Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PSdeG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PSdeG. Mostrar todas las entradas

13 de agosto de 2020

FEIJÓO OCULTA A REALIDADE DOS RASTREXADORES DA COVID-19

Fontes sanitarias informaron a este blog que están a traballar como rastrexadores persoal sanitario que debería estar a disfrutar das súas vacacións.
Este persoal está preparado e polo tanto a Xunta aforra na preparación destes traballadores é tamén unha forma de aumentar o número de rastrexadores aínda que non sexan específicos para estes postos.


O grupo parlamentario socialista no parlamento galego pregunta por esta e outras cuestións derivadas da COVID-19 ao goberno da Xunta.
A pandemia provocada pola COVID19 supón unha das situacións máis difíciles que temos afrontado como sociedade en décadas. A afectación sobre a poboación, e o seu impacto sobre o noso modo de vida, evidencian a necesidade de estar permanentemente alerta e preparados ante as posibles incidencias, e prever todos escenarios posibles para afrontar coas maiores garantías.
Galicia está inmersa neste verán nun difícil escenario, pois é un foco preocupante de rebrotes en número de contaxiados. 

A esta situación súmanse, entre outros elementos, a incerteza provocada pola ausencia de datos oficiais ao mesmo nivel que outras CCAA e que o Estado, a queixa sistemática dos profesionais de Atención Primaria sobre a situación do seu servizo coa non cobertura de baixas e vacacións e ausencia de materiais, a indefinición sobre as medidas para o inicio do vindeiro curso escolar e a desaparición do aparato de información e publicidade que a Xunta tivo en funcionamento ata a metade do mes de xullo.
Non existe información nítida sobre o volume, formación e protocolos de actuación de rastreadores en Galicia, nin existen explicacións sobre as reclamacións de usuarios/as e traballadores/as de residencias de maiores sobre o trato ofrecido ou evitado a persoas residentes nestes centros. Non se coñece, na actualidade

Con todo isto, é importante coñecer a previsión de funcionamento para os
vindeiros meses por parte de Goberno de Galicia, e buscar os maiores acordos políticos e sociais para fortalecer o sistema sanitario e a súa rede, co fin de afrontar nas mellores condicións a situación actual e a súa continuidade.

O PSdeG pregunta:
1.ª) Que valoración fai o Goberno Galego da situación actual de Galicia ante os rebrotes existentes?
2.ª) A que aspectos atribúe o Goberno de Galicia a aparición de rebrotes?
3.ª) Que volume de rastreadores dispón agora mesmo o SERGAS en activo? Cal foi o método de selección e formación?
4.ª) Que previsión fai o Goberno de Galicia sobre a evolución dos casos de
afectados por COVID en Galicia nas vindeiras semanas e meses?
4.ª) Por que o Goberno de Galicia reduciu bruscamente o nivel de aparición pública e presencia continuada, especialmente do presidente, a partir da metade do mes de xullo?


