|
Datos de hoxe do coronavirus en Galicia e as súas áreas sanitarias |
Galicia perderá a nova normalidade mañá ou pasado no principal índice da covid, agás sorpresa.
Os 56 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a segunda peor cifra en mes e medio. Confírmase así a fase expansiva que soporta Galicia desde hai unha semana.
Aínda que o crecemento está a ser relativamente lento, xa durou o suficiente para empuxarnos ao límite entre a nova normalidade e o risco baixo, no que a positivos semanais refírese, que é ata hoxe a principal referencia para avaliar a pandemia.
Os casos activos continúan a súa escalada e son xa seis as xornadas de ascenso consecutivo. Os datos máis preocupantes proveñen hoxe de Ourense.
A incidencia acumulada semanal crece de 8,5 a 9,4 diagnósticos por 100.000 galegos. Seguimos en nova normalidade segundo a escala deste indicador no semáforo oficial de alertas, pero polos pelos. A partir de 10 pasamos empeoramos a risco baixo. Como mañá sairá do cálculo deste índice os datos de fai sete días, cando só 25 positivos, sería unha enorme sorpresa que este índice non superase os 10 mañá ou pasado.
A incidencia acumulada a 14 días ascende de 15 a 15,7. É o sétimo día seguido que crece este indicador, moi pouco proclive a cambios de rumbo. Tamén seguimos en nova normalidade neste índice e aínda mantemos bastante marxe pois habería que subir a 25 para perdela.
O dobre da incidencia semanal (18,8) é maior que a incidencia bisemanal (15,7). A razón de taxas resultante é de 1,2. Isto indícanos que na última semana houbo un 20% máis de positivos que na penúltima. Non sufriamos un valor tan malo desde o 22 de xullo.
A taxa de positividade onte foi do 1,2% e axúdanos a mantervos en nova normalidade porque a media semanal segue por baixo de 4%. Iso si, este baremo tamén empeora. Pasa de 1,5% a 2,3%.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS
O total de infectados ascende hoxe un +5,8 %. Un mal dato que empuxa cara arriba ao índice máis relevante, a media móbil a sete días, que completa outro paso na mala dirección e sobe de +1,8% a +2,8%. Levamos catro días xa crecendo por encima de 0 e o salto de hoxe é o peor rexistrado nesta fase expansiva.
En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +28 . O total é de 505 casos activos, a peor desde o 10 de outubro.
DATOS POR ÁREAS
Ourense (20) e Vigo (9) son os distritos que máis positivos comunican hoxe. A cifra de Ourense é moi alarmante. Hai bastantes semanas que ningún distrito chega a 20 diagnósticos nun día.
A alza de casos é aínda moi recente para que se note nos hospitais. Quedan só tres persoas en UCI, unha en Ferrol, outra en Vigo e outra en Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.