Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de septiembre de 2021

INCAUTAN A UNHA ORGANIZACIÓN DE CAMBADOS 8.200 QUILOS DE HAXIX


Estados Unidos, Marrocos e España cooperaron para interceptar o alixo e evitar a súa chegada a territorio de Galicia Cinco detidos, todos eles ao servizo dunha organización de Cambados, e 8.200 quilos de haxix incautados, é o saldo provisional dunha gran operación internacional contra o tráfico de drogas desenvolvida de forma conxunta pola Policía Nacional, a
DEA norteamericana e a DGSN marroquí, que serviu para desmantelar en parte un grupo plenamente activo e que diversificara o negocio, alternando a introdución de cocaína coas grandes partidas do derivado do cánnabis procedente do norte de África. As pescudas iniciáronse cando a Brigada Central de Estupefacientes, a oficina da DEA en Madrid e a Direccción Xeral de Seguridade Nacional de Marrocos tiveron constancia da presenza dunha organización criminal con base no Salnés que trabara unha relación "laboral" con outra magrebí. As investigacións, que se iniciaron fai seis meses, determinaron que os galegos dispoñían de contactos no porto de Alxeciras para o narcotráfico que empregaban desde facía algún tempo para transportar haxix a gran escala aproveitando os ferry de liña regular que unen Tánxer co porto gaditano. Os movementos da organización eran constantes, polo que se facía necesario deter o fluxo de mercadoría ilícita. Así, e mercé á citada cooperación internacional, a Brigada Central (en concreto, a unidade Greco Galicia con base en Pontevedra) coordinou o operativo de vixilancia que lle serviu para detectar a chegada dun camión cargado de droga polo citado porto. Mediante un meticuloso seguimento, os axentes comprobaron que o vehículo se dirixía a unha leira nunha zona apartada, onde tamén se ocultaba unha narcolancha. Dous vehículos saíron ao seu encontro, un dos cales xa fora detectado horas antes no porto controlando a saída da droga. O operativo, que continúa aberto, sáldase por agora con cinco detidos, ademais de armas, a droga e dispositivos tecnolóxicos. Nun momento dado, os investigados comezaron a extraer caixas do camión. Por iso, os policías nacionais víronse obrigados a intervir, en vista da posibilidade de que se perdese parte da carga. As principais hipóteses apuntan a que algún dos intermediarios pensase quedar cunha parte das substancias antes de entregarlle o groso do alixo á organización pontevedresa.  

Durante a operación desenvolvida pola Policía, os axentes detiveron a catro individuos que estaban a manipular o haxix. Un quinto caería horas despois, cando tentaba regresar a Marrocos para poñerse a salvo. No lugar incautaron, ademais das 8,2 toneladas de droga, dúas armas (unha pistola coa súa munición e unha escopeta cargada), varios teléfonos e dispositivos informáticos e os tres automóbiles alí estacionados. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.