13 de abril de 2020

AUMENTAN AS CRÍTICAS AO FACER DA XUNTA NESTA CRISE SANITARIA


Caballero critica que Feijóo «non foi claro» na súa petición para que os nenos poidan saír Caballero engade unha nova crítica a Feijóo na súa comparecencia ao afirmar que non foi «claro» na proposta que deixou este domingo de habilitar saídas de menores das súas vivendas acompañados de familiares. Asegura que non «quedou nada claro que expuña» e que se limitou a trasladar «unha preocupación que temos todos». «Non achegou tampouco unha recomendación», critica Caballero, quen se remite ás «indicacións» das autoridades sanitarias. Ademais, considera que «errou cando non cumpriu o seu compromiso» de reunirse na tarde de onte cos partidos políticos galegos. O PSdeG pide a intervención dunha residencia en Santiago Caballero asegura que pasada a crise haberá que revisar o «modelo» de residencias de maiores e apunta á chegada do PP á Xunta en 2009 como entrada en vigor dun sistema «moito máis baseado no privado». Reclama á Xunta «extremar as medidas e intervir a residencia DomusVi en Santiago, medicalizando a residencia». Considera «evidente» que «houbo erros en moitas residencias» e demanda «aclarar todas as dúbidas e actuar de forma diligente», realizando test de forma masiva. Caballero acusa a Feijóo de «non estar á altura das circunstancias» O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que Feijóo «non estivo á altura das circunstancias» na súa rolda de prensa do domingo, que cualifica de «inoportuna, inadecuada» e asegura que só serviu para «xerar máis dúbidas» e «confrontación», cun discuso «velado de tensión». Cre Caballero que o presidente da Xunta alíñase con Pablo Casado e Isabel Díaz Ayuso «por encima» dos intereses dos galegos. Reclama a Feijóo que ofreza información «minuciosa, rigorosa e exacta», especialmente no caso das residencias de maiores, comparecendo #ante a Deputación Permamente do Parlamento. Defende novamente a xestión do Goberno central e o envío de material sanitario, como os test rápidos, que demanda que se utilicen «canto antes», informa Pablo Pazos. Pontón ve «medo» na volta ao traballo e tacha a Feijóo de « cínico»
A líder do BNG, Ana Pontón, está convencida de que son «moitos» os que hoxe volven con «medo» ao traballo por unha decisión «temeraria» e “irresponsable do Goberno español apoiada irresponsablemente» pola Xunta. Entende o Bloque anteponse « a conta de resultados dalgunhas empresas» e a «presión da patronal» á saúde pública e espera que non se teña que «lamentar no futuro». Reclama ao Goberno galego que «non se poña de perfil» e distribúa medidas de protección de forma masiva. Tamén arremete contra Alberto Núñez Feijóo por non celebrar unha reunión na tarde do domingo coa oposición: táchalle de « cínico» e acúsalle de «deslealdade», de ter «secuestrado o poder lexislativo» e de estar «a usar a TVG como canle particular de propaganda». Volve pedir Pontón que compareza no Parlamento e achácalle que «segue en campaña electoral», informa Pablo Pazos. Un sindicato critica ao Sergas por non facilitar o teletraballo a empregados confinados O sindicato galego de profesionais médicos Omega denunciou a «incapacidade» do Sergas, que xestiona os hospitais galegos, para facilitar o teletraballo a empregados confinados nas súas casas dispostos a facer un seguimento a distancia de enfermos do Covid-19. Nun comunicado recolleito por Efe, Omega sinala que houbo «innumerables ofrecementos de teletraballo» por parte de facultativos de atención primaria que están en «illamento domiciliario» ou confinados nas súas vivendas debido a que «a súa situación persoal imposibilítalles realizar actividade asistencial presencial». Subliña que o pasado 31 de marzo enviou unha carta ao conselleiro de Sanidade, #Jesús Vázquez Almuíña, na que pedía canalizar as demandas deses profesionais par contribuír a axudar mediante teletraballo. Con todo, os «problemas técnicos» por parte do Sergas e as empresas informáticas contratadas non permitiron ese labor, algo que Omega considera «inadmisible en pleno século XXI».

Feijóo está a xogar coa saúde de milleiros de opositores por electoralismo
PSdeG, Galicia en Común e BNG piden o adiamento das probas e garantir a seguridade dos participantes. Os sindicatos alertan das consencuencias sanitarias que tería a celebración das probas coa concentración de grupos de máis de 300 persoas, e milleiros de participantes, de toda Galicia e do resto do Estado.


