de risa, a Piscina Municipal licitada polo PP leva xa non sei canto tempo pechada, 90 REPAROS DE INTERVENCIÓN, parecía unha ametralladora Luís, e sen gritar, con firmeza, e Víctor (BNG) dixo que a pesares de non estar dacordo en moitos puntos que tocou Luís, ao estar na Oposición non ía rebater NADA.
Xurxo sí o fixo visiblemente nervoso, decindo que ese Goberno meteu ao Concello nun Plan de Axuste Presupuestario, que dilapidou os cartos sen tino a sabendas do que estaba a facer, que eses reparos da Intervención a meirande parte deles foi por mor dunha modificación lexislativa, que o Pantalán de Tragove se puxo en Castrelo e que non o utiliza  ninguén agora, que Portos de Galicia enviou MAL de novo o Proxecto de Estudo Mediambiental para a Praza de Abastos (o Concello non ten culpa algunha), que antes petábase na porta das Administracións e agora licítase e hai uns prazos, e nin mentar os gastos do Albariño dos que non quixo dicir nada, nen dos Servizos Sociais, nen da Seguridade Cidadá, nen da falla de Salubridade Pública …  “porque yo vengo aquí a hablar de Economía”, lamentable Xurxo con tal afirmación, hai que contestaren ao que se te pregunta. Aragunde dalle sopas con honda por cousas así, normal, unha vez leva en política xa case non me lembro de cando, e ten asesores que lle preparan moi ben os Plenos, e por qué non … él fai a exposición, e onte de xeito brillante coma poderedes comprobaren de seguido.
APROBADA A MOCIÓN E XOGADA DE TRILEIRO DE LUÍS ARAGUNDE: PRESENTA UNHA ENMENDA PARA APROBAR O SOLDO DA ALCALDESA, ANTE A OLLADA DE SORPRESA DO PERSONAL … O SECRETARIO DESCONCERTADO COMEZA A REPARTILA ENTRE OS GRUPOS DO GOBERNO ONDA SE PIDE SOMETER A VOTACIÓN UN SALARIO PARA ALCALDESA POR VALOR DE 40.000 EUROS ANUAIS, CO BENEPLÁCITO DE PP, CP E BNG, e cos votos en contra da propia Alcaldesa Socialista e Somos Cambados. O titular de hoxe merece unha crónica enteira da alocución de Víctor Caamaño …  bárbaro, foi apabullante, antolóxico e maxistral, e coma contestou Samuel Lago de pena na miña opinión. A narración dese combate terá se o Administrador /-es deste Blog de Novas así o  permiten, unha nova entrada.
Saúde .-
Óscar Manuel Núñez.

Cinéfilo.-


Nota- O autor non correxiu os erros



28 de marzo de 2018

A SEMANA SANTA EN CAMBADOS (OPINIÓN)




É hora de debullar o que é unha das tradicións máis señeiras da nosa vila: a Semana Santa. Sendo Cristián ou non é un das cousas das que estamos especialmente orgullosos os veciños e veciñas de Cambados. Declarada de Interese Turístico e cun valor Histórico innegable, fai que moitos de nós voltemos ao pasado, cando na infancia lembrabamos algunha das imaxes que éstes días ollamos en procesión. O domingo a tarde saíu a imaxe da Dolorosa e a de San Xoán. A da Virxe dos Dolores desde neno cando ibamos ao Catecismo sempre a miraba e me producía un escalofrío. Falando co meu amigo Lino Silva encol da mesma, díxome que non ñe estranaba, que é unha talla cun acabado formal e unha técnica prodixiosas, aparte do significado espiritual que leva. É apabullante, non atopo un adxectivo millor para definila. 


 Certo que hai moitos ateos que non lles gosta en demasía estas expresións de fervor relixioso, incluso algúns ofenden, pero sempre son os mesmos (se non fóra isto sería outra cousa con tal de molestar). Outra cousa é a controversia que xira encol da separación Igrexa – Estado que neste país por desgraza non hai xeito de desfacela polo visto. Tanto ten que a Constitución Española diga que somos un estado aconfesional: a Ministra de Defensa María Dolores de Cospedal ordenou poñelas bandeiras dos seus edificios públicos a media asta e xa se montou o tinglado. As Redes Sociais, ou o que eu chamo a Taberna ou “Tabarnia virtual” convertíuse nun feixe de improperios dunha e outra banda: dos que ollan esta práctica coma algo “normal” e os que se declaran en contra de que se mesture a relixión co estamento militar. 


