Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CAMBADOS CCA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CAMBADOS CCA. Mostrar todas las entradas

8 de enero de 2016

AGRACIADOS NO SORTEO DE 1.200 € EN VALES COMPRA NADAL 2015







Hoxe venres 8 de xaneiro tivo lugar no Salon de Plenos do Concello de Cambados o sorteo dos VALES COMPRA valorados en 1.200 € dentro da Campaña do Nadal 2015 organizada por Cambados Zona Centro. Ao mesmo asistiron D. Xurxo Charlin, concelleiro de Economía e Facenda, D. Victor Caamaño, concelleiro de Cultura e Deporte, Tino Cordal, concelleiro de Asuntos Sociais e D. Bruno Somoza, secretario de Cambados Zona Centro.

Os gañadores foron:
VALE de 500 €: Dna. Mª Rosa Padin Rodriguez que fixo a súa compra en Acurrucate.
VALE de 300 €: D. Ramiro Agra Mougán que fixo a súa compra en Joieria Enrique.
VALE de 200 €: Dna. Carlota Trigo Serantes que fixo a súa compra en Mi Trocito del Pastel.
VALE de 100 €: Dna. Auxi Leal que fixo a súa compra en Perruqueria Diamond.
VALE de 100 €: Dna. Esther Padin Vidal que fixo a súa compra en Classic Complementos.

Noraboa a tod@s ¡¡¡¡¡



28 de octubre de 2015

MERCADO DAS FLORES E APERTURA DE COMERCIOS O DOMINGO









Hoxe mércores da comezo o tradicional mercado das flores que se celebra con motivo do Día de Difuntos. Como novidade este ano, o mercado pasa a celebrarse no Salón José Peña,  unha ubicaciónn que non conta coa aprobación de todos os vendedores e onde pemanecerá  ata o vindeiro domingo 1 de novembro.

Recordámosvos tamén que o próximo domingo 1 de novembro os establecementos comerciais poderán permanecer
abertos ao público.





15 de agosto de 2015

EXITO NA ESTREA DA FEIRA DE OPORTUNIDADES







A feira de Oportunidades que durante esta fin de semana organiza a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro arrancou onte cun notable éxito de asistencia. Os stands do paseo da Calzada ateigáronse de xente que veu visitar e mercar en ditos establecementos.
Esta Feira é unha das actividades que durante esta fin de semana haberá en Cambados, ademáis do concerto que se celebra esta noite na praza do Concello, a prol de Esperanza Salnés, no que actuarán os grupos Modestia Aparte e A Cámara Lenta.
Ademáis, o parque das palmeiras acolle tamén esta fin de semana unha feira de antigüidades. O sábado 15 o campo municipal de Burgáns acolle o trofeo Vila de Cambados, entre o C.J. Cambados e o Vilalonga F.C. , que se disputará ás 19:00h.
Tamén se celebra nesta fin de semana a festividade de San Roque, que durante o sábado e o domingo amenizarán a nosa vila cos pasarrúas de papamoscas e cabezudos, ademáis das verbenas ámbolos dous días. O domingo, día grande desta festividade, celebraránse os actos relixiosos.






10 de agosto de 2015

FIN DE SEMANA SOLIDARIO, DE FESTA E REBAIXAS





Xunto coa Feira de Oportunidades e a Festa de San Roque que se celebrarán en Cambados na vindeira fin de semán  o venres pola noite un concerto solidario co que colabora o Concello a beneficio de Esperanza Salnés, un colectivo que axuda a nenos con minusvalidez e que padece de forma estrutural un grave problema económico que de non ser polo apoio dalgunhas administracións estaráse a falar da súa disolución.
Os grupos Modestia Aparte e A Cámara Lenta. Será as 22 horas, na Praza  do Concello, con  entrada gratuíta pero poñeranse á venda ao prezo dun euro unhas rifas coas que se poderá entrar no sorteo de 200 euros en vales de compra. O premio concédeo a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro. Ademais, sortearanse artigos cedidos por comerciantes de forma desinteresada.
No Concello explican que a súa intención de cara ao futuro é incrementar a axuda municipal a Esperanza Salnés, e que o concerto do venres pola noite servirá tamén para darlle lustre a outro fin de semana especial na vila. 

