Arranca setembro e a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é de 233. Isto supón 8 casos máis que onte que ao restarlle unha alta queda en 7.
Este martes 1 de setembro a área sanitaria aumenta a os 6 (2 máis) pacientes Covid ingresados en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 pacientes Covid na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Así mesmo, permanecen 225 (5 máis) casos Covid evolucionando en domicilio.
Desde o inicio da pandemia do COVID-19 curáronse 989 pacientes ( 1 máis que no día de onte ) e faleceron por este virus na área sanitaria 17 pacientes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.