Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de agosto de 2020

OS CASOS ACTIVOS ROZAN XA OS 1.800 E UN NOVO FALECEMENTO

Nas últimas horas rexistrouse a morte dun home de 90 anos no CHUAC, que eleva o total a 626.
Os casos activos de coronavirus en Galicia volven imprimir unha forte subida, ao pasar de 1.623 a 1.783 e aumentar en 160 (ao que hai que engadir 44 altas e o falecido) nas últimas 24 horas, segundo notifica a Consellería de Sanidade. A repartición por áreas sanitarias revela que A Coruña volve rexistrar un aumento notable, ao pasar de 960 a 1.045 (+85); Lugo pasa de 136 a 170 (+34); Ourense, de 145 a 157 (+12); Pontevedra baixa de 84 a 80 (-4); Vigo ascende levemente de 138 a 141 (+3); Santiago salta de 91 a 113 (+22); e Ferrol sobe de 69 a 77 (+8). En canto á presión asistencial, os pacientes en UCI ascenden a seis (+1) e en planta, a 64 (+9). Como vén sendo a tónica habitual nas últimas xornadas, a maior parte destes pacientes atópanse na área coruñesa, que achega 52 ingresados, dos cales catro están en Coidados Intensivos. Curáronse 11.701 persoas desde o inicio da pandemia, 44 máis que a véspera, pero a cambio hai que lamentar un novo falecemento, que eleva o total a 626: o dun home de 90 anos que estaba ingresado no CHUAC coruñés e presentaba patoloxía previas. O número de PCR realizadas ata a data é de 290.491.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.