11 de abril de 2020

A XUNTA COÑECÍA OS PROBLEMAS DAS RESIDENCIAS DE MAIORES

Galicia En Común afirma que a Xunta coñecía os problemas en residencias O portavoz de Galicia en Común- Anova Mareas, Antón Gómez Reino, denunciou este sábado que a Xunta coñecía a situación deficiente que presentaban as residencias de maiores en Galicia. Segundo apunta Gómez-Reino nun comunicado, «a Xunta coñecía desde hai anos as deficiencias que padecen as residencias das empresas DomusVi -con 29 centros repartidos en 23 municipios galegos- e a Fundación San Rosendo -que xestiona en Galicia 45 residencias e 12 apartamentos tutelados para maiores-». A pesar diso, indica que desde o Goberno galego «non se fixo nada por resolver nin as graves carencias de medios materiais e humanos nin os reiterados incumprimentos das condicións contractuais de xestión». Así, entenden que aínda que «hoxe é hora de salvar vidas», unha vez pasada a pandemia será o momento de acabar «co modelo de recortes e privatizacións nos programas de asistencia ás persoas da terceira idade en Galicia». O BNG propón atrasar as rebaixas de verán «mínimo» a agosto para axudar ao pequeno comercio O BNG ofreceu este sábado propostas para o pequeno comercio galego. Entre elas, explicou a líder do partido, Ana Pontón, está o atraso «mínimo» ata agosto do período de rebaixas. «A liberación de horarios e descontos beneficia ás grandes multinacionais pero esnaquiza ao pequeno comercio», recolle a formación nacionalista. Tamén pide 2.000 euros como subvención directa para autónomos e «axilizar» a tramitación de axudas para o colectivo. O PSdeG segue vendo á Xunta «confrontando co Goberno» O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu este sábado ao Goberno galego que «cumpra coas súas competencias aumentando persoais de hospitais e residencias e as medidas de protección para traballadores sanitarios e de servizos sociais». Ademais, nunha nota remitida aos medios, pide á Xunta «deixar de confrontar co Goberno» do Estado. Hoxe mesmo a Xunta volveu a insistir que os test rápidos enviados polo Goberno «necesitan complementarse con probas de PCR» xa que «non permiten o diagnóstico clínico dunha posible infección por coronavirus».


12 de mayo de 2017

OS SOCIALISTAS LEVAN AO PARLAMENTO A FALLA DE COOPERACIÓN DA XUNTA CON CAMBADOS, CIDADE EUROPEA DO VIÑO










O grupo socialista levará ao Parlamento de Galicia a falta de participación da Xunta na promoción de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017.

O deputado arousán Julio Torrado presentará, tal e como informou este partido, unha serie de preguntas para o seu debate na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo que se celebra este venres a partir das 10:30 horas no Parlamento de Galicia.

Os socialistas queren saber se o Goberno de Galicia considera aceptable o "desentendimiento" da vila de Cambados ao non responder as solicitudes de reunións e non acompañar ao goberno cambadés nas presentacións nacionais e internacionais que se realizan.

Ademais, tamén preguntarán á Xunta de Galicia se ten prevista algunha liña de apoio institucional e económico para levar a cabo as actividades previstas con motivo da distinción de Cambados.

O grupo parlamentario socialista critica a falta de colaboración económica e as trabas que o Goberno municipal está a ter para desenvolver os actos previstos con motivo da Cidade Europea de Viño.








29 de mayo de 2015

DE PACTOS NATURAIS E ANTI-NATURA





Rafael  Louzán  deixa unha porta aberta  a  un posible  pacto co BNG  co obxectivo de gobernar a Institución Provincial.  Sería, di, o pacto natural por Pontevedra, cando lles convén á xente do PP certos pactos son naturais e cando non son "anti-natura. Di Louzán que sempre se demostrou o entendemento por enriba de todo. Supoñemos que o dirá polas trifulcas sobre Pasarón, a diferencia en tratar o tema do lixo ou a o ben que está ENCE en Pontevedra.

Louzán tampouco negou a posibilidade de  agasallar ao partido nacionalista cun bo posto na Institución. Claro o "carameliño" para que piquen.
Si hai dous dias Louzán deixaba a porta aberta a sua saída da Deputación ao non acadar a maioría absoluta e non poder ser Presidente, accederá  a abandonala si o "carameliño" se converte en Caramelo e o BNG pide a presidencia?.
E todo esto porque? Porque non quere ao PSOE gobernando a Deputación. Fale con Esperanza Aguirre que en Madrid si lles vale o PSOE. 
Mentras tanto non deixa de eloxiar ao BNG, ese mesmo BNG ao que J. Moreira líder dos populares na capital tanto criticou. 
Estamos ante a debacle do PP? donde cada un fai a guerra pola sua conta tentando salvar os seus mobles sen importarlle os mobles do veciño, por moito que sexa da "familia" popular.

COUSAS VEREDES!!!!!