ARTIGO "EL PLURAL"
Na miña opinión hai cousas máis importantes que devalar nesta vila e neste país, pero é algo que levamos ás costas (nunca millor dito), sobre todo grazas á Igrexa Católolica que non tivo reparo algún en apoiar o golpe militar do Xeneral Franco. Entramos en democracia pero seguimos sen solucionar as teimas do pasado coma o da bandeira, e nin mentar que na misa do domingo escoitaremos no seu Ecuador (de novo) o Himno Nacional de España. Eu non quero polemizar, pero son feitos e coma tal hai que expadilos. Non me parece apropiado, e cos Evanxeos na man dí moi pouco dos que manteñen estas tradicións. Entendo a veneración dos fieis, o respeto daqueles que ainda que non practicantes temos temor de Deus e rezamos, sí, non teño reparo algún en decilo. Porén se sigue empregando a relixión para facer política e me parece moi mal. Mal, porque a Deus o que é de Deus, e aos homes o que é dos homes. Hai personas que seguen sin entender que en calquera país avanzado de Europa estas teimas xa estarían superadas, pero aquí non por desgraza. 




En fin, cada quen ten a súa opinión e como tal a respeto, i é iso, RESPETO, o que se bota en falta. Coma non quero me extender na cuestión, e son consciente que este artigo segundo quen o lea vai a dala súa intepretación, aí queda, e para min (e non é lles facela pelota) os veciños están no seu dereito a se expresar, e coma tal estar a favor ou en contra. Coma nadie vai publicar o Programa de Actos da Semana Santa en Cambados e como teño dito é algo que sae da esfera da relixión para se converter nalgo Cultural vouna explicitar para que teñades a información precisa, cun pouco de atrevimento, pero si se anuncian acontecimentos Culturais éste tamén o é, volto a repetir, e como tal hai que consideralo. 


A bendición dos ramos foi domingo, e moitos lembramos con nostalxia cando eramos nenos e levabamos a nosa millor roupa e o pasabamos de medo batendo coas palmas. Din que dentro dun home ou dunha muller hai un neno ou unha nena, e penso que sí, vai indefectiblemente unida unha figura coa outra. O reflexo “cambiou” un pouco, pero así é. As fotos coma dicía Ricardo Darín el El Secreto de Sus Ojos ou “as imaxes falan” (…) Eu debezo por certo pola páxina do compadre Manolo Rubio onde nos amosa fotos antigas da nosa vila e polas que poñedes vós, son ainda que sone cursi moi “bonitas”. En definitiva, e para non me alongar máis (como di o meu compañeiro Chou o breve dúas veces bó, certo) remato esta pequena escolma, non sin desexarvos un bó descanso aos que éstes días non teñades que laburar, e espero ollarvos (se o tempo o permite) nalgunha procesión, co recollimento e o respeto que compre a calquera acto onda se sintan identificados como tal boa parte dos nosos veciños e veciñas de Cambados e arredores. 

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-



10 de agosto de 2017

O XANTAR DO ALBARIÑO (1)









Imaxe: La Voz de Galicia


Coma na famosa novela de Gabriel García Márquez Cambados vive estes días tempos de cólera. Ao igual que apuntaba no seu maxistral artigo a redactora da Voz de Galicia na Edición de Arousa, o Xantar do Albariño foi a némese, o catalizador para que a vindeira campaña eleitoral entrara en escea.

E o que deu o pistoletazo de saída non foi outro que o Presidente da Xunta de Galicia que viu a cumplilo guión de tódolos anos co engadido (que a ninguén se lle escapa) de “arengar as súas tropas” que están de “capa” caída. Teñen tal odio e resentimento polo actual cuatripartito que lles sangra a língua por varios sitios coma un bonito. Pero toda esa xenreira había que canalizala e quen millor que D. Alberto para lle dar forma como político intelixente que é…
E o que fixo foi apelar a un símbolo como Manuel Fraga e a retirada da estatua que o goberno actual fixo do Parque de Torrado que provocou un tsunami a favor en en contra da mesma. A xente non é consciente do que significan os símbolos, e a imaxe Do Titán de Vilalba leva parella a imaxe de Cambados e do Albariño. Foi un dos máximos valedores da Festa e ainda que nas ringleiras da esquerda doa é algo do que D. Alberto se aproveitou moi hábilmente. Tiña moi claro o que tiña que Facer e dicir, un chamamento á unidade da dereita encol dunha figura que creou controversias en vida e polo que se escoita e le moito despois … 


