Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta FGCN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FGCN. Mostrar todas las entradas
26 de junio de 2017
ACTO EN CAMBADOS "PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA"
O presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN), Manuel Couceiro, dixo hoxe que a comunidade autónoma "segue sendo o destino favorito" da entrada de droga en Europa.
Durante o acto "Panos Brancos contra a Droga", que este ano coincidiu co "Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas", Couceiro recalcou que no últimos seis meses foron intervidas 11 toneladas de cocaína, "unha cifra insoportable que mostra a magnitude do problema".
Couceiro e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, reclamaron como solución "unha maior sensibilización da sociedade e máis políticas decididas" de prevención e educación para a saúde.
O presidente da FGCN recalcou que "aínda queda moito traballo por facer", e que hai que continuar a loita e a prevención desde a infancia.
Ao acto asistiron a deputada provincial de Cohesión Social, Digna Rivas, o director xeral de Emerxencias da Xunta, Luís Menor, e a vicepresidenta da Fundación Internacional Baltasar Garzón, María Carmen Durán.
Posteriormente, os nenos que participan no campamento A Pastora de Cambados realizaron a solta de globos brancos e todos os presentes procederon á firma da bandeira branca onde deixaron por escrito o seu rexeitamento contra o tráfico de drogas.
Imaxe SERtv