14 de enero de 2015

O SOCIALISTAS DE CAMBADOS ACUSAN A ARAGUNDE DE FALLA DE PREVISIÓN





A formación que lidera Fátima Abal culpa á falta de previsión do concello desta situación, unha falta de previsión que xa se fixo patente en varias ocasións, pero que cada vez se ve máis acentuada. Asimesmo, califican de irresponsabilidade o feito de que un concello plantexe pedir “axuda veciñal”
Segundo Fátima Abal: “que un concello pida colaboración veciñal é un feito sintomático, pois semella que esquecen de onde proceden os cartos que manexan, que non é de outro sitio que dos propios veciños. Que un alcalde pretenda facer unha colecta entre os veciños que previamente pagaron os seus impostos, é unha actitude cínica e propia dun gobernante do século XIX”
Ademáis, os socialistas non entenden que un concello que tanto presume da súa situación económica se vexa nestes apuros. “Ou será que a situación non é tal como nos contan?”
Para a portavoz socialista: “estamos ante un concello á deriva, que primeiro fai cousas sin pensar nas consecuencias, despois dase conta do erro cometido, e finalmente en lugar de rectificar ese erro fai unha especie de fuxida cara adiante na que pon pequenos parches en lugar de arranxar os problemas. O desenrolo dos acontecementos é semellante en moitas actuacións, por exemplo cando se implantou o sentido único na Avenida da Pastora actuaron exactamente igual: primeiro cambiaron o sentido de circulación sin pensar nas consecuencias (obrigando aos veciños que posúen vehículos agrícolas a cometer unha infracción indo pola estrada xeral), despois déronse conta do erro pero non o rectificaron (chegando a dicir públicamente que era imposible saber que nesa rúa había vehículos agrícolas!) e finalmente tomaron unha decisión a correr habilitando un camiño de terra en pleno inverno de chuvias. E despois, claro, culpando ás malas condicións meteorolóxicas da situación creada, cando o lóxico hubera sido facer primeiro o camiño e despois modificar ó sentido da circulación, como faría un goberno serio e competente. Pois ben, agora estase a repetir a mesma situación: primeiro quitan a imaxe do Cristo, despois danse conta de que restaurala costa cartos, e finalmente fuxen cara adiante pedindo a axuda veciñal. Este tipo de modus operandi non é o propio dunha administración seria e responsable".

Os socialistas afirman que “Cambados merece un goberno municipal que resolva os problemas, e non un goberno que xenere problemas onde non os había, por pura incapacidade na toma de decisións.”
Tamén resaltan os socialistas que “calquer actuación levada a cabo nun ben patrimonial tense que facer con seriedade e rigurosidade, non quitando as cousas para logo “a ver que pasa”. As Ruínas de Santa Mariña son un punto de interese turístico fundamental nuha vila onde o turismo é un dos motores principais da nosa economía, e polo tanto hai que actuar con seriedade e con plans estratéxicos que permitan a conservación dos nosos monumentos nas mellores condicións. Este tipo de espectáculos esperpénticos suceden onde se goberna só a base de ocorrencias”.


29 de octubre de 2014

A EMPRESA ENCARGADA DA AMPLIACIÓN DO H. DO SALNÉS BAIXO SOSPEITA






Os socialistas da comarca de Arousa, na súa xuntanza de onte pola noite en Vilagarcía coa secretaria de organización de Galicia, Pilar Cancela, valoraron entre outros temas a implicación da empresa Cofely na rede de corrupción destapada estes días en España con orixe en Madrid, pero que tamén afecta ao Goberno de Núñez Feijoo, e que alerta da rede clientelar que o PP ten instalada en moitas das institucións que goberna. Precisamente sobre a actuación da Xunta existe neste momento unha sombra que afecta a obras que a Xunta do PP, especialmente a Consellería de Sanidade, adxudicou á empresa Cofely. Dentro destas está a obra de ampliación do Hospital do Salnés.
Os socialistas láianse da xestión do PP que, unha vez máis, vai camiño de deixar a Arousa sen a tan necesaria e demandada obra de ampliación do Hospital do Salnés. Os socialistas apuntan que dende o inicio, esta necesaria ampliación foi sistematicamente burlada polo PP de distintas maneiras, facenco promesas sobre orzamentos que nunca se cumpriron e retrasando a tan demandad actuación. Ao final, e xa en ano electoral, o PP apuntou que iniciaría estas obras que agora se atopan con que a empresa que tiña concedida esta actuación está implicada da man do PP nunha rede de corrupción indecente e de dimensións escandalosas. Os socialistas pregúntanse se, ao final, unha demanda social se convertíu para o PP nunha oportunidade de negocio, e reclaman que a Xunta de explicacións rápidas e convincentes sobre o asunto para tranquilizar á cidadanía.
Especialmente os socialistas piden tamén aclaracións aos representantes cidadáns que o PP ten en Arousa, como os alcaldes que non levantaron voz ante o ninguneo a que estiveron sometidas as reclamacións e mobilizacións da cidadanía, e os deputados e deputadas do PP e cargos de dirección do partido que se mantiveron agochados despois de tantos enganos.

