Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta POLBO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POLBO. Mostrar todas las entradas

27 de mayo de 2020

O VENRES COMEZA A VEDA DO POLBO EN GALICIA E REMATARÁ O 1 DE XULLO

A veda do polbo en Galicia comezará o próximo venres e rematará o 1 de xullo de 2020. Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan experimental para a xestión desta especie durante a campaña 2020/2021 que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG). Nela establécese que o período de veda do polbo para este ano vai das 16:00 horas do venres, 29 de maio, ata as 05:00 horas do mércores 1 de xullo. Non obstante, as capturas desembarcadas o 29 de maio poderán ser comercializadas tamén o 30 de maio naquelas lonxas nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados.
O período de veda do polbo significa que queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo. Polo tanto, as embarcacións dedicadas á captura deste cefalópodo con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto. O tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.
A veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan da especie, co fin de axustar a xestión pesqueira ao seu ciclo de vida e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.

Plan 2020-2021

A Consellería do Mar e o sector consensuaron un novo plan do polbo para o vindeiro ano, que entra en vigor o venres e que permanecerá vixente ata que se publique o plan do ano que vén, que fixará a seguinte veda. Segundo establece este plan, a partir do día 1 de xullo -data na que remata a veda- ata o 31 de agosto, a cota máxima de captura da especie é de 30 quilogramos por barco e día. A esta cantidade engádense 30 quilos ao día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 quilogramos ao día. No que resta de campaña a cota máxima será de 50 quilos por embarcación e día, aos que se engaden 50 quilos ao día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 quilos por día.
O horario de traballo das embarcacións con nasa para polbo iniciarase ás 06:00 horas -aínda que poden saír do porto ás 05:00 horas- e finalizará ás 16:00 horas. Mentres, o descanso semanal desenvolverase desde as 16:00 horas do venres ata as 06:00 horas do luns. O número de nasas permitido queda establecido en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados e a bordo.
En canto ao réxime de calamento das nasas de cabo Silleiro a Corrubedo, os aparellos terán que levantarse do seu calamento e levarse a porto todos os días coas seguintes excepcións: na zona de cabo Silleiro a Con da Aguieira aquelas que estean establecidas en fondos superiores aos 20 metros poderán permanecer no seu calado sen ser levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal. O mesmo rexerá para a cara oeste da illa de Ons, desde O Con da Serriña ata o illote do Centulo, onde as nasas poderán permanecer no seu caladoiro sen seren levadas a porto e sen limitación de profundidade.
Na zona de Con da Aguieira a cabo Corrubedo ata o 1 de outubro terán que levantarse as nasas e levarse a porto todos os días. Desde esa data ata o inicio da veda do ano seguinte as nasas poderán permanecer caladas incluso durante o período de descanso semanal. No resto do litoral galego as nasas poderán permanecer no seu calamento sen seren levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal.
A actividade será controlada a través do programa de seguimento e control, levado a cabo pola Subdirección Xeral de Gardacostas en colaboración cos gardapescas das confrarías e os servizos contratados ao efecto.


17 de mayo de 2018

MAÑÁ COMEZA A VEDA DO POLBO EN GALICIA E REMATARÁ O 2 DE XULLO





A veda do polbo en Galicia comezará mañá e rematará o 2 de xullo de 2018. Así o especifica a resolución do plan experimental para a xestión desta especie para a campaña 2018/2019, que establece o período de veda do polbo para este ano dende entre as 16:00 horas do venres, 18 de maio ata as 05:00 horas do luns, 2 de xullo.
As capturas desembarcadas o 18 de maio poderán ser comercializadas tamén o 19 de maio naquelas lonxas nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados.
O período de veda do polbo significa que queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo. Polo tanto, as embarcacións dedicadas á captura de polbo con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto. Este tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas acadadas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.
A veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan de experimental do polbo, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.

