Os casos de coronavirus nos centros educativos galegos diminúen unha xornada máis, ata os 1.062, o que supón 44 menos que 24 horas antes, aínda que a cifra de aulas pechadas aumenta nunha, ata as 52. Así o evidencia o parte remitido este sábado pola Consellería de Sanidade, con datos dos departamentos de Educación e Política Social, que recollen a situación ata o venres. Segundo este informe, os únicos dous centros pechados en Galicia por mor da pandemia son a escola infantil A Barcala, onde se detectou un caso, e outro centro infantil, A Xirandola, de Santiago, que leva clausurado unha semana tras outro caso de covid. A área sanitaria de Pontevedra, rexistra 135 afectados por coronavirus (tres menos) e oito aulas pechadas (unha máis). Desta zona, presentan un importante número de casos activos o CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados, con sete (dous menos) e tamén o IES Sánchez Cantón de Pontevedra, no que hai 6 positivos (baixa un).
A continuación os datos dos centros de ensino do Salnés con algún alumnos
afectado.
SANXENXO E.I Municipal O Revel 1
RIBADUMIA E.I. Municial Querubines 1
VILAGARCÍA DE AROUSA E.I Municipal Vilagarcía de Arousa 1
A ILLA DE AROUSA CEIP da Torre-Illa 1
A ILLA DE AROUSA CPR Sonrisas y Lágrimas 1
A ILLA DE AROUSA IES da Illa de Arousa 1
CAMBADOS CEIP de Corvillón 4
CAMBADOS CEIP Plurilingüe E. Barreiro Piñeiro 7
CAMBADOS CEP Antonio Magariños Pastoriza 1
CAMBADOS CPR Salesianos A Mercé 1
CAMBADOS IES Francisco Asorey 2
CAMBADOS IES Ramón Cabanillas 2
MEAÑO CEIP de Coirón-Dena 1
MEAÑO CEIP P. de Meaño-As Covas 2
MEAÑO IES de Meaño 3
MEIS CPI de Mosteiro-Meis 2
O GROVE CEIP Plurilingüe de Conmeniño 1
O GROVE IES Monte da Vila 2
O GROVE IES Plurilingüe As Bizocas 3
RIBADUMIA CPI Julia Becerra Malvar 1
SANXENXO CEIP de Noalla-Telleiro 2
SANXENXO CEIP de Portonovo 1
SANXENXO CEIP Plurilingüe Cruceiro 2
SANXENXO CEIP Plurilingüe Nantes 3
SANXENXO IES de Sanxenxo 2
SANXENXO IES de Vilalonga 2
VILAGARCÍA DE AROUSA IES Castro Alobre 2
VILAGARCÍA DE AROUSA IES Fermín Bouza Brey 1
VILANOVA DE AROUSA CEIP Plurilingüe Xulio Camba 2
VILANOVA DE AROUSA IES A Basella 3

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.