Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta FUTBOL BASE CAMBADOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FUTBOL BASE CAMBADOS. Mostrar todas las entradas

2 de marzo de 2018

ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CLINIC DE SEMANA SANTA DA FUNDACIÓN CELTA EN CAMBADOS










Xa é posible inscribirse nos clinics de Semana Santa que cada ano organiza a Fundación Celta de Vigo. Este ano, a actividade amplíase cun variado catálogo de sedes para que os celtistas de diferentes puntos de Galicia poidan gozar dun, dous ou ata tres días de fútbol da man dos adestradores da canteira celeste. O horario será matinal, de 10 a 14 horas, cun tentempié a media mañá. En Vigo preséntase unha atractiva novidade pensada co obxectivo de facilitar o desprazamento dos pais á actividade. Os días 26, 27 e/ou 28 de marzo a Fundación Celta de Vigo celebrará as súas clinics no Campo Federativo de Coia, unhas instalacións de gran calidade e de fácil acceso para as familias. Para participar é necesario acceder á web www.fundacioncelta.rccelta.es. Ademas da sede de Vigo, será posible participar nos clinics das seguintes sedes.


COIA                   FEDERATIVO DE COIA       26, 27 E/OU 28 DE MARZO     INSCRÍBETE AQUÍ
XINZO                 A MOREIRA                       26 E/OU  27 DE MARZO         INSCRÍBETE AQUÍ
CAMBADOS         O POMBAL                        26, 27 E/OU 28 DE MARZO     INSCRÍBETE AQUÍ
CHAPELA             A PARADA                        26, 27 E/OU 28 DE MARZO     INSCRÍBETE AQUÍ
PABELLÓN OURENSE     OS REMEDIOS           26, 27 E/OU 28 DE MARZO     INSCRÍBETE AQUÍ
CACHEIRAS           CACHEIRAS                      27 DE MARZO                        INSCRÍBETE AQUÍ







30 de enero de 2018

RAPACES DA CANTEIRA DO CAMBADOS VISITAN AO CELTA DE VIGO















O pasado sábado 27, a Fundación Celta recibiu na Cidade deportiva da Madroa ao Club Juventud de Cambados, club co que a Fundación traballa cunha escola de asesoramento e unha escola de Tecnificación.
Na visita, xogáronse dous amigables entre o Club Juventud de Cambados, contra os equipos
benxamín e alevín da Canteira Celeste. Ao finalizar o encontro os mozos tiveron a ocasión de ver aos xogadores do primeiro equipo así como ao Presidente D.Carlos Mouriño e o Míster Juan Carlos Unzué.






























2 de septiembre de 2017

O CAMBADOS XUVENIL VENCE EN OURENSE.

















O CJ Cambados Xuvenil participou na recepción oficial no Concello de Ourense onde se desprazou esta mañá para enfrentarse nun partido amistoso co CD Seixalbo  (12:00h). O resultado foi de 2-5 favorable aos amarelos, pero o importante era pasalo ben nesta visita á capital das Burgas.

A xornada inclueu xantar e visita ás termas da cidade das Burgas.





















28 de junio de 2017

SERÁN DEPORTIVO, GASTRONÓMICO E MUSICAL DO C.J. CAMBADOS










Este sábado dia 1 de xullo, o Club Juventud Cambados organiza o seu tradicional serán de final de tempada.
O formato será idéntico ao dos últimos anos. Durante a xornada de mañán, os rapaces do fútbol base disputarán un torneo 3x3. Pola tarde será o turno do torneo 3x3 categoría senior. Así, todos aqueles que queirades inscribir un equipo podedes facelo no teléfono 686338787.
Haberá unha zona gastronómica, onde poderás degustar, entre outras cousas, de churrasco, mexilóns, polbo, etc...
Xa pola noite, diversas actuacións musicais amenizarán o fin de festa.

Estades todos convidados a ir ata ao Pazo Torrado a disfrutar do serán deportivo, gastronómico e musical.

¡Non o dubides e achégate este sábado ata o Pazo Torrado!

Contan con todos para celebrar o fin de tempada do Club Juventud Cambados.
¡¡Anímate a pasar unha gran xornada no Pazo Torrado!!







30 de mayo de 2017

O SÁBADO, TODOS AO POMBAL A ANIMAR AOS INFANTILES DO C.J. DE CAMBADOS









Este vindeiro sábado dia 3 de xuño é o dia.

O Juventud de Cambados de categoría infantil ten ante sí a oportunidade de ascender a Liga Galega. 
Tras a primeira rolda na que venceron ao S.D.C. Arrabaldo de Ourense por un contundente 4 a 1 con goles de Aarón, nunha boa xogada colectiva, Álex (2) o primeiro tras un corner e o segundo con axuda da defensa e Yerai, nun contraataque para sentenciar o partido.

