Esta mañá no Concello de Cambados, Merchi Álvarez e Maribel Oubiña, Presidenta e Tesoureira de GALICIAME presentaron a convocatoria da terceira edición da axuda a investigación de GaliciAME.
Desde GaliciAME queren agradecer a presencia no acto da Alacldesa, Fátima Abal e do concelleiro de Sanidade e Asuntos Sociaias, Tino Cordal algo que desde a asociación consideran moi importante.
No salón de plenos do Concello de Cambados, en Pontevedra, a Asociación Galega de Atrofia Muscular Espinal, GaliciAME, presentou a terceira convocatoria para a axuda á investigación desta enfermidade, unha bolsa que conta cunha achega de 12.000 euros.
Desde a Directiva da devandita asociación manifestan a súa intención de “seguir apostando pola investigación, así que desde está pequena entidade queremos apoiar proxectos que poidan arroxar máis luz á nosa patoloxía, atrofia muscular espinal, queremos lembrar que, nestes seis anos de loita, todo o que sexa destinado a investigación non ten nin un só céntimo público”.
Por iso, GalicAME explica que “ao longo destes seis anos, puidemos reunir e doar para investigación 145.500 euros, agradecemos cada granito de area recibido, pero non podemos esquecernos de mencionar un pobo en concreto, Cambados, que se envorcou coa nosa loita apoiando todas as nosas iniciativas e mesmo organizando algunha que outra actividade ao noso favor”.
As persoas interesadas poden acceder ás bases desta bolsa a través da páxina da devandita asociación ou solicitar as bases da convocatoria a través do email: asociaciongaliciame@gmail.com, así como deixando unha mensaxe nas redes sociais da mesma. O prazo de presentación pecharase o 6 de novembro e do 23 ao 28 dese mesmo mes darase a coñecer ao gañador da axuda.
O prazo de presentación de proxectos ábrese mañá mércores 2 de setembro e finalizará o 6 de novembro, abertos a un amplo abano de profesionais implicados na atención de pacientes con AME (investigadores, farmacólogos, neurólogos, pediatras, enfermeiras, mestres, fisioterapeutas, psicólogos, logopedas...etc).
O proxecto gañador farase público na semana do 23 ao 28 de novembro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.