Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de agosto de 2020

GALICIA SUMA MÁIS DE 40 NOVOS CASOS DE CORONAVIRUS. 6 DELES EN PONTEVEDRA-SALNÉS

Non son boas noticias as que chegan o décimoterceiro día consecutivo de incremento dos casos activos en Galicia, segundo o balance que fixo público a Consellería de Sanidade este mércores. A información achegada reflicte que con datos do martes, hai 406 persoas identificadas coa enfermidade activa en Galicia. Isto significa que se volve a romper a barreira dos 400 casos activos, unha cifra que se deixou atrás o pasado 12 de xuño. O incremento é en 31 casos( 44 si se restan as altas), e inclúe brotes novos como o importado de Madrid a Vigo, onde unha familia rexistrou sete positivos por Covid-19. A zona onde máis soben os casos é a área sanitaria da Coruña, que conta con 161 pacientes, 11 máis que o martes. O resto de áreas continúan así: Vigo e Lugo empatan a 74 (hai 7 casos máis en Vigo e 3 en Lugo), hai 35 casos na área de Pontevedra (+6), 29 en Ourense (+1), 28 en Santiago (+2) e 5 en Ferrol (+1). Realizáronse nas últimas horas máis de case 2.000 PCR, chegando a cifra ás 257.156. O número de persoas dadas de alta increméntase en 13, ás 11.331. Os falecementos, afortunadamente, seguen en 619. Continúan tamén inalterables as dúas persoas que seguen na UCI, mentres que hai tres hospitalizados máis, chegando a 18. 386 pasan a enfermidade desde as súas casas. En residencias, segue habendo dous positivos en traballadores de centros en Lugo. Nas últimas horas, ademais do brote de Vigo, coñecéronse casos que levaron a tomar decisións importantes: por exemplo, o peche temporal do Club Fluvial de Monforte de Lemos por un positivo. Tamén se rastrexan os contactos dun positivo importado de México tras estar nunha reunión familiar no concello ourensán de Avión.


Pontevedra-Salnés

A Dirección Xeral de Saúde Pública informa este mércores de 6 casos novos (7 si contamos a alta) na área Pontevedra-Salnés.A día de hoxe son xa 35. 
Un só paciente permanece hospitalizado en planta do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e outros 34 casos Covid evolucionan nos seus domicilios.

Desde o inicio do plan de continxencia do Covid-19 curáronse 920 pacientes (un máis que no día de onte ) e faleceron por este virus na área sanitaria 16 pacientes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.