Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta AEMET. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AEMET. Mostrar todas las entradas

31 de enero de 2019

A XUNTA RECOMENDA SUSPENDER AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO EXTERIOR NAS ZONAS AFECTADAS POR ALERTA VERMELLA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín nº 13/71GAL, emitido o día 31-01-19 as 09:24 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro, nivel VERMELLO E LARANXA, en diferentes zonas que a seguir se especifican:
NIVEL VERMELLO: por Mar combinada do W e NW de 8 a 9. Vento do W forza 8, que afectará a:
Provincia de A Coruña (Suroeste ) e Pontevedra, dará comezo ás 09:00 horas do día 01/02/2019, ata as primeiras horas da noite do mesmo día.
Provincia da Coruña (Oeste), dará comezo ás 12:00 horas do día 01/02/2019, ata as últimas horas da tarde do mesmo día.
NIVEL LARANXA: Vento do W forza 8 o 9. Mar combinada do W aumentando de 5 a 8, que afectara:
• A Coruña (SW), dará comezo ás 00:00 h do día 01/02/2019 e finalizará ás primeiras horas da maña do mesmo día.
• Pontevedra, dará comezo ás 03:00 h do día 01/02/2019 e finalizará ás primeiras horas da mañá do mesmo día.
• A Coruña (W), dará comezo ás 18:00 h do día 01/02/2019 e finalizará ás primeiras horas do día 02/02/2019
• A Coruña (SW) e Pontevedra, dará comezo ás 20:00 h do día 01/02/2019 e finalizará ás primeiras horas do día 02/02/2019.
Por todo esto a Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso que chegará a nivel vermello por mar combinada do oeste e o noroeste de 8 a 9 metros e vento do oeste forza 8, que comezará as 9,00 horas do venres día 1 de febreiro e prolongarase ata as 20,00 horas do mesmo día. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica do oeste e suroeste da provincia da Coruña e á provincia de Pontevedra. O risco será importante, nivel laranxa, por vento, neve e costeiros, na provincia de Lugo e por neve na Montaña de Ourense.
Ante a devandita situación de risco, a Secretaría Xeral para o Deporte recomenda o seguinte:
1. A Suspensión de actividades deportivas no exterior nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A Secretaría Xeral para o Deporte comunicará esta incidencia ás Federacións Deportivas Galegas, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopan as instalacións deportivas, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as federacións e entidades deportivas poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades deportivas.


22 de enero de 2019

A XUNTA ACTIVA A ALERTA LARANXA POR TEMPORAL COSTEIRO EN TODO O LITORAL GALEGO A PARTIR DESTA TARDE

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará esta mesma tarde e que afectará a todo o litoral galego.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o nivel laranxa comenzará esta tarde no litoral oeste e noroeste da Coruña e Lugo. Durante a madrugada do mércores, estenderase ao suroeste da Coruña e Pontevedra. En todos os casos, agárdase mar combinada do oeste con ondas de 5 a 7 metros.
Por mor do temporal costeiro que afectará a todo o litoral, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotores, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



6 de noviembre de 2018

A COMISIÓN ESCOLAR DE ALERTAS SUSPENDE HOXE AS ACTIVIDADES NO EXTERIOR DOS CENTROS EDUCATIVOS EN VARIOS PUNTOS DA CORUÑA, PONTEVEDRA E MARIÑA LUCENSE




A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender hoxe, a partir das 12:00 horas as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica do suroeste da Coruña, oeste da Coruña, noroeste da Coruña, litoral de Pontevedra da Mariña lucense, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de ventos superiores a 100 quilómetros hora que comezará este martes e se prolongará ata as 00,00 horas de mañá mércores.
En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.
A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia.




25 de diciembre de 2017

CHEGA 'BRUNO', A PRIMEIRA BORRASCA DO INVERNO








Unha profunda borrasca, nomeada 'Bruno', aproxímase desde o Atlántico ao oeste de Europa e deixará un temporal de vento en amplas zonas da Península e Baleares, e mar en moitas costas, con abundantes precipitacións en áreas de Galicia e Cantábrico. A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( Aemet) informou dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento de nivel laranxa que se iniciará ás 18,00 horas deste martes en Galicia.
Afectará a toda a comunidade, pero os refachos máximos de 110 quilómetros por hora daranse no noroeste da Coruña, na Mariña en Lugo e na montaña de Ourense.
Mentres, os refachos máximos de 100 quilómetros por hora rexistraranse no oeste e suroeste da Coruña, na montaña de Lugo, no noroeste e sur de Ourense e no interior e a zona de Miño en Pontevedra. O aviso está activado por refachos máximos de 90 quilómetros por hora no interior da provincia da Coruña e no centro de Lugo. Este episodio finalizará a primeiras horas do mércores.