 A comisión de festas de San Roque de Cambados estrea este ano nova directiva, e volven a celebrarse dous días de festa, así o sábado 15 de Agosto haberá
Alborada a cargo do grupo de gaitas “Os Cruceiros” de Vilalonga e Con de Xido de Castrelo, acompañados de papamoscas e cabezudos e a partir das 22 horas , verbena coa actuación de Nueva Era e de Caché. Xa o domingo 16, festividade do Santo, pola mañá alborada a cargo da Asociación Músico cultural de Ribadumia e dos grupos de gaitas os Cruceiros de Vilalonga e Con de Xido de Castrelo, seguidos de papamoscas e cabezudos, diversos actos litúrxicos  e pola noite gran verbena amenizada  pola orquestra Gran Casino.




9 de agosto de 2015

PRESENTADA A FEIRA DE OPORTUNIDADES DA VINDEIRA SEMANA





Zona Centro presentou a Feira de Oportunidades 2015 que servirá para que o comercio local poña a venda as últimas unidades do seu stock a uns prezos inmellorables os vindeiros 14, 15 e 16 de agosto. Á presentación contou coa presencia de Juan Rey, presidente de Zona Centro, Xurxo Charlín e Constantino Cordal, concelleiros do Concello de Cambados, e Augusto Chaves, xerente da asociación Esperanza Salnés.

FEIRA DE OPORTUNIDADES 2015

- Lugar de realización: Paseo da Calzada s/n – Cambados.

- Data de realización: días 14, 15, e 16 de agosto de 2015. 

- Horario: Ininterrompido de 11:00 a 23:00 horas

- Dimensión total da feira: 1.000 m2.

- Destinado a exposición: 400 m2.

-  Número e dimensión dos postos: 42 postos de 3x3 metros repartidos en 13 ocos de 1 módulo, 9 ocos de 2 módulos, 2 ocos de 3 módulos, e 1 oco de 5 módulos.

- Número de expositores: 28 expositores, dos cales 20 son de Cambados e 8 forános (1 de O Grove, 1 de Portonovo, 1 de Ribadumia, 2 de Vilanova de Arousa, 1 de Vilagarcía de Arousa, 1 de Boiro, 1 de Lalín)

- Sector comercial e produtos: Téxtil, calzado, deporte, e decoración.



16 de julio de 2015

CAMBADOS ZONA CENTRO PRESENTA O CONCURSO DE CAMISETAS






A asociación Zona Centro de Cambados premiará un ano máis á peña que, segundo o xurado, mellor defina nas súas camisetas o espíritu da Festa do Albariño.
O colectivo de comerciantes presentou esta mañá o xa tradicional concurso de camisetas do Albariño, que, un ano máis, volve repartir 600 euros en vales compra.
Un xurado formado por membros da Asociación de comerciantes e do Concello elexirán a camiseta gañadora, e a dous finalistas.
O primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro de 100.
O prazo de presentación dos deseños é ata o 31 de xullo e os interesados en inscribirse deberán presentar un exemplar da camiseta e cubrir unha ficha cos datos dun membro da peña nas oficinas de Zona Centro, na rúa Ourense nº8, de 9 a 14 horas.

A XIX edición do que é xa todo un clásico da Festa do Albariño foi presentada esta mañá no Concello de Cambados polo presidente da Asociación Zona Aberta, Juan Rey, e os Concelleiros José Ramón Abal e Xurxo Charlín.
O portavoz do goberno local, Xurxo Charlín, destacaba a disposición do novo executivo para colaborar con Zona Centro en todo aquelo que precise o colectivo, porque entende “que dada a situación económica o concello debe apoiar a todos os sectores productivos de Cambados e igual que se fai co sector do mar se debe estar tamén o carón dos comerciantes”.

Asimesmo, tamén desvelaba o portavoz do goberno local que este ano non haberá “Raíña das Festas do Albariño”, e probablemente en anos posteriores tampouco. Considera o novo equipo de goberno que “se hai raiña tamén ten que haber rei”
Pola súa banda, o presidente de Zona Centro aproveituou a ocasión para anunciar que este ano se volverá a celebrar a Feira de Oportunidades, que os días 14, 15 e 16 de agosto.


