Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de julio de 2013

ROSA QUINTANA E OS NASEIROS DO POLBO CHEGAN A UN ACORDO






Despois de máis de quince horas reunidos en dous dias chegouse a un acordo e os naseiros escomezarán a traballar esta semán.
A Consellería do Medio Rural e do Mar e a flota do polbo chegaron a un acordo sobre a aplicación do plan desta especie para a presente campaña, que arrincou o pasado luns, xornada na que os naseiros iniciaron unha folga que finalizará tralo achegamento de posturas.

Nunha reunión que se prolongou durante máis de seis horas e media, na noite do venres o sector aceptou "sen excepción" o uso obligatorio de precintos para identificar as nasas que quedan caladas no mar, un sistema co que a Administración galega prevé controlar a sobrepesca do cefalópodo, explicaron fontes da Consellería do Mar.
Pola súa banda, o departamento que dirixe Rosa Quintana aceptou a modificación das zonas de calado nas que os traballadores poden deixar calados os aparellos durante toda a semana. Así, as nasas terán que ser recollidas durante o fin de semana na zona que vai de Cabo Silleiro ata Con de Aguieira --inicialmente era ata Corrubedo-- polo que se reduce a área. Con todo, os aparellos terán que ser retirados todos os días nas zonas nas que a superficie sexa inferior aos 25 metros.

A reunión da conselleira Rosa Quintana; o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro; e o subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, cos patróns maiores da cofradías retomouse na tarde do venres tras prolongarse na xornada do xoves durante máis de 10 horas nas que o sector non conseguiu alcanzar puntos de acordo sobre estas cuestións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.