22 de marzo de 2017

ALERTA POR TEMPORAL EN TODA GALICIA











A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar para mañá a alerta laranxa por neve en zonas do interior das catro provincias, e por temporal no litoral da Coruña.
As nevaradas, que se prolongarán mércores e xoves, afectarán o sur de Ourense a partir das 8,00 horas; a partir das 12,00 estenderanse ao interior da provincia da Coruña, centro de Lugo, noroeste de Ourense e interior de Pontevedra; e desde as 18,00 horas chegarán ao sur de Lugo. Agárdase unha acumulación de máis de 5 centímetros en cotas superiores aos 500 metros, e ata 4 centímetros por riba dos 300 metros. Nas zonas de montaña de Lugo e Ourense activarase o nivel amarelo, con acumulacións de máis de 15 centímetros a partir dos 500 ou 600 metros.
Cabe recordar tamén que a Comisión Escolar de Alertas acordou suspender mañá e pasado mañá as actividades no exterior e parte do transporte escolar nalgunhas zonas afectadas pola alerta laranxa e amarela de neve. Aínda que non se suspende a actividade docente, se as circunstancias meteorolóxicas da localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou extraescolares.
En canto ao temporal costeiro, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 12 horas da mañá espérase mar combinada do noroeste de ata 6 metros no litoral oeste e noroeste da provincia da Coruña.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección ante a neve, como evitar as viaxes sempre que non sexan necesarias ou revisar o estado das estradas asegurándose de saír con cadeas e os depósitos de combustible e líquido anticonxelante cheos. Na Coruña, e debido ao temporal costeiro, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Permanecer lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.






1 de febrero de 2017

O PRIMEIRO TEMPORAL DO ANO ENTRA ESTE MÉRCORES









HOXE
A Aemet alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir do mediodía de mañá, 2 de febreiro. Ademais, desde as 00,00 horas, quedará tamén activado o nivel de alerta laranxa por vento nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase a partir do mediodía de mañá, xoves, mar combinada do oeste entre 8 a 9 metros que afectará ao litoral da Coruña e Pontevedra. A partir das primeiras horas da tarde de hoxe no oeste da Coruña, e da noite no resto do litoral da Coruña e Pontevedra, espérase vento do sur e suroeste de forza 8 e mar combinada do oeste, aumentando a 8 metros (alerta de nivel laranxa). No litoral de Lugo espérase a partir de mañá mar combinada do Oeste, aumentando de 5 a 7 metros, con nivel laranxa.
A Xunta alerta tamén dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento, de nivel laranxa, que se iniciará ás 00,00 horas do 2 de febreiro, e que afectará á Coruña, Lugo e Pontevedra. Haberá vento do sur e suroeste con rachas que poderán superar os 110 quilómetros por hora. Na tarde de hoxe, mércores 1 de febreiro, xa se acadará en boa parte da comunidade autónoma o nivel amarelo, con refachos máximos de 90 quilómetros por hora. Ademais, ao longo deste episodio, as cantidades acumuladas de precipitacións serán considerables, podendo superarse nalgúns puntos os 200 mm en total.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




XOVES 2/2


Así, o tempo inestable aumenta os riscos, tanto se imos ao volante como se nos animamos a dar un paseo pola rúa. Dende o 112 Galicia lembránnos que, ante estes casos, cómpre tomar algunhas medidas preventivas. Infórmate de como vén o tempo na túa zona. Se non tes outra opción que coller o coche, pon toda a túa atención sobre o asfalto, xa que as precipitacións poden ocasionar bolsas de auga ou desprendementos de terras. Antes de iniciar a túa ruta consulta o estado da circulación na DXT(Ábrese nunha nova xanela)
Ademais, toma boa nota dos seguintes consellos:

  • Se a chuvia che resta visibilidade mentres conduces, aparta ao arcén, pon as luces de emerxencia e agarda a que a situación mellore
     
  • Abandona o vehículo se a auga xa chegou ao eixo, mesmo se quedou inmobilizado e sobe moito o caudal
     
  • Afástate de pontes, ríos e zonas susceptibles de asolagarse
     
  • Non tentes atravesar espazos inundados
     
  • Se vas pola rúa presta moita atención aos obxectos que o vento pode tirar dos balcóns e fiestras
     
  • Se detectas algún sumidoiro atoado e hai risco de inundación avisa aos efectivos de emerxencias
     