INFO: AROUSA SI RADIO


5 de junio de 2015

ZONA CENTRO ENTREGA OS PREMIOS DO CONCURSO DE PINCHOS





Hoxe tivo lugar a entrega dos premios ós establecementos gañadores do concurso de pinchos que se levou a cabo o pasado fin de semana en Cambados.
O establecemento gañador nesta edición foi o Ribeira de Fefiñáns co "Chipirón con Tempura Negra e Alioli de Lima". O segundo posto foi para A Casa de Miguel coa súa "Tosta de Secreto Ibérico con Setas en Reducción de Trufas", e o terceiro posto foi para a Taberna do Trasno co "Tomate Asado con Tetilla".
Do mesmo xeito tamén se sortearon os premios para os clientes que deron percorrido tódolos establecementos participantes. Os vales compra de 25 euros foron para:
  • Moisés López Gil Otero
  • Juan Pan
  • Marta Otero Pitos
  • Nuria Bea Abal
  • Helena Alvarez Baúlo
  • Juan Rey Rodríguez
  • Oscar Vazquez Ruibal
  • Elisardo Abal Lago.
Pola súa parte a cesta de productos gourmet, cortesía da empresa de productos alimenticios Disalsa, recaeu en Ramón Paz.



8 de mayo de 2015

PREMIADOS NO SORTEO DA CAMPAÑA DO DIA DA NAI







No dia de hoxe levouse a cabo o sorteo da Campaña do Dia da Nai 2015 da asociación Cambados Zona Centro, que nesta edición consisteu no sorteo de 500 euros, repartidos en 10 vales de 50 euros cada un deles. O sorteo celebrouse coa presenza do presidente da asociación Cambados Zona Centro,  Juan Rey, e do Teniente Alcalde do Concello de Cambados Antonio Iglesias Pombo.
A relación de premiados (e o comercio na que realizaron a súa compra), é a seguinte:
Pilar Baúlo- Classic Complementos
Conchi Trigo- Establecimientos Otero
Teresa Villanueva- Dream
Mª Carmen Piñeiro- Eroski Center
Dorinda Lorenzo- Baluma Travel
Estefanía Prieto- B´a la Moda
Jose Benigno Charlín- Electrosalnés
Rosa Prado- Capricci
Enma Riveiro- Laralarita
Chelo Galiñanes- D´Mercedes



14 de abril de 2015

CAMBADOS ZONA CENTRO PRESENTA A CAMPAÑA DO DIA DA NAI






A asociación Cambados Zona Centro realizou a presentación da Campaña do dia do Nai, que con motivo da celebración de dito día se vai a levar a cabo nos diferentes establecementos asociados. O acto estivo presidido polo presidente da Asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, e contou coa presenza do Tenente Alcalde do Concello de Cambados don Antonio Pombo, e do Director da entidade La Caixa en Cambados, don Jose Malvido Fariña.
A Campaña consiste no sorteo, entre quenes realicen as suas compras, con motivo da celebración do día da Nai, nos establecementos asociados, ata o 3  de maio de: 500 euros en vales compra, repartidos en 10 premios de 50 euros cada un deles.
Para participar, os clientes dos establecementos asociados deberán cubrir co seu nome e teléfono de contacto os boletos de participación que lles serán entregado ó realizar as súas compras.
O sorteo realizarase o venres 8 de maioo no salón de plenos do Concello de Cambados.



29 de marzo de 2015

PREMIADOS NA CAMPAÑA DO DIA DO PAI






No dia de hoxe levouse a cabo o sorteo da Campaña do Dia do Pai 2015 que nesta edición estaba dotado con 500 euros, repartidos en 10 vales de 50 euros cada un.
O sorteo celebrouse coa presenza do vicepresidente da asociación Miguel Solla Monteagudo, e do Teniente Alcalde do Concello de Cambados Antonio Pombo.
Premiados
  1. María Isabel Grilo Martínez --------- -El Armario de Noa
  2. Dalia Arias --------------------------- -Peluquería Nuevo Estilo
  3. Joaquín Reboredo ---------- ----------Seguros Juan Rey
  4. Loli Leiros -----------------------------Capricci
  5. Gema Salgado González -------------Laralarita
  6. Isabel Cordal -------------------------Calzados Losada
  7. Marta Serantes -----------------------Joyería Villar
  8. Dorotea Otero ------------------------Confitería Montse
  9. Vanesa Rodríguez --------------------El Baúl de Sara
  10. Alfonso Lobato Macías ----------------Eroski Center 



6 de marzo de 2015

CAMPAÑA CONXUNTA DOS COMERCIANTES E A PISCINA MUNICIPAL






A asociación Cambados Zona Centro realizou a presentación dunha campaña de colaboración posta en marcha coa Piscina Municipal. O acto estivo presidido polo presidente da Asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, e contou coa presenza do Teniente Alcalde do Concello de Cambados
 Antonio Iglesias Pombo, e do Director da entidade La Caixa en Cambados, don Jose Malvido Fariña.
A Campaña consiste, no reparto durante o mes de marzo, entre quenes realicen as suas compras no comercio asociado, de entradas para a piscina municipal.
A Empresa xestionaria da piscina aportará 5 euros a un bote por cada entrada que se use, de feito que garante ó menos un bote mínimo de 500 euros, que se sorteará en forma de vales compra o vindeiro 17 de maio.
Ademáis os novos abonados recibirán un vale compra por importe de 30 euros para mecar nos establecementos asociados.