Plan 2018-2019

A Consellería do Mar e o sector consensuaron un novo plan do polbo para o vindeiro ano, que entra en vigor mañá e que permanecerá vixente ata que se publique o plan do ano que vén, que fixará a seguinte veda. Segundo establece este plan, a partir do día 2 de xullo –data na que remata a veda- ata o 31 de agosto, a cota máxima de captura desta especie é de 30 quilogramos por barco e día. A esta cantidade engádenselle 30 quilogramos día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 quilogramos día. No que resta de campaña a cota máxima será de 50 quilogramos por embarcación e día, cantidade á que se lle engaden 50 quilogramos/día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 quilogramos/día.
O horario de traballo das embarcacións con nasa para polbo iniciarase ás 06:00 horas –aínda que poden saír do porto ás 05:00h- e finalizará ás 16:00 horas e o descanso semanal desenvolverase dende as 16:00 horas do venres ata as 6:00 horas do luns. O número de nasas permitido está en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados.
En canto ao réxime de calamento das nasas de Cabo Silleiro a Corrubedo os aparellos terán que levantarse do seu calamento e levarse a porto todos os días coas seguintes excepcións: na zona de Cabo Silleiro a Con da Aguieira aquelas que estean establecidas en fondos superiores aos 25 metros poderán permanecer no seu calado sen ser levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal. Na zona de Con da Aguieira a Cabo Corrubedo ata o 1 de outubro terán que levantarse as nasas e levalas a porto todos os días. Desde esa data ata o inicio da veda do ano seguinte, as nasas poderán permanecer caladas incluso durante o período de descanso semanal. No resto do litoral galego, as nasas poderán permanecer no seu calamento sen seren levadas a porto, incluso durante o período de descanso semanal.
A actividade será controlada a través do programa de seguimento e control, levado a cabo pola Subdirección Xeral de Gardacostas en colaboración cos gardapescas das confrarías e os servizos contratados ao efecto.



19 de julio de 2017

BOA CAMPAÑA DA NÉCORA I ESCASEZA DE POLBO










Os 1.452 quilos que se colleron de nécora nas dúas primeiras semanas no Grove son o mellor dato da última década. Un 39% máis de capturas ca no inicio da campaña pasada. O prezo medio é de case 22 euros.

A campaña do polbo e da nécora comezou de forma desigual na Arousa. As capturas de polbo baixaron de forma xeneralizada mentres que as de nécora aumentaron. Nalgúns casos, coma no Grove, de forma significativa.
Os 1.452 quilos que se colleron de nécora nas dúas primeiras semanas no Grove son o mellor dato da última década. Un 39% máis de capturas ca no inicio da campaña pasada. O prezo medio é de case 22 euros.

O tamaño medio da nécora é de cinco centímetros e medio. O dito di que cando medran os datos da nécora, baixan os do polbo, e viceversa. Nos portos da Arousa hai un descenso xeneralizado. Bueu, Cambados, O Grove. Os que andan á nécora cren que as súas capturas ainda serían mellores se se tomasen algunhas medidas.






18 de mayo de 2017

MAÑÁN COMEZA A VEDA DO POLBO












A veda do polbo en Galicia comezará mañá e rematará o 3 de xullo de 2017. Así o especifica a resolución do plan experimental para a xestión desta especie para a campaña 2017/2018, que establece o período de veda do polbo para este ano dende entre as 16:00 horas do venres, 19 de maio ata as 05:00 horas do luns, 3 de xullo.
As capturas desembarcadas o 19 de maio poderán ser comercializadas tamén o 20 de maio naquelas lonxas nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados.
O período de veda do polbo significa que queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo. Polo tanto, as embarcacións dedicadas á captura de polbo con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto. Este tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas acadadas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.
A veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan de experimental do polbo, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.







8 de julio de 2013

NON ESTÁ FIRMADA A PAZ ENTRE ROSA QUINTANA E OS NASEIROS





Cando todo parecía un acordo definitivo que selaría a paz entre as confrarías,  todavía quedan dificultades por superar. Os naseiros de Bueu non están satisfeitos co acordo subscrito a finais da semana pasada, ante a conselleira do Mar, e convocan unha nova reuniòn para o vindeiro xoves, da federación provincial de confrarías.
Concentración en Bueu hai uns días

José Manuel Rosas, patrón maior de Bueu, insiste en afirmar que un acordo que permite deixar as nasas no mar a unhas confrarías e a outras non, é un acordo necesariamente disicriminatorio. 

Polo tanto i en contra do que publicamos esta mañán o acordo entre naseiros e consellería non é definitivo e augúranse dias de mobilizacións por parte da confraría de Bueu a que poden seguir outras.

ROSA QUINTANA E OS NASEIROS DO POLBO CHEGAN A UN ACORDO






Despois de máis de quince horas reunidos en dous dias chegouse a un acordo e os naseiros escomezarán a traballar esta semán.
A Consellería do Medio Rural e do Mar e a flota do polbo chegaron a un acordo sobre a aplicación do plan desta especie para a presente campaña, que arrincou o pasado luns, xornada na que os naseiros iniciaron unha folga que finalizará tralo achegamento de posturas.