Dende o PSdeG lamentan que a corrupción poida ser a lousa definitiva para que a ampliación do Hospital non se leve adiante, dado que a empresa pode quedar desmantelada e inoperativa, e os fondos FEDER que financian esta obra teñen como data límite o fin de 2015, co que se perderían se non se realiza. Pregúntanse dende o PSdeG de Arousa se é unha casualidade que Cofely tivera tantas adxudicacións da Consellería de Sanidade.



28 de mayo de 2014

O PP NEGA AOS CIDADÁNS A TARXETA SOCIAL PORQUE A PIDEN OS SOCIALISTAS








O PP INCUMPLE AS SUAS PROPIAS LEIS.
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE O GOBERNO GALEGO CONVERTEU A LEI GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS EN “PAPEL MOLLADO”.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou onte á Xunta de converter a Lei Galega de Servizos Sociais, aprobada en 2008, en “papel mollado”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista para que a Xunta poña en marcha a tarxeta social galega, logo de que o PP anunciara o seu rexeitamento.

Gallego lembrou que a posta en marcha de dita tarxeta é unha obriga establecida por aquela Lei e que o goberno galego tiña que tela habilitado antes de seis anos, para rematar coa dispersión de procedementos para os usuarios e usuarias de servizos sociais e que evitaría a estigmatización social destes cidadáns e cidadás.

A proposta socialista reclamaba así o cumprimento dunha medida destinada a favorecer a percepción dos beneficios programados polas distintas administracións, para todas as persoas con dereito de acceso aos servizos sociais, aos beneficios da Lei de autonomía persoal e ás persoas con discapacidade.

Explicou que esta tarxeta daría por exemplo acceso aos dereitos das persoas con discapacidade, o recoñecemento das deducións do sistema tributario ou taxas municipais, transporte público, tarxeta de aparcamento, formación ocupacional ou vivenda, entre outros. Permitiría en definitiva identificar a tódalas persoas diante das institucións e dar acceso ao seu expediente social básico.




6 de noviembre de 2013

OS SOCIALISTAS LEVAN A LOUZÁN AOS XULGADOS






O PSOE leva a Rafael Louzán ós xulgados.

Xa que non da contas do seu facer na Deputación nin en ningún outro lugar os socialistas queren que Louzán fala e aclare as dúbidas plantexadas na sua xestión ao fronte do ente provincial noa xulgados.

 Así o fixo saber onte o voceiro dos socialistas na Deputación de Pontevedra, Santos Héctor Rodríguez. Veñen de presentar por vía contencioso administrativa unha reclamación para poder ter acceso ós expedientes de varias obras financiadas polo ente provincial e que tiveron un sobrecoste con respecto ó prezo de licitación. Tamén se presentou outro recurso para ter acceso ás partidas destinadas a asumir os gastos da Volta Ciclista a España.
Santos Héctor compareceu en rolda de prensa para explicar que despois de varias peticións e meses de agarda non puideron examinar os expedientes de diferentes obras financiadas pola Deputación de Pontevedra. Os socialistas explican que como partido na oposición teñen dereito a coñecer estes documentos. 
Consideran que hai oscurantismo e falta de transparencia dende a
presidencia provincial sobre todo con dous proxectos: o das Pousadas, que tiña un presuposto inicial de 9,4 millóns de euros e superará os 16 e o de Pasarón que pasou dos 8,5 millóns inicias ós 15,8. Este recurso xa foi presentado e agora a Deputación ten cinco días para entregar a documentación pertinente. O outro dos recursos ten que ver coa Volta Ciclista a España e co convenio asinado cos concellos que foron lugar de saída ou meta dalgunha etapa. 



