Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de junio de 2013

OS CURSOS DE VERÁN SERVEN DE BASE PARA UN FUTURO LIBRO SOBRE A HISTORIA DE CAMBADOS






Este ano a UIMP afondará nas costumes e tradicións cambadesas
O alcalde, Luis Aragunde, xunto coa deputada provincial Begoña Estévez, emais a directora dos museos cambadeses, Rocío Acha Barral, presentaron a nova edición do curso de verán da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), que este ano versará sobre “Etnografía e Antropoloxía: Costumes e tradicións cambadesas”. Vaise celebrar os días 9 e 10 de xullo centrándose nos eidos da etnografía e antropoloxía.

O alcalde anunciou que dende o Concello vaise impulsar a publicación dun gran volume sobre a historia de Cambados, en gran medida baseado nos traballos que se vaian compilando nestes cursos universitarios. O ano anterior o encontro titulouse “Cambados na Historia”, e preténdese continuar afondando en aspectos que atinxen a aspectos históricos, arte e cultura do noso municipio para, nun prazo aproximado de cinco anos, poder acumular material abondo facilitador dese volume monográfico que recollería dende a prehistoria ata a idade contemporánea de Cambados. 
 
Os expertos participantes neste encontro universitario de xullo partirán dunha ponencia marco que se titula “Antropoloxía e Etnografía en Cambados”, presentada por Xoan Ramón Mariño Ferro, profesor da facultade de Filosofía da Universidade de Compostela, para continuar disertando e debatindo sobre romarías, música tradicional, xogos tradicionais, así como contos, lendas e fraseoloxía, entre outros aspectos. 
 
Programa oficial
Na primeira xornada, do 9 de xullo, o escritor e catedrático de Xeografía e Historia, Xosé María Lema Suárez, presentará unha ponencia sobre Etnografía e Antropoloxía dos Cruceiros. O antropólogo e secretario do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez, disertará sobre Festas e Romarías como rituais, mentres que o arqueólogo e antropólogo Francisco Calo Lourido falará sobre A Cultura do Mar e A Cultura da Terra. 
 
Na segunda xornada, o 10 de xullo, abrirá o turno de intervencións Pablo Carpintero Arias, profesor de Bioquímica da USC, ademais de etnomusicólogo e artesán de instrumentos tradicionais, que exporá a ponencia Instrumentos musicais tradicionais e música popular nas Rías Baixas.
 
A mediodía o tema serán Os Xogos tradicionais explicados por Paco Veiga, profesor de Lingua e Literatura Galega e membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Profesional. A última actividade da mañá será a visita a igrexa de Fefiñáns e mais á Romaría de San Benito.
 
Na sesión da tarde, antes da clausura, será o turno de María Camiño Noia Campos, profesora de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, que exporá a ponencia A Cultura de tradición oral: contos, lendas e fraseoloxía. O acto de clausura do curso está prevista para as 18.30 horas
 
No transcurso da presentación celebrada hoxe espuxéronse tamén as actas do primeiro curso desenvolvido pola UIMP en Cambados, que levara por título “Asorey e a Creación Artística do Século XX”, e que inclúe tamén un vídeo sobre o escultor da Raza.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.