Cando todo parecía un acordo definitivo que selaría a paz entre as confrarías, todavía quedan dificultades por superar. Os naseiros de Bueu non están satisfeitos co acordo subscrito a finais da semana pasada, ante a conselleira do Mar, e convocan unha nova reuniòn para o vindeiro xoves, da federación provincial de confrarías.
| Concentración en Bueu hai uns días |
José Manuel Rosas, patrón maior de Bueu, insiste en afirmar que un acordo que permite deixar as nasas no mar a unhas confrarías e a outras non, é un acordo necesariamente disicriminatorio.
Polo tanto i en contra do que publicamos esta mañán o acordo entre naseiros e consellería non é definitivo e augúranse dias de mobilizacións por parte da confraría de Bueu a que poden seguir outras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.