O teatro volve a Cambados. Como cada outono, o Concello programa, en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios, un ciclo que, nesta ocasión, inclúe catro títulos en cartel.
As funcións serán ás sete da tarde cunha entrada a 3,5 euros e 2,5 euros na modalidade reducida para moz@s, pensionistas e xubilados. Por motivos de seguridades reducíuse o aforo a 60 butacas de 250.
O ciclo compóñeno 4 pezas teatrais. A pasada semana representouse, Vida de Cans a cargo da compañía Talía Teatro.
Esta semana é o turno de Elisa e Marcela a cargo de A Panadaría
Sinopse
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Coprodución da Panadaría co Centro Dramático Galego, a Deputación de A Coruña, Concello de Vimianzo e o Concello de Rianxo.
Mellor espectáculo nos Premios María Casares 2018 e tamén mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista ( Areta Bolado) nos mesmos premios. Premio Luisa Villalta para iniciativas culturais pola igualdade. XIV Premio LGBT Marcela y Elisa entregado polo colectivo ALAS A Coruña. rPemio do público MIT de Ribadavia 2018 e Fetega do Carballiño 2018. Premio ex aequo á Mellor Actriz ( Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) no FETEGA 2018.
Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.