Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de diciembre de 2020

OUTRA XORNADA NEGATIVA EN PONTEVEDRA-SALNÉS


Coronavirus Pontevedra: 64 contaxios novos e soben a 925 os casos activos

A área sanitaria continúa empeorando e a incidencia segue aumentando en Bueu, Illa de Arousa e O Grove. Seguen as malas noticias para a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que hoxe suma outros 64 contaxios e continúa subindo a súa incidencia e o seu número de casos activos. A área é a terceira máis afectada desde onte, e segue tendo tres focos importantes que creceron estes últimos días (Bueu, Illa de Arousa e O Grove), todos eles baixo confinamento perimetral. Nas últimas 24 horas producíronse 64 contaxios novos, 1 falecemento e 35 altas, o que fai que suban en 28 os casos activos, pasando de 897 a 925. Mellora a situación na cidade de Pontevedra e Marín, pero empeora na veciña Poio, e sobre todo nos tres maiores focos que ten nestes momentos a área sanitaria: Bueu (600), O Grove (526) e A Illa de Arousa (1.218). En Cambados hai 36 casos, 3 menos que onte.
Vilagarcía, 119 casos activos e 509 contactos en seguimento, A Illa de Arousa, 60 infectados e o Grove e Sanxenxo 58 casos en cada concello. Estos datos son de onte. O número de pacientes hospitalizados baixa de 55 a 45 persoas, distribuídas en 39 pacientes no CHU de Pontevedra (31 en planta e 8 na UCI), 4 no Hospital Público do Salnés e 2 no Quirónsalud de Pontevedra. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 6.417 casos de coronavirus, con 73 falecementos, 5.419 altas e 925 casos activos nestes momentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.