Os mandatarios do PP Galego deronlle coma encomenda a Luis Aragunde que se poña as pilas e que bote de xeito inmediato a estes folloneros, radicais, e izquierdosos que nun feito histórico foron quen de desaloxar ao PP do Goberno Local despois de 28 anos. “Luis, como pode ser que coa Diputación ao teu servizo, a Xunta, o Estado e unha inxente morea de cartos non foras quen de salvar o noso cortijo. Porque este era o noso Xantar, esta era a xoia da Coroa da que presumiamos e visitabamos en peregrinación … mira o Capítulo Serenísimo que é noso en que o convertiron éstes, 50 personas que nos miran desfilar cando eran milleiros os que no seguían como as “estrelas” que somos, ata nos deixan sen o primeiro plato”…
E que decir da falla de respeto namentras a Alcaldesa Fatima Abal pronunciaba o seu discurso, falando nas mesas ocupadas polo PP sen nengún tipo de respeto, de educación. Certo que non estivo ben na miña opinión no derradeiro Pleno , deixouse levar quizais polo fragor do debate político e non permitiu unha terceira intervención do candidato polo que parece do PP a Alcaldía de Cambados. Porén non hai que devolver mal por mal, se non ben por mal, cando presumes de ser un partido de raíces Cristiáns, e a Alcaldesa tivo que subila voz de tal xeito que pasou de ser un discurso a un mitin. Eu se fóra ela (que non o son) lles houbera chamado a atención, moi finamente eso sí, como fan eles: ”aínda que haia xente maleducada que non sabe cando hai que estar calada vou seguir co meu discurso”, xa veríades se non baixaban a voz … E tamén comparto coa Alcaldesa que non fixera alusión algunha a Xunta despois do que levan boicoteado a nosa vila pola pataleta infantil de que lles quitaron o chupete. A verdade é que pouco lle importa ao PP que Cambados seña Cidade Europea do Viño, o único que queren é voltar ao machito e estar na poltrona, e coma foron eles quenes fixeron os primeiros
trámites para que a Cambados lle fora entregada tal distinción, éstes roxos lles roubaron o protagonismo en canto foi unha realidade, e porque os veciños e un posterior pacto de goberno así o decidiron. A democracia non forma parte do vocabulario do PP de Cambados en toda a súa extensión. Representa esta formación o caciquismo despiadado, o egoísmo e o trepar e favorecer aos amigos … 


Esa é a segunda parte e onde o goberno actual está decepcionando a moita xente; non teñen collóns para poñer a traballar aos amigos do PP que coma chupa mandriles que son traballan no Concello a costa dos veciños porque teñen un contrato laboral que firmaron “por ser amigos de”, presuntamente, e que agora viven coma polluelos baixo as alas dos actuais mandatarios. Leo asombrado a un Blog afín ao goberno que non se pode facer una Oferta de Emprego Público, nen unha Bolsa de Traballo porque o dí a lei … mentira, é porque senon os nosos hooligans se mosquean, acabouselles o chope aos máis de 30 que viven en estado de gracia ao carón de Xurxo e Tino, da Alcaldesa, de Víctor, ata que claro, comezan as guerras de quen cobra máis, de quen quere ser o Xefe de tal, de a quen invitan a viaxar a gastos pagos e eu teño que me quedar aquí, e agora vai e resulta que lles sacan os ollos presuntamente e choran. Pois xa sabedes, como dicía a grande Rosalía de Castro vou cenar cedo non vaia a ser que o consorte chegue de malas e teña que ir para cama chorando e sen nada no bandullo.

Estas cousas pasan por non ser quen de gobernar e poñer a traballar en serio a súa xente e deixarse de amiguismos. Están incurrindo nos mesmos erros que os seus predecesores e xente da vila comprometida, con ideais, que saben o que valen 5 euros, están a perdela paciencia porque loitaron, repartiron e recibiron leña para que agora éstos para non ter problemas e non entrar coma “un elefante nunha cacharrería” non teñan sangue nas venas para comezar a facer unha limpia das boas. Non son Carmela Silva, en definitiva, esa sí que puxo firmes na Diputación a unha pandilla de mangantes colocados como os de aquí a dedo. 
Sei que eso non se fai dun día para outro pero estos con tal de aprobar a RPT e non ter problemas cos Sindicatos achantan. É unha vergonza, coma outras cousas que fan como sacar notiñas na prensa con números e números, iso está moi ben para os economistas pero hai que crear traballo e servizos, e só se preocupan dos veciños e turistas solventes. Un goberno que presume de ser progresista ten que acabar co anterior e aquí ainda non caeron do nido. Pois xa saben, ou espabilan ou para casa, que está Feijoó e Luis á espera de que comecen a matarse entre eles, e polo que contan no Faro xa está a a ocorrer. Se o inimigo é grande o ataque ten que ser frontal di o Éxodo, e aquí cada un fai a guerra pola súa conta, cando teñen diante en sentido metafórico unha hydra de sete cabezas. 

