Coronavirus Galicia: 269 contaxios novos e baixan a 8.022 os casos activos Novo mínimo de contaxios desde o pico da quinta onda e gran descenso de hospitalizados A situación do coronavirus continúa mellorando rapidamente en Galicia e hoxe os novos contaxios chegan a un novo mínimo desde o pico da quinta onda, con 269 casos novos, que son un 33% menos que os 402 do martes pasado. Os casos activos baixan noutros 253, pero hoxe o que máis destaca é a mellora no número de hospitalizados, 31 menos que onte e 76 menos que o martes pasado. Os focos en pobos do interior de Galicia como Ordes, Melide ou Monforte de Lemos xa rexistran menos contaxios que a semana pasada. Por áreas sanitarias, hoxe soamente empeora a de Santiago, pero non tanto polos contaxios senón polas poucas altas. Vigo pasa a ser a terceira máis afectada e Pontevedra xa é a que ten menos casos activos de toda Galicia. A situación hospitalaria mellora respecto a onte, con 1 paciente máis en UCI e 32 menos en planta. O total de pacientes é de 76 menos que fai sete días, con menos pacientes de UCI. Hai unha semana había 300 hospitalizados en Galicia divididos en 242 pacientes de planta e 58 de UCI, e hoxe son 224 en total, con 169 en planta e os outros 55 na unidade de críticos (1 máis que onte). Vigo, Lugo e A Coruña son as áreas máis afectadas. A área herculina baixa a 2.083 casos activos con 72 contaxios. Vigo rexistra 43 contaxios e baixa a 1.391 casos activos. Lugo suma 51 contaxios e baixa a 1.437 casos activos. Estes son os datos máis relevantes de hoxe: A Coruña é a área sanitaria máis afectada de Galicia con 2.083 casos activos, e a cidade de maior incidencia é Ferrol con 348. Santiago é a de menor incidencia con 179. Os casos activos baixan de 8.275 a 8.022, un descenso de 253 infectados. Baixan de 255 a 224 as persoas hospitalizadas, 76 menos que hai unha semana. A incidencia a 14 días baixa de 267 a 262 e a incidencia a 7 baixa de 118 a 113. Hoxe martes son 133 diagnósticos menos que os 402 do martes 24 de agosto, procedendo dun número de probas algo superior. Os 269 casos novos de hoxe son o 6,87% de diagnósticos positivos de 3.915 probas PCR, mentres que os 402 do martes pasado eran o 11,91% de positivos de 3.373 tests. Na web de datos do Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 260 casos de COVID-19 por PCR, e a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (178.526) e o de onte (178.257) é de 269 persoas. Do mesmo xeito, os novos contaxios por área sanitaria son calculados co mesmo procedemento. Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 269 novos casos de SARS- CoV-2, 2 falecementos e 520 altas, o que fai que descendan en 253 persoas os casos de coronavirus, pasando dos 8.275 de onte aos 8.022 de hoxe. O total de hospitalizados baixa de 255 a 224 pacientes, 1 máis en UCI e 32 menos en planta. O pasado martes eran 300 hospitalizados, 76 máis que hoxe. O total de casos de coronavirus contabilizados polo Sergas desde o inicio da pandemia é de 178.526. Só Santiago empeora Hoxe continúan mellorando todas as áreas sanitarias galegas, salvo a de Santiago, que empeora debido ao baixo número de altas que rexistrou. Casos activos por área sanitaria A Coruña: 2.083 (-95) Ferrol: 565 (-21) Lugo: 1.437 (-20) Ourense: 672 (-15) Pontevedra: 557 (-32) Santiago: 1.317 (+11) Vigo: 1.391 (-87) Total: 8.022 (-253) Ferrol é a cidade máis afectada de Galicia con 348 de incidencia, e Pontevedra é a que menos está, con 172. Incidencia nas cidades A Coruña: 264 (-9) Ferrol: 348 (-17) Lugo: 379 (+4) Ourense: 222 (+3) Pontevedra: 172 (-11) Santiago: 179 (-3) Vigo: 238 (-1) Novos contaxios por área sanitaria A Coruña: 72 Ferrol: 18 Lugo: 51 Ourense: 29 Pontevedra: 9 Santiago: 47 Vigo: 43 Total: 269 O total de falecementos desde o inicio chega a 2.566 persoas, 2 nas últimas 24 horas, e son 1.947 desde a nova normalidade, superando os 619 da primeira onda. O total de hospitalizados é de 224 (-31), divididos en 55 (+1) na UCI e 169 (-32) en unidades de hospitalización. O total de probas PCR realizadas é de 2.741.333, delas 3.915 nas últimas 24 horas, cun 6,87% de positivos.
A semana empeza mellor que a anterior, con 574 en luns e martes, un descenso do 32,6% fronte aos 849 da semana pasada. As últimas semanas terminaron con 3.317, 4.157, 5.273, 6.974, 8.414, 9.090, 7.085, 2.991, 1.394, 758, 548, 557, 620, 850, 1.067, 1.103, 1.217, 1.288, 1.362, 1.259, 1.091, 901, 877, 985, 1.112, 1.117, 1.780, 2.498, 4.066, 7.066, 10.337 e 10.526 contaxios respectivamente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.