
Un grupo de pais de xogadores da base do Cambados está pensando en mobilizarse si as obras de remodelación do chamado Campo 1 continúan adiante sin antes arranxar as deficiencias que ten e que foron uns dos motivos polos que se produce esta remodelación.


Hai semanas os socialistas xa constataran as suas queixas a través dunha nota de prensa. A cousa sigue indo a peor e para mostra as imaxes que adxuntamos.Postos en contacto con varios pais esta mañán confirmaron o seu malestar polo que consideran unha tomadura de pelo cara aos cambadeses.
A primeira vez que este campo foi feito xa pasara o mesmo e ninguén fixo caso as reclamacións.
Agora tanto o Concello coma a Deputación deberían tomar cartas no asunto i esixir a empresa constructora que execute as obras como se teñen que facer. Que a proximidade das eleccións non faga que os rapaces e rapazas de Cambados e arredores teñan que sufrir penurias por un campo de fútbol mal feito e o que é peor, parece feito adrede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.