No segundo partido os rapaces do Cambados disputaron o pase a rolda definitiva contra o C.C.A.R. Valadares de Vigo no campo da Lomba de Ponteareas.

O resultado foi de 2 a 0 a favor dos nosos con Diego como goleador por partida doble.

O rival nesta rolda definitiva é o Villa de Marín, que no primeiro partido xogado o domingo pasado en San Pedro venceu por 2 a 1 con dous goles mois discutidos, sobre todo o segundo, pois se produxeron cando un xugador amarelo estaba tirado no chan tras un golpe en cada un deles. O gol do Juventud de Cambados foi materializado por Sergio.
Foi un encontro no que os visitantes perdoaron en exceso e os locáis aproveitáronse das circunstancias para materializar unha victoria inmerecida.
Pero para eso temos o partido de volta e ante o seu público os rapaces tentarán superar aos marinenses.

Agardemos que o apoio da afección consigan o seu sono e facer historia. Hai que suliñar que ao igual que nas competicións sénior, o valor doble dos goles marcados en campo contrario fai que unha victoria por 1 a 0 os clasifique


Moita sorte rapaces!!!!


PÉNJAMO e FARI (Adestradores) e DAVID, VICENTE, SERGIO, ÁLEX, ADRI, RICARDO, AARÓN, VÍCTOR, YERAI, DIEGO, ANXO, MIGUEL, MÍGUEZ, ALBERTO, GABI, XABI e MIGUELÍN.  



LEMBRADE!!! SÁBADO DIA 3 DE XUÑO ÁS 12 DA MAÑÁN NO CAMPO DO POMBAL!!!









19 de mayo de 2017

OS INFANTILES DO CAMBADOS XOGARÁN MAÑÁN PARA ACERCARSE AO ASCENSO














Xornada decisiva para os equipos xuvenís, cadetes e infantís que loitan por ascender

Mañá dispútase unha decisiva xornada das fases de ascenso a Liga Galega nas categorías xuvenil, cadete e infantil. No documento adxunto podedes consultar todos os enfrontamentos da xornada, tanto os correspondentes á Zona Norte como á Zona Sur.

Na Zona Sur, as roldas iniciais das fases de ascenso xóganse a partido único en campo neutral. O pasado sábado 13 de maio disputouse a primeira eliminatoria e mañá terá lugar a segunda coa entrada de novos equipos.

Os escenarios volverán ser os mesmos: Municipal de Meis (Mosteiro) en xuvenís, As Baloutas (Mos) en cadetes e A Lomba (Ponteareas) en infantís.

Os equipos clasificados disputarán as eliminatorias finais a dobre partido os días 27 de maio e 3 de xuño. Dous equipos por categoría serán os ascendidos da Zona Sur a Liga Galega.


Na categoría infantil está inmerso o Juventud de Cambados que rematou a liga en 3ªposición e que a semana pasada pasou a primeira rolda tras vencer ao S.D.C. Arrabaldo de Ourense por un contundente 4 a 1 non exento de emoción posto que non foi ata o final cando se resolveu todo.
Os goles foron materializados por Aarón, nunha boa xogada colectiva, Álex (2) o primeiro tras un corner e o segundo con axuda da defensa e Yerai, nun contraataque para sentenciar o partido.

Mañán a partires das 12:00hrs os rapaces do Cambados disputarán o segundo partido contra o C.C.A.R. Valadares no campo da Lomba de Ponteareas.

Por segundo ano consecutivo os rapaces adestrados por Pénjamo e Fari tratarán de pasar a rolda final que xa sería a doble partido.

Moita sorte rapaces!!!!

PÉNJAMO e FARI (Adestradores) e DAVID, VICENTE, SERGIO, ÁLEX, ADRI, RICARDO, AARÓN, VÍCTOR, YERAI, DIEGO, ANXO, MIGUEL, MÍGUEZ, ALBERTO, GABI, XABI e MIGUELÍN.  









27 de julio de 2016

ASEMBLEA DO FUTBOL BASE DO CAMBADOS TEMP.16-17










ASAMBLEA FÚTBOL BASE Temp. 16/17
SÁBADO 30, 12.00 HORAS
AUDITORIO CAMBADOS


Este sábado 30, as 12.00 horas no Auditorio de Cambados, terá lugar a presentación da tempada 2016/2017 para o noso fútbol base, onde informaremos sobre os adestradores, horarios, normas e demáis novidades desta tempada.
A Asamblea terá carácter aberto e poderá acudir sen compromiso todo aquel interesado/a, tanto se xa forma parte do Club como aqueles pais/nais que queiran incorporar aos seus rapaces nas nosas categorías inferiores.
Desde o Club Juventud de Cambados rogan a vosa presencia a esta asamblea informativa.




