Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de octubre de 2020

OUTRA FOTO DA VERGONZA

ARTIGO DA VOZ DE GALICIA

Outra foto para a vergonza

Moi ben polo PP local que nun xesto sen precedentes está cos veciños. Pero clama ao ceo que despois de varias protestas e anos de queixas se sumen agora a unha concentración para reclamar mellores servizos no Centro de Saúde local.

Outro que se sumou foi J.R. Abal, tamén desaparecido ata agora.

Porque agora? Pasado o periodo electoral non hai votos que perder e teñen 4 anos por diante. Un guiño ao BNG convocante da concentración? Que pensarán agora os votantes do PP que crían que todo estaba ben e as anteriores protestas eran populistas porque así o decían os conservadores locais? 

Ata agora os recortes horarios e de facultativos non foron motivo de queixas nin protestas por parte dos de Aragunde Aragunde. Máis ben parecía que eran cousas dos demáis, que protestaban por protestar.
A falta ou traslado da  ambulancia medicalizada tampouco foi motivo de protesta ou queixa.

Que pasou agora para este cambio?
Xa non hai tablas rotas?. Ou as críticas recibidas pola famosa tabla no Muíño da Seca vai a tomar partido dunha vez polos veciños no canto de facelo polo partido?

Veremos....

Artigo de La Voz de Galicia


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.