Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de octubre de 2020

AS ALTAS CONTRARRESTAN OS NOVOS CONTAXIOS EN PONTEVEDRA-SALNÉS


A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés baixa este venres, 16 de outubro, a un total de 401 casos activos, 18 menos que no día de onte. Todo grazas as cincuenta altas (2.090 desde o inicio da pandemia) na última xornada, malia que se confirmaron 32 novos contaxios.

A situación nos hospitais da área permanece igual, ingresados 14 pacientes, dos que 11 están en Montecelo e 3 no Salnés  e dúas persoas continúan ingresadas na Unidade de Coidados Intensivos do centro hospitalario pontevedrés. O resto de contaxiados, un total de 385, continúan a evolución nos seus domicilios. 

número de pacientes falecidos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés é de 25 pacientes.

Nas últimas 24 horas, os profesionais do Sergas realizaron 541 test PCR, que engrosan a cifra de 52.918 realizadas desde o inicio da pandemia no norte da provincia.

No nivel 2 permanecen Pontevedra e Vilagarcía, así como Poio pola tendencia crecente dos últimos 7 días.

Un chanzo por baixo nesta clasificación sitúanse os concellos de Marín, Sanxenxo, Caldas, Cambados (20 enfermos) e Vilanova de Arousa (19 casos), 2 e 1 máis respectivamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.