Un artigo de Óscar Núñez







23 de junio de 2017

DOUS ANOS DE GOBERNO (III): TINO CORDAL E XURXO CHARLÍN.












O partido da rexeneración democrática presentou un equipo de homes e mulleres comprometidos con Cambados que naceu para acabar coa apatía política do pobo, eliminar a corrupción do Concello de Cambados e loitar contra o desemprego, axudando aos veciños que máis o necesitan. Unha tarefa así leva coma áncora a honradez, a participación e a igualdade, onde a cidadanía teña un rol protagonista. Unha formación desde o seu berce Asamblearia e cunha folla de ruta onde hai principios irrenunciables que dan resposta a unha demanda dos veciños, que alguén fose quen de lle paralos pes ao Partido Popular.
Integrados na Marea Atlántica representan o que se víu en chamar “nova política”, marcando un antes e un despois coa súa chegada. Hai medo na dereita a todo o que supoña algo novo e integrador e de feito a mocidade fixo escolla por estas siglas (e todos sabemos que o futuro é da xente nova), sen esquecer a mediana idade que é a predominante na nosa vila e os nosos maiores, aos que percura dala protección e o coidado que merecen despois de toda unha vida de traballo.
Con solución de continuidade éstes últimos están sendo obxecto de ataques á súa dignidade coma personas, con recortes e a privatización encuberta dos piares básicos do Estado do Benestar, incluíndo a paralización de proxectos que o PP local puxo en marcha fai 10 anos e non foi quen de rematar. Agora co visto bó da Xunta de Galicia poñen todo tipo de atrancos para que señan unha realidade o máis tarde posível, para tildar ao actual goberno de “desorganización”, coma dixo en Pleno Aberto, José Manuel Cores Tourís (Tele Salnés).

SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE E TERCERA IDADE.-
TINO CORDAL
Tenente de Alcalde e Concelleiro dalgunha das áreas máis controvertidas por mor dos vetos e recortes en materia de dereitos sociais que a dereita xa ten no su ADN para favorecer aos seus amigos do sector privado. Os servizos sociais por exemplo: antes da chegada de Tino Cordal eran o máis parecido a unha feira. Tivo que entrar alí e poñer orde e número porén viñan sendo contínuas as protestas polas dilacións indebidas no manexo dos expedientes e a pouca cercanía coa xente. Hai que saír á rúa e estar a disposición dos veciños, que saiban que teñen alguén que vele por eles, e non ao revés; ir alí coma antes ocorría para que che fagan un favor que “con favor se paga” non é ético. A xente é consciente de que con Tino xa non existe ese problema, non se clasifica aos veciños segundo a súa familia ou ideoloxía porén a necesidade veña de onde veña hai que paliala sen prevenda algunha.
O Centro de día é outra das cuestións que máis polémica suscitou. Segundo Tino Cordal o anterior goberno do Partido Popular tiña que ter pechado un acordo coa Xunta cando fixo a cesión dos terreos para non estar agora nesta situación, onde pasa o tempo e todo son trabas burocráticas para a súa posta en marcha. Consultado o particular ao Sr. Tourís respostou que
“O tempo por Badaxoz é moi bó” e Aragunde, que se eu fose Alcalde xa estaba aberto … pois non sei que estivo a facer perante os seus seis anos de goberno. 


O centro de Saúde de Cambados está tamén moi deteriorado co paso do tempo. Lembro que na súa estrea levara algún premio pola súa calidade “estética” asemade calquera que pase por alí sabe coma está aquelo. Xa son varias as ocasións que Somos Cambados denunciou o seu abandono e que sendo a Sanidade unha competencia da Xunta de Galicia é paradóxico que seña o Concello quen teña que sufragaren boa parte dos seus costes, derivados do seu funcionamento. Coma persona cabal e traballadora Tino sabe que o que fai Feijoó e darlle “tantos” cartos ao Conselleiro de Sanidade e que con iso tes que te arreglar. Polo tanto que fan … doado, pois non gastar e aforrar todo o que se poida cando lembremos que a sanidade é un dereito universal de tódolos cidadáns e ten que se prestar gastando o que seña preciso, sen limitación presupuestaria algunha porque non é algo cuantitativo, senón cualitativo, e a calidade con que se ven prestando non é a apropiada, non por mor dos excelentes profesionais que a dispensan, senón polos seu estado ruinoso en equipamentos e instalacións.


