Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de agosto de 2020

SUBIDA LEVE NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS E NOVOS INGRESOS HOSPITALARIOS

Boas novas, si se poden calificar así, as que chegan trala última actualización por parte do SERGAS. Tralas dúas xornadas anteriores moi negativas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, con 51 novos contaxiados de coronavirus entre os dous días, o balance oficial ofrecido este martes 25 de agosto pola Consellería de Sanidade reflicte un aumento menos acusados de casos.
En concreto o Servizo Galego de Saúde sitúa en 147 os 'casos activos' na área pontevedresa, seis máis que no día de onte no que se diagnosticaron 7 novos positivos e deuse o alta.
Tres dos afectados precisan atención hospitalaria. Unha máis que onte. Un ingreso en planta de Montecelo que hai que engadir ás dúas que permanecen desde hai varios días na UCI do mesmo centro.
As estatísticas de Pontevedra e O Salnés complétanse cos 959 (un máis) pacientes que superaron o Covid e os 17 falecementos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.