Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CURSOS DE VERÁN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSOS DE VERÁN. Mostrar todas las entradas

3 de junio de 2016

"XVIII CURSO DE INICIACIÓN Á VELA LIXEIRA" EN CAMBADOS











A Concellería de Deportes do Concello de Cambados informa que, o vindeiro martes 7 de xuño de 2016, abriranse as inscripcións para os interesados/as en asistir ao “XVIII Curso de Iniciación á Vela Lixeira” que terá lugar no Peirao de Tragove entre os días 11 e 15 de xullo. O número de prazas será de 40 e a inscrición estará aberta ata agotalas por riguroso orde na oficina do Dinamizador Deportivo sita no Edificio Multiusos de A Merced, Avenida da Coruña, segundo piso, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

O material que se utilizará será o seguinte:
5 barcos denominados “Topaz” (sustitúen ó “vaurianne”, e son embarcacións de un ou dous triulantes de tódalas idades, idóneos para os primeiros contactos co mundo da vela, moi fácil e sencillos, así como divertidos á hora de navegar).
5 barcos denominados  “Optimist” (embarcacións idóneas para a iniciación da vela infantil).
5 tablas de windsurf (montan aparellos grandes e pequenos e están adaptadas tanto para adulto como para neno).
2 lanchas neumáticas con motor foraborda e chalecos salvavidas para tódolos participantes.

O curso será de vinte horas de duración, do luns 11 de xullo ao venres 15 de xullo, ambos inclusive, co horario seguinte: de 10:00 a 14.00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 pola tarde. Todo baixo a estricta supervisión e dirección de persoal titulado e especializado en vela da Federación Galega de Vela.

O prezo será de 16 € por alumno e inclúe, ademáis do custe do curso, a licenza e seguro federativo obligatorio e está destinado a nenos/as que saiban nadar a partir de oito anos ata adultos.








22 de julio de 2015

CURSO DA USC "ARTE, HISTORIA, XEOGRAFÍA E CULTURA NA COMARCA DO SALNÉS"








A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, recibeu esta tarde ao grupo de alumnos que forma a segunda edición do curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela "Arte, Historia, Xeografía e Cultura na comarca do Salnés" no seu paso pola nosa vila.
Os alumnos e profesores deste curso adicaron a tarde de hoxe a visitar puntos da nosa vila como a Torre de San Sadurniño ou as Ruínas se Santa Mariña, descubrindo a gran riqueza monumental da zona non so dun xeito paisaxístico senón tamén académico.










14 de julio de 2015

COMEZA NO MUSEO DO VIÑO O CURSO “ENOTURISMO: CONSOLIDACIÓN E MARKETING”





O Museo do Viño de Cambados acolle durante tres días este novo curso da UNED, o cal forma parte dos cursos temáticos que se celebran anualmente en dito museo. Ademáis da UNED, colaboran neste curso a Rede de Museos de Cambados, o Concello e a Ruta do Viño Rías Baixas.
O curso foi inaugurado este martes pola alcaldesa Fátima Abal, o concelleiro de Enoturismo José Ramón Abal, a secretaria da UNED en Pontevedra María Penado e a secretaria xeral de RECEVIN Carmen Ribes, ademáis de Alberto Ramos (director da Unidade Histórica de Estudos do Viño da Universidade de Cádiz) e Óscar Rodil (profesor de Economía Aplicada da USC), encargados de dar comezo ao curso.
Os alumnos poderán analizar durante estes tres días diferentes propostas de territorios tan diversos como Andalucía ou Portugal, ademáis de recibir formación tanto teórica como práctica, e percorrerán a Ruta do Viño Rías Baixas a través dunha visita guiada.
Este evento súmase a outros como a clausura do pasado Congreso Internacional de Enoturismo, a través dos cales Cambados busca consolidarse como un dos referentes internacionais dentro da cultura do viño.




17 de junio de 2014

CURSOS DA UIMP NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA









Enoloxía e literatura únense na primeira das actividades académicas que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo vai desenvolver este ano na provincia de Pontevedra en colaboración coa Deputación. 
Trátase do curso Cunqueiro, Cambados e o Viño, que abrirá o programa de actividades o vindeiro 8 de xullo no Museo Etnográfico do Viño e que se centrará na relación do escritor co mundo do viño e a súa influencia na historia da gastronomía, así como o papel que desenvolveu e desenvolve o escritor e a enoloxía na promoción e difusión de Cambados e a provincia de Pontevedra.
Así o puxeron de manifesto esta mañá a deputada provincial Ana Isabel Vázquez e o director da UIMP en Galicia, Domingo Bello Janeiro, na rolda de prensa de presentación do programa inicial de actividades deste ano.
Un programa no que se segue a traballar e co que, segundo indicou Ana Isabel Vázquez, se busca afondar na difusión e coñecemento "da nosa cultura, das nosas formas de vida", ao tempo que se contribúe a impulsar a formación da cidadanía e á dinamización social.
Achegar os cursos ós cidadáns
Con este obxectivo, a UIMP e a Deputación de Pontevedra apostan un ano máis pola descentralización da oferta formativa, achegándoa o máis posible aos cidadáns, e por adaptar o máximo posible os temas que se tratan en cada zona ao contorno e aos intereses da localidade.
Ademais, como novidade nesta edición, a actividade formativa non se limitará ao período estival, senón que se prolongará ata mediados do mes de novembro.