ÁREA DE ECONOMÍA, FACENDA, COMERCIO, INDUSTRIA E PROMOCIÓN ECONÓMICA.-
XURXO CHARLÍN
É o inimigo público n.1 do PP de Cambados, ten ata a un home tan “moderado e pacífico” coma o Sr. Tourís preso do paroxismo. Chulo, prepotente, e unha ristra de epítetos adícalle a dereita, sinal de que non está facer as cousas mal. A verdade é que a sobreexposición nos medios faille ter algunha saída de pata de banco pero non se pode poñer en solfa o seu traballo, de iso nada hai que dicir. Con media liberación non se pode facer máis e mellor, e as cifras que manexa coma concelleiro de economía están a anos luz das que deixou o PP local, hai rigor e sensatez, algo que Aragunde nunca tivo por montera. D.Luis era coma o agora Alcalde de Sanxenxo Telmo Martín, cando loitaba pola alcaldía de Pontevedra dicía: “ e aquí vamos facer un clube de iates” … E con qué cartos, Don Telmo … “pois para algo están os créditos”. Así deixaron 750.000 euros de facturas sen rexistrar polos caixóns e veña crédito, total o pagan os veciños, que máis ten. 


É curioso: nun país coma o noso onde todavía non hai moita conciencia social o PP “gasta e gasta” e gaña eleicións e despois ven o Sr. Montoro e métenos un sabrazo en forma de impostos e recortes no que é de todos que deixan mortos, desfiuzamentos, pobreza infantil e un páramo tras deles. Son tantas as falcatruadas que fixo o equipazo de D.Luis que vai facer falla unha ristra de tempo para enmendalo. Certo que un goberno non ten que ter coma teima o non gastar e aforrar somentes, porén hai compromisos que se deben atender de xeito prioritario: un se non paga a caixa de peixe anterior non pode mercar unha nova, agás que fíes a mercancía, e vai a ser que eso non se pode facer con algo que non é teu, senon de tódolos veciños. O mesmo que a construcción da faráonica Praza de Abastos que tiña Aragunde en mente, ocultando a mansalva de impostos que ía significar para o xa de por sí castigado sector do mar. Por haber non había nen informes, autorizacións e máis amplo, unha das moitas chapuzas (cuberta da piscina municipal, pabillón de deportes do I.E.S Ramón Cabanillas incluídas) aos que xa nos tiñan acostumados os que se presentan agora coma “adalides” da xestión, será da “mala xestión” en todo caso. 



O comercio e a hostelería agás o período estival estano a a pasar moi mal. Tourís dixo en televisión que xa se nota que estamos a a saíren da crise, o dirá por él, porén os autónomos teñen que remar e remar para poder pagalas cuotas, impostos e máis amplo antes de principiar a gañar un peso. A esa xente hai que axudala e me consta que así se está a facer, promocionando e dinamizando un sector que é crave para analizala prosperidade dunha vila, tendo en conta que dan traballo a moitas familias que en moitos casos non teñen outra fonte de ingresos. Xurxo puxo énfase en que Somos Cambados é un proxecto deseñado para dar visibilidade ao sector do mar, do campo e do comercio que xunto ao sector secundario (a industria) forman o noso tecido productivo.

A industria precisamente é un dos sectores máis damnificados pola crise económica e hai moito por faceren nestos dous próximos anos para acadar que novas empresas se instalen na nosa vila e arredores, tarefa complicada pero inaprazábel, cantas fábricas tiña Cambados e cantas quedan. Por aí hai que comezar e xa se están dando os primeiros pasos coma os que esta plataforma veciñal chegada a política con vontade e transformadora está a dar. 


Por Óscar Núñez








21 de noviembre de 2014

2001, UNHA ODISEA NO ESPACIO





No ano 1968 Arthur C.Clarke coa súa novela “El Centinela” puxo en bandexa a Stanley Kubrick a creación dun dos grandes hitos do Cine. A súa impronta, o seu legado,  se transmite xeración tras xeración ao ser unha obra que chegou por diante do seu tempo. O Amencer do Home, Da Terra á Lúa, Misión a Xúpiter e Xúpiter, máis alén do infinito son os capítulos onde se mesturan  o pasado e o futuro, deixando un final aberto  que cada un pode interpretar a súa maneira. E coma icono universal, a figura dun enorme MONOLITO DE PEDRA cravado na Terra, no Espazo, en calquera lugar,  coma sinónimo segundo os estudosos, da Intelixencia.
Cambados ten o seu monolito no Concello de Cambados. Son moitos os admiradores da obra de Kubrick que de cando en vez visitamos ese espazo único onde  quedan mimetizadas na pedra os pesares e os anceios daqueles que percuran unha explicación á creación do Universo. Conmino a calquera que visite ese lugar e se decatará que ten un algo que non é deste mundo. Eu coma profano nestas cuestións teño ido de cando en vez a ese sacrosanto lugar e reconozo que alí acontecen cousas que pertencen ao Universo de Kubrick.

