Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MARÍN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MARÍN. Mostrar todas las entradas
21 de noviembre de 2019
O PORTO DE MARÍN AGRADECE O TRABALLO DE BOMBEIROS DO SALNÉS, RIBADUMIA E PROTECCIÓN CIVIL DE CAMBADOS
O incendio no estaleiro de Praceres do pasado 9 de novembro mobilizou a numerosos efectivos de emerxencias para poder extinguir o lume, traballos que duraron practicamente 24 horas. Debido á relevancia do sinistro e a que se saldou sen feridos, o presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez, remitiu unha carta de agradecemento ás dotacións participantes Bombeiros de Pontevedra, Vigo, O Morrazo, Ribadumia, O Salnés e Baixo Miño, Salvamento Marítimo, Axencia Galega de Emerxencias, Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local de Marín, Gardacostas de Galicia e as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Marín, Poio, Pontevedra e Cambados. No caso da agrupación cambadesa, a solicitude de axuda recibiuse menos de media hora despois de ter coñecemento do incendio, o que dá mostra da magnitude do lume desde un primeiro momento. A súa principal función foi achegar auga aos sistemas de extinción dos bombeiros.
Entrevista a Iván Marín
30 de mayo de 2016
CONFERENCIA SOBRE CABANILLAS EN MARÍN
En conmemoración do 140 Aniversario de Ramón Cabanillas, o vindeiro xoves 2 de xuño ás 20:30 no Museo Manuel Torres de Marín terá lugar a conferencia "Ramón Cabanillas, o poeta das Irmandades da Fala", onde intervirán Víctor Caamaño, Aurora "Pitusa" V. Cabanillas e Francisco Fernández Rei.
Coincidindo co centenario das Irmandades da Fala o Clube de Opinión Portocelo organiza un acto conmemorativo do a 140 aniversario de Ramón Cabanillas, "poeta da raza" e un dos precursores do secular movemento galeguista.
Será o xoves 2 de xuño no Museo Manuel Torres e consistirá nunha disertación sobre "Ramón Cabanillas, o poeta das Irmandades da Fala", a cargo de Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e membro numerario da Real Academia Galega, e asesor da comisión do Ano Cabanillas.
A esta conferencia seguirá un recital poético con poemas de Cabanillas, no que participarán Tesi L. Carragal e Queta Molas, eó que lle porán música Samu Acuña (voz e guitarra) e o grupo folcórico Pousos da Area, que colaboran desinteresadamente con esta conmemoración.
O acto contará coa presenza da neta do recordado poeta cambadés, Pitusa V. Cabanillas, gran defensora e promotora do legado cultural do seu avó. Ramón Cabanillas, nado en Cambados o 3 de xuño de 1876, foi outro dos intelectuais galegos que tiveron certa vinculación con Marín a través dos Xogos Frorais que organizaba aló polos anos cincuenta a Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia a quen cedeu o seu poema "Un piniño novo" para a promoción do añorado certamen poético e literario marinense.
16 de julio de 2013
¡¡ FELIPE, LETIZIA, QUEREMOS JUSTICIA !! FOI A CONSIGNA DOS PREFERENTISTAS HOXE EN MARÍN
Ao redor dun centenar de afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas pertencentes ás Plataformas de Vigo e Val Miñor protestaron dende primeira hora deste martes en Marín con motivo de entrega dos Reais Despachos aos novos oficiais que finalizan o seu curso na Escola Naval.
Estes afectados concentráronse na entrada da Alameda de Marín a escasos 20 metros da Porta principal do Recinto Militar, onde pretendían instalarse inicialmente ata que a Subdelegación do Goberno en Pontevedra lles comunicou que debían cambiar de lugar "dada a coincidencia de horario e itinerario" cos actos programados.
De calquera modo a súa protesta fíxose notar no interior da Escola Naval onde era perfectamente perceptible o ruído dos seus asubíos e bucinas.
A súa protesta foi controlada por un amplo dispositivo das forzas de seguridade sen que fose necesaria a actuación policial xa que non entorpeceron en momento ningún o tráfico rodado, nin puxeron en perigo a seguridade das autoridades.
Berros de " Felipe, Letizia, queremos Justicia!", ou unha pancarta na que se lía "Príncipes axudar o voso pobo" foron algunhas das novidades que os clientes de Novagalicia Banco incorporaron este martes ás súas protestas aproveitando a presenza dos Príncipes de Asturias na Escola Naval.