O último dos cursos que xa está programado desenvolverase no Concello de Lalín e abordará o Tratamento Urbanístico do Espazo Rural en Galicia. Trátase, segundo destacou Bello Janeiro, de aproveitar que nesas datas se calcula que xa estará aprobada a nova lei do solo, para ofrecer "unha visión ampla e integral dos retos e oportunidades que presenta a nova lei para o desenvolvemento do medio rural".
Baixo a dirección de Román Rodríguez, profesor titular de Análise Xeográfica Rexional da USC, abordaranse as novidades normativas da lexislación, o papel dos concellos na ordenación urbanística, a construción do espazo rural etc. da man de técnicos administrativos, profesores universitarios e especialistas en urbanismo de recoñecido prestixio.
Relacións laborais
Do 28 ao 30 de outubro, será Vigo a cidade que acolla o encontro Cuestións Actuais en Materia de Relacións Laborais. Principais Novidades Normativas e Xurisprudenciais, no que se repasarán aspectos como a negociación colectiva, a flexibilidade laboral, a xubilación e outros aspectos do mercado de traballo de plena actualidade nestes momentos.
Trátase, segundo indicou Bello Janeiro, de facer un repaso de todos os aspectos controvertidos das relacións laborais, con especial atención a aqueles que rexistraron cambios normativos nos últimos anos.
Actualización do pensamento de Castelao
Finalmente, do 16 ao 18 de setembro, terá lugar na Estrada o encontro Castelao. Nova Interpretación do seu Pensamento no que se defende a plena vixencia do pensamento do ilustre galeguista aplicado á realidade actual.
Baixo a dirección do presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella Villar, abordaranse temas como Os setenta anos de "Sempre en Galiza", Castelao e a Política, Que nos queda de Castelao? ou Castelao e o home galego, entre outros temas.


10 de junio de 2013

OS CURSOS DE VERÁN SERVEN DE BASE PARA UN FUTURO LIBRO SOBRE A HISTORIA DE CAMBADOS






Este ano a UIMP afondará nas costumes e tradicións cambadesas
O alcalde, Luis Aragunde, xunto coa deputada provincial Begoña Estévez, emais a directora dos museos cambadeses, Rocío Acha Barral, presentaron a nova edición do curso de verán da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), que este ano versará sobre “Etnografía e Antropoloxía: Costumes e tradicións cambadesas”. Vaise celebrar os días 9 e 10 de xullo centrándose nos eidos da etnografía e antropoloxía.

O alcalde anunciou que dende o Concello vaise impulsar a publicación dun gran volume sobre a historia de Cambados, en gran medida baseado nos traballos que se vaian compilando nestes cursos universitarios. O ano anterior o encontro titulouse “Cambados na Historia”, e preténdese continuar afondando en aspectos que atinxen a aspectos históricos, arte e cultura do noso municipio para, nun prazo aproximado de cinco anos, poder acumular material abondo facilitador dese volume monográfico que recollería dende a prehistoria ata a idade contemporánea de Cambados. 
 
Os expertos participantes neste encontro universitario de xullo partirán dunha ponencia marco que se titula “Antropoloxía e Etnografía en Cambados”, presentada por Xoan Ramón Mariño Ferro, profesor da facultade de Filosofía da Universidade de Compostela, para continuar disertando e debatindo sobre romarías, música tradicional, xogos tradicionais, así como contos, lendas e fraseoloxía, entre outros aspectos. 
 
Programa oficial
Na primeira xornada, do 9 de xullo, o escritor e catedrático de Xeografía e Historia, Xosé María Lema Suárez, presentará unha ponencia sobre Etnografía e Antropoloxía dos Cruceiros. O antropólogo e secretario do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez, disertará sobre Festas e Romarías como rituais, mentres que o arqueólogo e antropólogo Francisco Calo Lourido falará sobre A Cultura do Mar e A Cultura da Terra. 
 
Na segunda xornada, o 10 de xullo, abrirá o turno de intervencións Pablo Carpintero Arias, profesor de Bioquímica da USC, ademais de etnomusicólogo e artesán de instrumentos tradicionais, que exporá a ponencia Instrumentos musicais tradicionais e música popular nas Rías Baixas.
 
A mediodía o tema serán Os Xogos tradicionais explicados por Paco Veiga, profesor de Lingua e Literatura Galega e membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Profesional. A última actividade da mañá será a visita a igrexa de Fefiñáns e mais á Romaría de San Benito.
 
Na sesión da tarde, antes da clausura, será o turno de María Camiño Noia Campos, profesora de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, que exporá a ponencia A Cultura de tradición oral: contos, lendas e fraseoloxía. O acto de clausura do curso está prevista para as 18.30 horas
 
No transcurso da presentación celebrada hoxe espuxéronse tamén as actas do primeiro curso desenvolvido pola UIMP en Cambados, que levara por título “Asorey e a Creación Artística do Século XX”, e que inclúe tamén un vídeo sobre o escultor da Raza.