5 de julio de 2016

SERÁN MUSICAL E DEPORTIVO EN TORRADO DA BASE DO CAMBADOS










SERÁN CLUB JUVENTUD CAMBADOS
SÁBADO 9 XULLO - PAZO TORRADO

Esta fin de semana, o Club Juventud Cambados organiza o seu tradicional serán de final de tempada.
O formato será idéntico ao dos últimos anos. Durante a xornada de mañán, os rapaces do fútbol base disputarán un torneo 3x3. Pola tarde será o turno do torneo 3x3 categoría senior. Así, todos aqueles que queirades inscribir un equipo podedes facelo no teléfono 686338787.
Ademáis, contaremos cunha zona gastronómica, onde poderás degustar, entre outras cousas, de churrasco, mexilóns, empanadas etc...
Xa pola noite, diversas actuacións musicais amenizarán o fin de festa.
A Agrupación Tradicional Xironsa, xunto con Noite Fechada e DJ Pomboloko porán a nota musical para o final de festa do noso serán que terá lugar este sábado no Pazo Torrado. Actuarán unha vez finalizado o Torneo 3x3, as 20.30, 22.00 e 23.30 horas respectivamente.
Estades todos convidados a vir ata ao Pazo Torrado a disfrutar do noso serán deportivo, gastronómico e musical.
¡Non o dubides e achégate este sábado ata o Pazo Torrado!

Contamos contigo para celebrar o fin de tempada do Club Juventud Cambados.
¡¡Anímate a pasar unha gran xornada con nós no Pazo Torrado!!







20 de mayo de 2016

FASE FINAL PREBENXAMIN DE FÚTBOL EN CAMBADOS







Mañán nas instalacións do Pombal disputaráse a Fase Final categoría Prebenxamín (Zona Sur).

Aquí tedes os cadros dos partidos e os horarios.










13 de mayo de 2016

XA PODES INSCRIBIR AOS TEUS RAPACES NA ESCOLA DE VERÁN DE FÚTBOL








A dirección da Escola Deportiva La Merced  informa de que xa está en marcha a IV Escola de Verán Cambados 2016, abrindo o prazo de inscrición, pódese formalizar a inscrición a través da súa web ou enchendo e entregando a folla de inscrición nos lugares indicados na devandita folla. Adiantar, que contan con moitas novidades nesta IV Edición da Escola de Verán.

https://escoladeportivaamerced.wordpress.com/inscripcion/

Nos próximos días darán máis información.

O Campus de Verán Cambados, dá resposta a unha recorrente demanda, nunha época vacacional con gran cantidade de tempo libre para os nenos e con grandes necesidades de actividade lúdica e formativa.

O enfoque deste campus, unha vez máis apóiase nos piares básicos de todos os proxectos da Escola Deportiva A Merced: Calidade, persoal altamente cualificado e educación en valores a través do deporte. Un cóctel plenamente contrastado que será a estrutura dun campus cargado de diversión, de fútbol e como sempre, de moito entretemento.

Este campus abre as súas portas a todos os nenos e nenas
, que desexen mellorar significativamente no coñecemento e a práctica do fútbol e introducirse na realidade doutros deportes a través do xogo e o traballo cooperativo.


Terá ademais a oportunidade de vivir unha experiencia de convivencia cos seus iguais nun ámbito natural, no que gozarán dunha variada oferta de actividades lúdico-deportivas.





8 de mayo de 2016

NORABOA CAMPIÓNS O CAMBADOS ASCENDE






O C.J. de Cambados necesitaba gañar ou incluso a derrota servíalle para acadar o ascenso a 1ª Rexional, unha categoría que non debería ter perdido nunca.

Pero gañouse para que a festa fose total. 5 a 1 ante o Cruceiro un rival a priori dos complicados da categoría e que nestes momentos anda polo medio da clasificación.

Os goles foron marcados por:

 1-0     Rubén Rial (10')

 2-0   David Rial   (22')

 3-0   Unai Bermúdez  (33')

 4-0   Gabi López  (49')

 4-1    Javier Alonso  (69') 

 5-1     David Rial    (85')





Primeira tempada do equipo encabezado por Matías Fontán como presidente e promeiro éxito, agardando que non sexa o único.
Un equipo xoven con gañas de dar un pulo ao C.J. de Cambados e de metelo na categoría que merece.
Sen cartos pero con entusiasmo ficharon un adestrador con ganas e confeccioaron un plantel no que se mezcla algo de veteranía e moita xuventude apoiados por unha canteira ambiciosa que cumpleu con solvencia cando foron requeridos. Uns xuvenís que acadaron tamén o ascenso na súa categoría.

