Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta INTEGRACION. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INTEGRACION. Mostrar todas las entradas

23 de septiembre de 2019

O CONCELLO DE CAMBADOS ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CURSO DE LINGUA DE SIGNOS

O Concello de Cambados, a través da Concellaría de Servizos Sociais, é unha das institucións que facilitan a aprendizaxe de lingua se signos. Logo do éxito acadado no curso anterior, volve repetir a experiencia este ano. Así, o vindeiro 19 de outubro arrincará en ExpoSalnés o novo curso de lingua de signos, que se celebrará os sábados das 16.00 a 20.30 horas, e que se prolongará ata o mes de maio.
As prazas gratuítas están reservadas para as persoas empadroadas en Cambados. Aínda que as persoas non residentes no municipio cambadés poderán asistir igualmente ao curso pero aboando 20 euros ao mes. As clases terán unha duración de 1 hora e media, e o alumnado estará dividido en tres grupos: nivel inicial básico (das 16 ás 17:30 horas); nivel intermedio (das 17:30 ás 19 horas); e, grupo de non residentes (das 19 ás 20:30 horas).
Para inscribirse no curso de lingua de signos, as persoas interesadas deben dirixirse ao despacho de Consumo, situado no primeiro andar do Concello de Cambados.
O curso será impartido pola profesora Miriam Aller, da empresa Entresignos, e hai corenta prazas dispoñibles, segundo informou o concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal. Ademais dos signos propiamente ditos, os asistentes terán oportunidade de coñecer aspectos da cultura das persoas xordas, que existe como tal, e as estratexias que se poden usar para favorecer a comunicación con este colectivo. O curso será de carácter eminentemente práctico.
Dia Internacional da Lingua de Signos
Segundo a Federación Mundial de Xordos, existen aproximadamente 72 millóns de persoas xordas en todo o mundo. Máis do 80 por cento vive en países en desenvolvemento e como colectivo, utilizan máis de 300 diferentes linguas de signos. As linguas de signos son idiomas naturais para todos os efectos, estruturalmente distintos das linguas faladas. Existe tamén unha linguaxe de signos internacional que é o que utilizan as persoas xordas en reunións internacionais e, de xeito informal, cando viaxan e socializan.
A convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade recoñece e promove o uso das linguas de signos. Establece que teñen o mesmo estatus que as linguas faladas e obriga as Administracións a que faciliten a aprendizaxe da lingua de signos e promovan a identidade lingüística da comunidade das persoas xordas.
O 23 de setembro celébrase o Día Internacional das Linguas de Signos, proclamado pola ONU en novembro de 2017. A data conmemora a creación da Federación Mundial do Xordo (World Federation of the Deaf) en 1951, organización non gobernamental que neste momento ostenta o carácter de órgano consultivo das Nacións Unidas e máxima autoridade mundial para a defensa dos dereitos e intereses das persoas con disfunción auditiva.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas establece que o acceso cedo á lingua de signos e aos servizos nesta linguaxe, incluída unha educación de calidade nesa lingua, é vital para o crecemento e o desenvolvemento das persoas xordas e decisivo para o logro dos obxectivos de desenvolvemento sostible. Resalta tamén a importancia de preservar as linguas de signos como parte da diversidade lingüística e cultural.


24 de febrero de 2016

CONCELLO E BATA ASINAN UN NOVO ACORDO DE COLABORACIÓN







Tres persoas con discapacidade psíquica pertencentes á asociación BATA traballarán a partir de marzo acondicionando espazos públicos forestais de Cambados. O Concello e BATA asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que esta brigada despregará os seus servizos durante dez meses. 








A iniciativa coa que se pretende seguir avanzado na integración sociolaboral dos usuarios de BATA e continuación da desenrolada en anos anteriores. 
Os tres usuarios da Asociación Tratamento do Autismo BATA estarán supervisados por un preparador laboral, traballarán a partir do un de marzo e ata finais de ano para o Concello de Cambados. Constituirán unha brigada que se encargará do mantemento, limpeza e conservación do entorno do Muíño da Seca e o Monte da Pastora.  Un paso máis na integración sociolaboral das persoas con algún tipo de discapacidade psíquica.   Este non é o primeiro convenio laboral que asina BATA con concellos do Salnés e Ulla Umia para lograr que os seus usuarios se introduzan no mercado laboral. A día de hoxe teñen brigadas en Vilagarcía, Ribadumia e están en negociacións con Valga.   O concello cambadés colaborará economicamente, cunha achega de seis mil euros.  




12 de julio de 2013

OS DISCAPACITADOS TAMÉN PODEN NAVEGAR





Un bautismo náutico. É o que protagonizarán persoas con discapacidade usuarias da Asociación Avanzar do Umia-Ulla e da Asociación Anduriña da comarca do Salnés. Embarcarán no veleiro Laion para realizar unha travesía pola ría, onde van aprender nocións básicas sobre a navegación a vela, a realización de nós mariñeiros e tamén, poderán aprender o manexo do temón.
Sairán o domingo 14 e o luns 15 de xullo dende o Club Náutico San Vicente do Mar. Os embarques serán o domingo ás 16:00 horas e o luns ás 11:00 horas, e a travesía pola ría vai ter tres horas de duración.
A navegación do Laion forma parte do Proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) que organiza cada verán a Federación de Asociacións de Persoas con que ten en garda e custodia o veleiro dende o ano 2002, cando a Audiencia Nacional llo requisou ao narcotráfico.
Discapacidade da provincia de A Coruña (COGAMI Coruña), entidade membro de COGAMI e 
O Laion, de 13 metros de eslora, ten capacidade máxima para 9 persoas: 2 tripulantes, 5 participantes con algunha discapacidade e outras 2 persoas acompañantes. A tripulación do Laion está formada por persoas voluntarias que ceden desinteresadamente o seu tempo libre para participar neste proxecto.
A embarcación conta con adaptacións para facer practicable a navegación, como un guindastre instalado na botavara que permite embarcar ás persoas con mobilidade reducida dende o pantalán ata uns backets instalados na bañeira do barco. O control da embarcación conta cun winche eléctrico que se activa a través dun pulsador, permitindo a gobernación do barco a calquera persoa.