Coronavirus Pontevedra: 56 contaxios novos e baixan a 1.167 os casos activosRómpese a monotonía na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que baixa ao fin de 1.200 casos. Boas noticias para a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que por fin baixa de 1.200 casos activos tras varias semanas oscilando ao redor das mesmas cifras. Parece que os contaxios diarios finalmente están a baixar, e iso fai que as altas vaian aos poucos erosionando o número de casos activos. Unha gran maioría da poboación da área sanitaria pontevedresa está nestes momentos baixo confinamento perimetral, e os municipios de Meaño, Ribadumia e Meis foron os últimos en unirse. Nas últimas 24 horas producíronse 56 contaxios novos, 1 ( unha muller de 72 ingresada no Hospital de Pontevedra) falecemento e 88 altas, o que fai que baixen en 33 persoas os casos activos, pasando dos 1.200 de onte a 1.167 hoxe. Cambados conta con 70 casos (4 menos que os dous días anteriores).
A área sanitaria pontevedresa segue cunha incidencia moi alta, especialmente en concellos como Meaño, A Lama e Vilaboa.
O número de pacientes hospitalizados baixa de 62 a 56 persoas, distribuídos en 47 pacientes no CHU de Pontevedra (41 en planta e 6 na UCI), 5 no Hospital Público do Salnés e 4 no Quirónsalud de Pontevedra.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 5.351 casos de coronavirus, con 52 falecementos, 4.132 altas e 1.167 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.