Sin esquecer o resto da base adestradores e rapaces que acadaron os obxectivos de formarse, aprender e incluso poder mellorar nas súas categorías.
Como por exemplo os infantís inmersos na fase de ascenso a Liga Galega, e xa onte pasaron a primeira rolda.















3 de mayo de 2016

PARTIDO INTERNACIONAL NO POMBAL









A ACADEMIA DE FUTEBOL DE ANGOLA de alevín, que está estes dias en Cambados preparando a sua participación na AROUSA CUP, ten hoxe un dia "axetreado". Pola mañán foron recibidos por membros da Corporación local e ao remate percorreron Cambados no tren turístico. Durante a recepción coas autoridades houbo intercambio de regalos e as fotos de rigor. Despois de comer os xogadores e os técnicos Toni Cortés (Coordinador AFA Angola) e José Luis Garrido (Director AFA Angola) estarán en Arousa Si Radio. Xa pola tarde van disputar un triangular amigable contra o C.J. de Cambados e o Pontevedra C.F.. Os partidos disputaranse a partires das 5 da tarde no Campo do Pombal C.J. Cambados 2- Pontevedra C.F. 2
AFA Angola      9- Pontevedra C.F. 1 

C.J. Cambados 0- AFA Angola 5

Polo tanto o gañador deste triangular 
foi o AFA Angola.


IMAXES DO DIA




















19 de marzo de 2016

FIRMA DO CONVENIO ENTRE O FÚTBOL BASE DO CAMBADOS E A FUNDACIÓN CELTA DE VIGO







Esta mañan, en Exposálnes, tivo lugar a firma do Convenio para a mellora do fútbol base, entre o Club Juventud Cambados e o RC Celta de Vigo.
Asistiron ao acto, Germán Arteta (Director da Fundación Celta de Vigo), Diego Sarabia (Coordinador das Escolas Deportivas do RC Celta), Matías Fontán (Presidente do CJ Cambados) e Jose Hermida (Coordinador do fútbol base).
A firma deste convenio significa un paso adiante tanto no ámbito deportivo como de formación de adestradores. Un acordo cunhas condicións beneficiosas para ambas partes, que se manifesta en apoio presencial na planificación e execución dos adestramentos, sesións formativas, asistencia a torneos, clinics, entre outros.
Así, o fútbol base do Club Juventud Cambados continúa traballando para a mellora dos medios e condicións dos nosos rapaces.

E este luns a
 Funda
ción Celta organiza un clinic para nenos coincidindo coas vacacións escolares,  Vigo, Cambados, Chapela e Dodro son os lugares escollidos para unhas actividades que pretenden «desenvolver e mellorar as capacidades específicas do fútbol, así como potenciar habilidades individuais e fomentar o traballo en equipo», destaca o club.






22 de julio de 2015

ATACAR UN EVENTO DA BASE DO J. de CAMBADOS É ATACAR AOS RAPACES NIN MÁIS NIN MENOS








Hoxe quedei realmente sorprendido ao ver que no facebook se escribía unha mensaxe denunciando que o pasado sábado 18 de xullo, día no que se celebraba un evento organizado polo fútbol base do C.J.Cambados no parque de Torrado para recadar fondos para os máis pequenos deste clube, unha ou varias persoas facían unha chamada a Policía Local para que lle cerrasen a festa, alegando que, este evento, molestaba ós veciños das zonas colindantes.
Faro de Vigo
Debo decir, antes de nada, que dunha maneira ou doutra, estiben ligado a este clube, primeiro sendo xogador nas categorías inferiores dende o ano 1993 ata o ano 2001 e logo como monitor na tempada 2013/2014. Agora mesmo atópome adestrando nun clube pequeno e humilde, o Armenteira C.F. e ademáis formo parte como xogador doutro clube da vila de Cambados, o Beiramar C.F. de Castrelo, polo que se pode decir que o fútbol forma parte da miña vida. Pero debo aclarar que a maior parte da culpa de ser como son e de amar este deporte foi grazas os adestradores e a formación recibida, tanto social como deportiva, durante a miña época no fútbol base do C.J.Cambados e máis tarde no E.F.B.Vilanova.