O AMENCER DO HOME
O meu admirado Eduardo Haro Tecglen dicía que a civilización comeza cando un lle zoupa a un semellante, cando lle roba a finca, e lle quita a muller. Que aí  principia a humanidade, o progreso, a civilización, entendida coma un conxunto de ideas, ciencias, artes y costumes que forman e caracterizan o estado social dun pobo ou unha raza. O cineasta Británico debulla o paso dun home primitivo a un homo sapiens coa aparición do famoso Monolito. Este fai acto de presenza e provoca unha catarata de acontecimentos que fan crer que boa parte da Humanidade se construeu a traveso do sometimento do resto das especies,  ou o que é o mesmo: que o home coma colonizador doutros homes e dotado dunha intelixencia que non posúe o reino animal, se convertía en explotador.
Ah, pero con ese instinto tamén naceu a aprendizaxe. Hai pezas de serie que todo ser humano leva dentro e que segundo as uses, así serás de valorado ou non. “Facer o correcto”, polos teus propios méritos e percurar  facelo sen pisar a naide, xa que a traveso da Humanidade os homes tivemos por forza que organizarnos para poder xestionar unha Comunidade. O exponente final deste trazo é a Democracia, que con tódolos seus defectos  disque é o mellor dos sistemas, baseado na vontade popular que reside no pobo e o sometimento ás leis que eles mesmos aproban, favor que hai que lembrar delegan nos gobernantes dos que  fan escolla a traveso do seu voto. Pero qué ocorre cando nos esquezemos do que significa esa responsabilidade, a de facer posível unha convivencia en armonía? Pos o que sucede na actualidade no Concello de Cambados: que democracia ben do Grego “demos” e “cracia”, ou “demos gracias a Luis” por remitir as Resolucións da Alcaldía (que é unha obriga), a supervisión dos expedentes (que é unha obriga) e que os Técnicos faciliten o traballo da oposición libremente elexida polos veciños. Segundo o Comunicado que chegou aos medios, o Concello refire que a Portavoz do PSOE está abusando destas prerrogativas, destos dereitos. Que si teñen que contestar a máis de 100 preguntas por escrito, que si xa teñen dabondo para facer o seu traballo co que lle facilitan,  que si están a exprimires coma un limón aos Técnicos …todo en resposta /  por mor da presentación dun Recurso Contencioso Administrativo pola defensa dos Dereitos Fundamentais das personas de acceso a Información por parte da Agrupación Socialista,  quepor certo  reflicten as leis que os homes dos que Kubrick fala,  fixeron para regulala Terra.
                                                             DA TERRA Á LÚA
No filme os homes fixemos tal que fomos quen de chegar ao Espazo. Nun lugar chamado Clavius resulta que apareceu o mesmo monolito que hai no Concello de Cambados e queren levalo en segredo, para que non cunda o pánico  porén non hai explicación científica. Coma un brote de infección o tratan para ter ben lonxe a Oposición.  Reunión ao máis alto nivel daqueles países que namentras se desenrola a  Historia gobernan o mundo: EE.UU e a U.R.S.S. Pos aquí están o  P.P e o P.S.O.E. “Que foi”, di a oposición, da inxente cantidade de requerimentos do Valedor do Pobo que non contestades, “que foi” das leis que regulan o sistema democrático das que facedes caso omiso, “que foi” de que esteades decindo que os Funcionarios están stresados do moito que lles facemos traballar. Secretismo absoluto: aquí á Lúa  chegamos primeiro  nós, e cando haia algo que debades saber volo comunicaremos. A espantada por resposta. E a cousa esa de pedra que ten coma nome Concello para que serve entón,  que non hai nin sitio para que se reúnan os Grupos da Oposición, que é o Monolito ese grande que ocupa moito espazo ló ? “Xa”, di o grupo de Goberno, o estamos investigando: lembrade que a outra vez que fústedes á Fiscalía de nada os serviu. Pos depende: o Fiscal dixo que hai un feixe de irregularidades,  e por mor da non notificación  das mesmas (falso) ao Tribunal de Contas lle botamos a culpa á Interventora por non facer tal. O que en Roman Paladino se coñece como inhibirse por falta de probas, pero que hai materia, vaia si hai.
A lúa é a que move ás mareas, e desde alá falan que esta voceira Socialista fai que se sintan incómodos, que as mulleres o que teñen que facer e coidar a súa casa, “Señora Abal”, e aquí molesta … Pos estamos ben: unha Institución que está o servizo dos veciños convertida no seu corral particular polo grupo de Goberno. Están sembrados: o que escribiu ese Comunicado que reflicte A Voz de Galicia non está no seu sano xuízo, está baixo o síndrome do traballador queimado por unha muller. Pos esto non é coma o matrimonio, que é para toda a vida  sí ou non. A Portavoz dos veciños na Oposición é para 4 anos, 10, ou 20, o tempo  que queiran os veciños en todo caso, non vós. Viven en Xúpiter.

