Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de noviembre de 2020

PONTEVEDRA-SALNÉS MELLORA LIXEIRAMENTE


Coronavirus Pontevedra: 57
contaxios novos e baixan a 1.214 os casos activos

A área sanitaria pontevedresa mellora timidamente e rexistra menos contaxios que a semana pasada. Mellora lixeiramente a área sanitaria de Pontevedra, pero segue instalada nos 1.200 e pico casos activos nos que leva desde o 7 de novembro. A situación, aínda que timidamente, mellora. Os 1.214 casos de hoxe son menos que os 1.250 do xoves pasado, e esta semana estanse producindo algúns contaxios menos que a anterior. Nas últimas 24 horas producíronse 57 contaxios novos e 61 altas, o que fai que baixen en 4 persoas os casos activos, pasando dos 1.218 de onte a 1.214 hoxe. Segundo pode verse neste mapa de incidencia da provincia de Pontevedra que se actualizará todos os días, as zonas máis afectadas da área sanitaria en número de contaxio son as costeiras -especialmente Vilaboa-, pero tamén hai zonas de interior con menos poboación pero unha alta incidencia, como A Lama, Ribadumia, Meaño e Meis.

Cambados nestes intres conta con 74 enfermos activos.


O número de pacientes hospitalizados baixa de 64 a 60 persoas, distribuídos en 53 pacientes no
CHU de Pontevedra (46 en planta e 7 na UCI), 5 no Hospital Público do Salnés e 2 no Quirónsalud de Pontevedra. Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde o inicio da pandemia tivo 5.242 casos de coronavirus, con 50 falecementos, 3.978 altas e 1.214 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.