4 de marzo de 2015

PRESENTADA A CAMPAÑA DO DIA DO PAI DO CO,ERCIO CAMBADÉS






A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha a Campaña do dia do Pai.
Os comerciantes cambadeses sortearán este ano 500 euros entre os clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados, dende hoxe e ata o 19 de marzo.
Os vales compra estarán repartidos en 10 premios de 50 euros cada un.

Para participar, os clientes tan só deberán cubrir co seu nome e teléfono de contacto os boletos de participación que lles serán entregados ó realizar as súas compras.
O sorteo realizarase o venres 27 de marzo no salón de plenos do Concello de Cambados.




4 de febrero de 2015

PRESENTADA A CAMPAÑA DOS NAMORADOS DO COMERCIO CAMBADÉS






Zona Centro presentou hoxe a campaña do Día dos Namorados 2015 que ten como obxetivo potenciar as redes sociais da asociación.
Para elo, o funcionamento desta campaña é moi sinxelo: os clientes que queiran participar e optar a gañar un fin de semana para dúas persoas no Parador de Cambados, tan só teñen que publicar no muro de Facebook  da asociación, (“cambadoscca” “www.facebook.es/cambadoszonacentro”) unha foto, cunha temática relacionada co Día dos Namorados. Aquela foto que obteña mais “me gusta” ata o día 20 de febreiro, será a gañadora do premio.
Para aqueles que prefiran o correo electrónico, tamén poderán enviar a foto a cambadoszonacentro@hotmail.com , encargándose a asociación de publicala.
Adicionalmente, se na foto gañadora 
aparece unha referencia clara a un establecemento asociado, (ben porque se fixo no interior do local, ben porque se ve o seu rótulo, os fotografados aparecen cunha bolsa rotulada do establecemento, etc) esta establecemento será premiado cunha campaña publicitaria, da que poderán ser imaxe, sempre que o desexen, os gañadores da campaña.
A Campaña foi presentada polo secretario da Asociación Cambados Zona Centro, Bruno Somoza, e polo teniente alcalde do Concello de Cambados, Antonio Pombo.



14 de enero de 2015

ENTREGA DE PREMIOS DE CAMBADOS CCA




Hoxe fixéronse entrega dos premios da cmapaña de Nadal de Cambados CCA.

- Vale de 600 euros: 

para Lourdes Pazos Diz 

de Cambados pola sua 

compra en Copistar.

- Vale de 300 euros: para a Cafetería Escorial 

de Portas, grazas a facer os seus 


pedidos en Lejias Mary.


- Vale de 200 euros: Concha Prado de 

Cambados pola súa compra en Zapatos Lara.

- Vale de 100 euros: para Mª José Padín 

Vieites polas súas compras en Kaau´s.


9 de enero de 2015

PREMIADOS SORTEO CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DE CAMBADOS












Xa hai gañadores dos 1.200 euros en premios da
Campaña de Nadal de Cambados Zona Centro
- Vale de 600 euros: para Lourdes Pazos Diz de Cambados pola sua compra en Copistar.
- Vale de 300 euros: para a Cafetería Escorial de Portas, grazas a facer os seus pedidos en Lejias Mary.
- Vale de 200 euros: Concha Prado de Cambados pola súa compra en Zapatos Lara.
- Vale de 100 euros: para Mª José Padín Vieites polas súas compras en Kaau´s.






18 de diciembre de 2014

A TENDA DE MODA "COQUETA" COMERCIO FAVORITO DOS CAMBADESES





A tenda de moda Coqueta foi escollida como o comercio favorito dos participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de novembro nos establecementos asociados ao CCA de Cambados.

Este establecemento especializado en roupa e complementos de muller foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que foi a encargada xunto con responsables do CCA de entregar o diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se entregaron agasallos aos clientes gañadores, salientou que ademais de destacar o traballo dos centros comerciais abertos Máis que comercio! ten por obxectivo resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria, que no CCA de Cambados sumou máis de 1.200 participacións, está a percorrer Galicia durante todo o ano, desenvolvéndose cada mes en cinco centros comerciais abertos.