  • Se necesitas axuda chama ao 112 







5 de septiembre de 2016

ALERTA EN GALICIA POR ALTAS TEMPERATURAS HOXE E MAÑÁN










Este luns, Meteogalicia advirte que se mantén o aire cálido sobre Galicia, con valores máximos superiores aos 34-36ºC en puntos das provincias de Pontevedra e Ourense, especialmente nos vales do Miño e Sil. Por iso hai alerta amarela nestas zonas dos vales dos grandes ríos, sobre todo entre as 15 e as 21 horas.
A situación empeora o martes. Ese día achégase a Galicia unha masa de aire aínda máis cálido que deixará temperaturas máximas superiores aos 34-36ºC en xeral, agás no litoral norte. Ese día está previsto que todas as cidades galegas superen os 30 graos. En Ourense o termómetro estímese que acade os 40. 
Ademais dos vales que estaráne en alerta amarela xa o luns, o martes pasarán a alerta laranxa toda a costa de Pontevedra e case todo o interior da de Coruña. Cómpre lembrar que unha alerta laranxa implica un fenómeno meteorolóxico adverso pouco frecuente e de certa gravidade.




14 de septiembre de 2015

UNHA CICLOXÉNESE EXPLOSIVA AFECTARÁ MAÑÁN A GALICIA








Aviso laranxa no litorial oeste da Coruña e na provincia de Pontevedra por acumulacións de 80 litros por metro cadrado en 12 horas.
Toda Galicia en aviso amarelo pola forza do vento. Forza sete no litoral e en terra refachos que superarán os 80 km/h. 
O martes o centro dunha profunda borrasca irase achegando a Galicia polo noroeste co avance do día. Así, os ceos permanecerán cubertos durante toda a xornada, con chuvias persistentes e xeneralizadas, de menor intensidade no terzo norte. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará forte de compoñente sur, con intervalos moi fortes en toda a franxa costeira.




14 de enero de 2015

AVISO DE TEMPORAL PARA MAÑÁN XOVES





A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará á provincia da Coruña a partir de mañá.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase a partir da media tarde de mañá, no litoral noroeste e oeste da provincia da Coruña, mar combinada do oeste, de 5 a 6 metros, e suroeste de forza 7 ocasionalmente 8.
Así mesmo, AEMET avisa do inicio de nivel amarelo por costeiro no día de hoxe nas zonas noroeste e oeste da provincia da Coruña e provincia de Lugo e para mañá no suroeste de Coruña e provincia de Pontevedra. Tamén para mañá espérase a última hora da tarde inicio de ventos de nivel amarelo na Mariña Lucense.
Mañá (7-14 H)
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




10 de noviembre de 2014

TEMPORAL COSTEIRO PARA MAÑÁN E ALERTA LARANXA





A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ás provincias da Coruña e Pontevedra a partir deste martes.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), este martes 11 de novembro espérase mar combinado do oeste de 5 a 6 metros no litoral noroeste, oeste e sueste da provincia da Coruña, e no litoral da provincia de Pontevedra.

No noroeste da provincia da Coruña haberá mar combinado de sueste de forza 7, segundo apunta a Vicepresidencia nun comunicado de prensa.
Avisos Mañá
O temporal dará comezo ás 14,00 horas no oeste da provincia daCoruña e nas demais zonas empezará ás 16,00 horas, segundo apunta.

Por iso, e para garantir a seguridade dos bens e as persoas,  Emerxencias  informou da situación aos concellos das provincias afectadas, as deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios e clubs náuticos, entre outros.

Tamén recorda á poboación a importancia de seguir medidas de protección como evitar aproximarse a diques co fin de previr un eventual golpe de mar.




21 de febrero de 2014

FIN DE SEMANA CON TEMPO INESTABLE






No tempo, segue a alerta laranxa no litoral da Coruña e no de Pontevedra e amarela na Mariña luguesa por grandes ondas.
En terra, chuvascos intermitentes, máis frecuentes na metade oeste, que poden chegar acompañados de sarabia. A cota de neve está nos 700 a 800 metros. As temperaturas baixaron. 


Mañá ata o mediodía segue a alerta laranxa na costa de Pontevedra e na da Coruña e amarela na Mariña. A partir desa hora o aviso é amarelo.
En terra notaremos unha mellora do tempo. Non se esperan chuvias, agás a primeiras horas do día. Despois o ceo estará con nubes e claros e as temperaturas subirán algo.
O domingo seguiremos sen chuvias ata a noite cando volverá entrar outra borrasca.