Hoxe en día teño que vivir coas inxustizas sufridas polos rapaces que practican este deporte xa que, o clube do que formo parte, sófreas día si e día tamén. Como algúns ben saberedes o Armenteira C.F. ven solicitando un campo digno para os rapaces, o cal e denegado continuamente. Pero este non é o caso polo que fago este escrito.

O caso que me leva redactar estas verbas é a denuncia sufrida polos organizadores do evento. Non podo quedarme calado ante este desprecio. Esta denuncia, na miña opinión, véxoa como un ataque político máis que contra o evento en si. Pero o denunciante non se dá conta que o dano non llo fai nin o axuntamento nin a ningún partido político, se non a todos os rapaces que, con ilusión e esforzo, practican este deporte que tanto lles gusta.
No ano 2010 a selección española de fútbol gañou, por primeira vez na historia, un mundial de fútbol, o celebrado en Sudáfrica. Petardos, bombas, automóviles pitando, xente cantando polas rúas, en fin, unha ledicia xeral. Pero isto non molestaba, ¿non? Algún dirá, “¿e iso que ten que ver?” Pois ten que ver en que, todos eses xogadores que foron campións do mundo anteriormente formaron parte do fútbol base dalgún clube. Todos os xogadores que forman parte dalgún clube importante antes tiveron que formarse para ser o que hoxe en día son. Se lle hubesen posto trabas ós clubes que os formaron non chegarían a donde chegaron. ¿Por que hai que facelo entón co fútbol base do C.J.Cambados?
Só quero pedir, que antes de levar a cabo un acto, como a denuncia de este evento, razoemos no dano que podemos estar causando, e a quen llo estamos causando, e non só as razóns que nos levan a poñer a demanda.
Eu continuarei defendendo o deporte base, sexa a disciplina que sexa, e defendereino moito máis que o profesional, debido a que unha casa contrúese pola cementación e non polo tellado.
Sen máis, e agardando que este escrito non lle pareza mal a nadie, despídome cunha forte apreta.


“Viva o C.J.Cambados”, e se me permitides “Aupa Armenteira C.F.” e “Arriba Beiramar”


Firmado:

“Tilín” Estévez








29 de mayo de 2015

3ª EDICIÓN DO CAMPUS DE VERÁN CAMBADOS 2015







O Campus de Verán Cambados 2015, dá resposta a unha recorrente demanda, nunha época vacacional con gran cantidade de tempo libre para os nenos e con grandes necesidades de actividade lúdica e formativa.

O enfoque deste campus, unha vez máis apóiase nos piares básicos de todos os proxectos da Escola Deportiva A Merced: Calidade, persoal altamente cualificado e educación en valores a través do deporte. Un cóctel plenamente contrastado que será a estrutura dun campus cargado de diversión, de fútbol e como sempre, de moito entretemento.

Este campus abre as súas portas a todos os nenos e nenas nacidos entre os anos 2000 e 2010

(ambos os dous inclusive), que desexen mellorar significativamente no coñecemento e a práctica do fútbol e introducirse na realidade doutros deportes a través do xogo e o traballo cooperativo.

Terá ademais a oportunidade de vivir unha experiencia de convivencia cos seus iguais nun ámbito natural, no que gozarán dunha variada oferta de actividades lúdico-deportivas.

A escola de Verán Cambados 2015 desenvolverase dende o día 1 de Xullo ata o 31 de Agosto de 2015, ambos os dous inclusive nas instalacións do Complexo Deportivo do Pombal.

Pode formalizar a súa inscrición no seguinte  enlace:  www.escoladeportivaamerced.wordpress.com/inscripcion/





18 de abril de 2015

PAIS E TITORES DOS RAPACES DA BASE DO CAMBADOS EN PE DE GUERRA








Un grupo de pais de xogadores da base do Cambados está pensando en mobilizarse si as obras de remodelación do chamado Campo 1 continúan adiante sin antes arranxar as deficiencias que ten e que foron uns dos motivos polos que se produce esta remodelación. 

Hai semanas os socialistas xa constataran as suas queixas a través dunha nota de prensa. A cousa sigue indo a peor e para mostra as imaxes que adxuntamos.
Postos en contacto con varios pais esta mañán confirmaron o seu malestar polo que consideran unha tomadura de pelo cara aos cambadeses.



A primeira vez que este campo foi feito xa pasara o mesmo e ninguén fixo caso as reclamacións.
Agora tanto o Concello coma a Deputación deberían tomar cartas no asunto i esixir a empresa constructora que execute as obras como se teñen que facer. Que a proximidade das eleccións non faga que os rapaces e rapazas de Cambados e arredores teñan que sufrir penurias por un campo de fútbol mal feito e o que é peor, parece feito adrede.