15 de julio de 2013

OS SOCIALISTAS DE VILAGARCÍA DENUNCIAN A TOMÁS FOLE NOS XULGADOS






O Partido Socialista de Vilagarcía, a través da súa voceira municipal Tania García, presentará mañá nos xulgados de Vilagarcía unha denuncia contra o Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, por presuntos delitos de prevaricación e tráfico de influencias. Os socialistas creen que a deriva na que entrou o Alcalde respecto ao tema da instalación dunhas pistas de pádel en Vilagarcía, que se están a preparar no Porto, levouno a vulnerar a lexislación en materia urbanística. Dende o Partido Socialista plantexan que alertaron do inicio das obras sen licenza durante a pasada semana, e que solicitaron a través dos medios de comunicación e por escrito no propio Concello que se paralizaran, a instancias da Lei 9/2002, de 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, que no seu artigo 209.1 é suficientemente explícita indicando que:



Cuando se estuvieren ejecutando obras sin licencia u orden de ejecución, o sin ajustarse a las condiciones señaladas en las mismas, el Alcalde dispondrá la suspensión inmediata de dichos actos y procederá a incoar el expediente de reposición de la legalidad comunicándoselo al interesado.

A tenor da lexislación os socialistas ven claro que o Alcalde debería ter paralizado de inmediato as obras, e sen embargo anunciou públicamente que era coñecedor de que a licenza non estaba aínda aprobada pero que non tiña intención de frear as obras. Ante o coñecemento dunha ilegalidade sobre a que ten a obriga de intervir, pero constatando que non o fará, os socialistas consideran que a denuncia por presunta prevaricación é necesaria para garantir o respecto ás leis e ao ordenamento xurídico.
Dende o Partido Socialista prepararon tamén un relatorio dos feitos ocorridos dende as primeiras intencións do Alcalde de facilitar a instalación das pistas de pádel en Fexdega, que valoran que amosa a intencionalidade de favorecer a unha empresa concreta vulnerando a lexislación. Para o PSdeG esta situación constitúe un presunto delito de tráfico de influencias polo que tamén denunciarán ao Alcalde.

28 de enero de 2013

A OPOSICIÓN CONTRA PILAR ROJO E AS SUAS BRILANTES "IDEAS"






Os tres grupos da oposición anunciaron “unha resposta forte e contundente” á decisión da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, de prohibir a asistencia de convidados ao pleno de debate de Orzamentos de mañá. “Os tres grupos actuaremos en consecuencia e defenderemos os cidadáns que sofren a dureza das políticas da dereita”, expuxeron, a través do portavoz do PSdeG, Abel Losada, “e buscaremos unha fórmula para que isto se visualice no debate de mañá”.

Segundo expresou Losada, os grupos da oposición entenden que “esta especie de estado de sitio parlamentario” introducido por Pilar Rojo o único que pretende é que non se visualicen na Cámara as “consecuencias dramáticas das políticas do Partido Popular na rúa”. Algo que vai en contra da participación dos cidadáns na vida política e do dereito a defender lexitimamente os seus intereses. A oposición esixe unha rectificación da presidenta do Parlamento, para o que ten tempo ata a Mesa que se celebrará mañá, antes do pleno de Orzamentos. “Rexeitamos calquera intento de antepor os intereses de partido, do Partido Popular en concreto, aos dos cidadáns”, concluíu Losada.



22 de diciembre de 2012

O PSdeG DENUNCIA COMILONAS PAGADAS CON CARTOS PÚBLICOS




O voceiro parlamentario socialista denuncia que Bravo Bosch empregou fondos públicos para pagar “enchentas” no Castelo de Soutomaior aos seus funcionarios “afíns”, mentres o PP recorta o soldo dos empregados públicos. 

O voceiro do grupo parlamentario socialista, Abel Losada, solicitou hoxe a dimisión da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, por empregar fondos públicos para pagar “enchentas” aos seus altos funcionarios “afíns”.

Segundo indica Losada, Bravo Bosch “gasta os cartos de todos os galegos e galegas nunha comida no Castelo de Soutomaior para ela e os seus altos cargos, mentres o PP obriga á cidadanía a asumir recorte tras recorte, tamén aos traballadores públicos”.

Recorda o voceiro do PSdeG no Parlamento galego que o Partido Popular acaba de abrir a porta ao despido dos empregados públicos -o que está a aplicar o PP na Deputación de Ourense-, quitóulles a paga de Nadal aos funcionarios e, onte mesmo, Núñez Feijóo desvelou un novo recorte salarial aos traballadores autonómicos para 2013.

O socialista ve “bochornoso e inxustificable” esta actitude da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, a quen lle reclama que “asuma as súas responsabilidades” polo “despilfarro” de fondos públicos.