                                                   MISIÓN A XÚPITER
Nos aproximamos a Maio 2015 e hai eleicións Municipais. Toque de queda e percura de como anular á Oposición para que deixe de molestar, non vaia ser que nos adiante pola esquerda. Movilizamos ao exército de enchufados, á lexión Española se fai falla, e aos Reservistas que viven en exclusiva por e para o Partido Popular … dura, grande, enorme (coma se un falo fora) a contenda que se aveciña. E aquí tal como andan as cousas (mal, moi mal,  con preto de 1600 parados segundo a EPA, o Comercio que apenas gaña para pagalos recibos e a xente buscando a maneira de sobrevivires) perdemos o Norte e comezamos cos malos modos. Pos a democracia se basea nunha división de poderes na que o  poder lexislativo é a cúspide do mesmo. Pos coma doe, porque está por riba de todos nós, imparcial, responsable e inamovible, que facemos ... Ese é o Monolito que hai no Concello: a Xustiza, coa que batemos unha e outra vez, e non queremos entender que na vida non hai naide máis que naide, señas alcalde ou Xefa da Oposición; na que hai certas normas que dentro de certa estructura formal tentan facer unha sociedade máis perfecta, máis próxima aos cidadáns, onde non hai veciños de primeira e de segunda. Eso por suposto non gusta, cando son  un Partido de “armas” (en sentido metafórico), tanto é así que no pasado mataron a tódolos intelectuais deste país, principiando polo meu admirado Federico García Lorca, que ainda hoxe non se sabe o que fixeron co seu corpo encol vai na súa natureza, o comportarse deste xeito. A esquerda sempre escolleu a espiritualidade, porque está cos máis débiles, cos que sofren sede de Xustiza, por iso e por máis, este Recurso e moitos máis veñen en camiño …
                                                     XÚPITER,  E MÁIS ALÉN DO INFINITO
O ordenador HAL 9000 ten un mal funcionamento, se producen varias mortes, e o ser humano, o mesmo que o creou, o desconecta. Pos a Luis Aragunde aínda que dea erro, que  a realidade non faga máis que quitarlle a razón, está coma aquela supercomputadora, con medo ao que poda ocorrer nas eleicións, de que o “desconecten”  os veciños por non ser quen de levar unha Administración que por certo, non fai falla levala, porque se leva sóla. Ninguén na vida é imprescindible agás aqueles que coma Rosalía de Castro dicía,  “levan na frente una estrela,  levan no bico un cantar”.  “Cantar”, canta moito este Alcalde, tanto que os veciños xa están pensando nun relevo porque deste xeito non vamos a Xúpiter, senón a outra Galaxia.
Chegamos ao último tramo do Filme e o home  novo aquel que prometía e prometía prosperidade, riqueza, e gobernar para tódolos Cambadeses resulta que mentíu, e está ante unha habitación de paredes moi brancas, na compaña dese monolito que lonxe de rexuvenecelo, faino máis vello. É unha metáfora da vida: a il tamén coma os Romanos lle chegou a decadencia. A Historia é un círculo, sempre se volta a un comezo. Ainda está a tempo de mudar de carácter, de non alonxarse de nós, de construir en vez de desfacer, pero nas siglas do seu partido non está ser progresista,  todo o contrario:  o que leva é o permanecer impasible, que o mundo en Cambados é unha gran recopilación, unha gran repetición …
Por iso e por máis é necesario transformar esta vila nun espazo que creza. “Os grandes progresos teñen un pequeno comezo”. O Titán Prometeo quixo estar á altura dos Deuses, e por iso o botaron do Olimpo. E no Olimpo están os veciños de Cambados.


Óscar Manuel Núñez.
Cinéfilo.