Nunha reunión que se prolongou durante máis de seis horas e media, na noite do venres o sector aceptou "sen excepción" o uso obligatorio de precintos para identificar as nasas que quedan caladas no mar, un sistema co que a Administración galega prevé controlar a sobrepesca do cefalópodo, explicaron fontes da Consellería do Mar.
Pola súa banda, o departamento que dirixe Rosa Quintana aceptou a modificación das zonas de calado nas que os traballadores poden deixar calados os aparellos durante toda a semana. Así, as nasas terán que ser recollidas durante o fin de semana na zona que vai de Cabo Silleiro ata Con de Aguieira --inicialmente era ata Corrubedo-- polo que se reduce a área. Con todo, os aparellos terán que ser retirados todos os días nas zonas nas que a superficie sexa inferior aos 25 metros.

A reunión da conselleira Rosa Quintana; o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro; e o subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, cos patróns maiores da cofradías retomouse na tarde do venres tras prolongarse na xornada do xoves durante máis de 10 horas nas que o sector non conseguiu alcanzar puntos de acordo sobre estas cuestións.


5 de julio de 2013

DEZ HORAS PARA NADA. ROSA QUINTANA NON VARÍA NA SUAS IDEAS RESPETO A FLOTA DO POLBO.






Presidentes das federacións provinciais de confrarías e unha representación de patróns maiores de distintos depósitos de Galicia mantiveron onte unha reunión de máis de dez horas cos responsables da Consellería de Mar, encabezada pola titular do departamento, Rosa Quintana, para intentar achegar posturas respecto ao plan de xestión do polbo, aínda que non lograron chegar a un acordo.

Aínda que houbo momentos da negociación en que a Administración se mostrou receptiva a peticións dos depósitos discordantes coa nova normativa, non foi posible chegar a un consenso. Con todo, as partes quedaron emprazadas para hoxe coa previsión de que as confrarías presenten as súas propostas por escrito e que estas sexan estudadas polas federacións provinciais, "para ver si hay consentimiento y si podemos mañana (por hoy) finalmente cerrar este episodio", recalcou onte a conselleira en perfecto castelán. Rosa Quintana considera "lamentable no haber tenido la oportunidad de llegar ayer mismo a un acuerdo" a pesar das longas horas de debate, que se fixeron eternas para algúns, posto que non houbo descansos nin para o xantar.
Ao final da reunión, a conselleira indicou que "ha quedado patente nuestra intención de diálogo y de llegar a un acuerdo" pero incidiu na defensa do plan como unha ferramenta idónea para "mejorar el recurso y su comercialización". Con isto, engadiu tamén en castelán que Mar "no consentirá ninguna práctica que vaya contra la normativa o contra la legalidad".
Pola súa banda, as confrarías discordantes adiantaron que hoxe remitirán as súas propostas á Xunta en aras de que sexan contempladas, apuntou o presidente da Federación Galega, Benito González.
O sentir xeral dos depósitos que cuestionan o plan ao saír da reunión foi de certa insatisfacción, "por un continuo tira y afloja que hubo", aínda que confían en que algúns das súas formulacións sexan tidos en conta.
Ao encontro de onte acudiron, entre outros representantes do sector, o máximo responsable da Federación de Pontevedra, José Antonio Gómez; o seu homólogo da Coruña e presidente da Federación Nacional de Confrarías, Genaro Amigo;o patrón maior de Cambados Benito González, o patrón maior de Bueu, José Manuel Rosas, e o de Cangas, Evaristo Fernández. Estes dous últimos representan dous exemplos de posturas atopadas respecto ao Plan. Hoxe cúmprense cinco días de folga da flota de naseiros de varias confrarías.
As confrarías remitirán hoxe á Consellería as súas propostas por escrito en aras de chegar a un consenso.




2 de julio de 2013

OS NASEIROS CONCENTRÁRONSE EN BUEU POLA NEGATIVA DA DELEGACIÓN PARA FACELO EN SANTIAGO






Mais dun milleiro de tripulantes e patróns procedentes de diversas confrarías de Coruña e Pontevedra, déronse cita esta mañá no porto de Bueu, para expresar a súa oposición á formulación da Conselleria do Mar, para a explotación do sector do polbo.



En principio tiñan prevista unha nova concentración de protesta ante a Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, pero ante a prohibición da autoridade gubernativa, optaron polo eufemismo dunha reunión de amigos nas instalacións portuarias.

Os asistentes afirmaron que, a administración autonómica quere abocarlos a un plan de explotación insostenible económicamente, baixo o argumento dun suposto sistema de pesca medio-ambientalmente sostenible.