Coronavirus Pontevedra: 5 novas infeccións e baixan a 177 os casos activos A situación continúa mellorando na área pontevedresa, con menos contaxiados que a semana pasada A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa mellorando e hoxe experimenta unha nova mellora. A media de contaxios segue descendendo e hoxe é de soamente 8 no últimos sete días. Nas últimas 24 horas producíronse 5 novas infeccións e 15 altas, o que fai que descendan en 10 persoas os casos activos, pasando de 187 a 177. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 3 22 Illa de Arousa 3 61 Meaño 3 57 Meis 3 63 O Grove 3 28 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 27 156 Vilagarcía de Arousa 12 32 Vilanova de Arousa 3 29 Continúa baixando a incidencia en Pontevedra cidade, con menos contaxios nos últimos 7 días que nos anteriores i estabilízase na maior parte do Salnés. O número de pacientes hospitalizados mantense en 7 persoas, distribuídas en 7 pacientes no CHU de Pontevedra (4 en planta e 3 na UCI), 0 en planta no Hospital Público do Salnés e 0 no Quirónsalud Miguel Domínguez.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 21.360 casos de coronavirus, con 202 falecementos, 20.981 altas e 177 casos activos nestes momentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.