Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta NOITE MEIGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOITE MEIGA. Mostrar todas las entradas

23 de junio de 2014

ESTA NOITE É MEIGA. MAÑÁN É SAN XOÁN






Moitos galegos cumpriremos esta noite cos rituais propios da noite de san Xoán. Saltar a cacharela, bañarse no mar ou lavar a cara coa auga que se fai cunha mestura de plantas son algúns dos máis coñecidos dunha tradición tan vella coma a propia memoria.
Esta noite conta con numerosos ritos e lendas propias. Todos como actos purificadores e que espantan o mal. Saltar as cacharelas, lavarse coa auga feita coas herbas de San Xoán, bañarse no mar, quedarse cun tizón do lume ou facer falcatruadas son algunhas das que marca a tradición.

Son ritos asociados ao lume, propios dos humanos dende tempo inmemorial e que o cristianismo adoptou para facelos propios. 


Espantar os meigallos en San Xoán con sardiñas frescas pode saír algo caro. A que colleron á mañá vai a 14 euros; a da noite, a 12 e a do sábado a 10 euros.
Así o comentaban esta mañán nas prazas de abastos de varios puntos de Galicia.

O cerco non traballou esta noite, si pequenas embarcacións que traballan ó xeito. A escaseza segue sendo a tendencia pero a que hai é bastante boa. Nunha semana a sardiña duplicou o prezo. Sardiña escasa e cara para espantar o meigallo un ano máis.