Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de septiembre de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: SANXENXO, ROMPE A TENDENCIA Á BAIXA DA ÁREA


Coronavirus Pontevedra-Salnés: 15 novos infectados e baixan a 249 os casos activos

Continúa mellorando a situación na área pontevedresa A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa día a día restando casos activos e unha media de contaxiados que continúa aos poucos mellorando. Nas últimas 24 horas producíronse 15 contaxios novos e 29 altas, o que fai que descendan en 14 persoas os casos activos, pasando de 263 a 249. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 3 22 Illa de Arousa 3 61 Meaño 3 57 Meis 3 63 O Grove 11 103 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 21 121 Vilagarcía de Arousa 21 56 Vilanova de Arousa 3 29 Continúa baixando a incidencia en Pontevedra cidade e na área sanitaria soamente Sanxenxo rexistra máis contagios na última semana que na semana anterior. O número de pacientes hospitalizados baixa de 9 a 8 persoas, distribuídas en 8 pacientes no CHU de Pontevedra (3 en planta e 5 na UCI), 0 en planta no Hospital Público do Salnés e 0 no Quirónsalud Miguel Domínguez. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 21.314 casos de coronavirus, con 202 falecementos, 20.863 altas e 249 casos activos nestes momentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.