7 de noviembre de 2014

SEGUEN OS ECOS DO PLENO DO XOVES PASADO





Os ecos do derradeiro Pleno da Corporación do xoves 30 de outubro non cesan, aumentan exponencialmente cada día que pasa. Peter O Toole gritaba “Eu saltei a banca nun Casino de Montecarlo” no filme de David Lean, e as paredes do deserto de Tabernas en Almería recollían o eco. Ao Teniente Lawrence os Británicos o tildaban de tolo poren só había duas especies que lles gostara vivir no deserto: aos beduinos e aos escorpións. Se non fora porque aínda non nacera o noso Presi Aragunde estaría nesa clasificación de heroes que deixaban a sua pegada na area deixando o sol ás costas, na percura dun soño, dunha quimera. “O amor de mis amores, mi Romeo, sentí al besar tus labios, un sueño, una quimera” (Julieta)”.”Pos yo sentí tus zapatos en mis “pieses”, porque bailas muy mal” (Romeo). Cantinflas tamen na película adicada a memoria de Shakespeare andaba tras un soño. Bailar, gobernar, comer, xogar e todas as palabras rematadas en -ar lle gostan moito ao noso alcalde porque esta feito dunha “pasta” especial.

A “pasta” ou a caixa de caudais da Corporación non dan a basto ( hai que decir que parte dos concertos foron subvencionados polo Ministerio de Cultura) con tantos festexos dos que presumiu no Pleno Municipal, concretamente da Festa do Albariño. A “wish list” (lista de desexos) que recibiron por vez primeira os grupos da oposicion reficte un montante dun cuarto de millón de euros. Todo consonte ao expresado polo Partido Popular: “Víctor, Fátima, nos coñecen en todas partes para a vosa información. Para que o saibades (nese intre ría e enchía o torax coma un pavo real) en Brasil chegaron “ecos” (outra vez Lawrence de Arabia) da macrofesta que montamos aquí, un dos eventos enolóxicos “trending topic” a nivel mundial, tanto é así que nos fixeron chegar unha invitación para estar alí presentes. Para que non esteades preocupados vos adianto que un Técnico do sector estará alí para nos representar, a gastos pagos”. Pos que vaian preparando os veciños a carteira, poren Pomares ou o elexido para esa travesía (o Secretario ao mellor, para levantar acta) ten que ir alá. Pos está ben o conto. España non gañou o Mundial, gañámolo nós, e co estado de asfixia económica que os veciños de Cambados aturamos, enviamos un emisario máis alá das fronteiras de Fantasía (A Historia Interminable, Michael Ende). “É incrible” (coma dí él) que saian cartos da caixa de caudais do Concello sen tino para semellantes aventuras. Eu, a título particular, lin un encendido artigo de Bea Costa na Voz de Galicia falando da publicidade estática e o canon que van a ter que abonar (aumentado na súa coantía) as empresas que queiran poñer cartelería no Albariño. Pos que saiban os veciños que non abonda para pagar esa viaxe de ida e volta a Brasil.                
E que me decides do Xantar onde non hai lista de invitados completa, onde máis de 600 euros van parar a Libertad Digital e Federico Jiménez Losantos. Coma non vai a ser isto a Festa do PP cando se pagan favores a este individuo inquisidor e un dos piores elementos da “casta” Española, urdidor de plans que fixeron un dano terrible as Institucións coma A Coroa, a mesma que ten en foto o Presi no seu despacho. Lamentable. Pos eche o que hai coma dicimos en Cambados: “Se non queres caldo - Albariño, pos duas tazas”. E nin mentar o agobio que tódolos veciños sofremos aos que polo que parece nos toman a pitorreo. Doe dicir que a meirande parte da xente coa que falo na rúa queren liscar daquí cando chegan tales datas poren non hai quen saia a rúa polo estado que amosa de suciedade, cheo de lixo, desperdizos que non son quen de limpar ata quince días máis alá do seu remate, ruídos a todas horas, desordes e vandalismo. Esto parece O.K Corral. É notorio que cada ano que pasa o único que se mide é o número de visitantes, cando o que hai que facer é poñer coto a este desmadre pola falla de organización, polo vacío das súas propostas, e por non servir á colectividade de xeito ecuánime, favorecendo un caldo de cultivo que será moi difícil de correxir no futuro. Coma dicían as avoas “Estamos aquí para sufrir meu fillo”. Sí, en Cambados aínda estamos así, un Concello que ao igual que os xerentes dos Hospitais con este goberno do PP miden a rentabilidade por cama, en vez de dar cumprido servizo aos pacientes, que somos nós. 

 
Óscar Manuel Núñez
Cinéfilo.