O cambadés Joaquín Domínguez foi protagonista na radio do xornal dixital Pontevedra Viva. Alí presentou o seu proxecto de revestimento de paredes con cuncha de vieira. Aquí vos deixamos a entrevista e a reportaxe.
As cunchas de vieira poden ser reutilizadas unha vez que o sector da alimentación e conserva os tira. Desa opción de reutilización falamos en PontevedraViva Radio: o revestimento de paredes; algo que en Galicia desde hai anos e de forma rudimentaria xa se facía. Con todo, como idea empresarial, ata o de agora ninguén o fixo e por iso o cambadés Joaquín Domínguez, rexistrou a marca Shell Pannel e adquiriu a patente.

Ademais os deseños dos paneis teñen colocación sinxela; o material é impermeable, ignífugo, repele o musgo, non require mantemento nin tratamento con produtos químicos e esteticamente permite múltiples deseños. Agarda poder estár na fase de produción para o próximo 2021.
Joaquín foi un dos emprendedores que participou no último coworking ofrecido pola Deputación, e que lle supuxo "gañar seguridade e afianzoume no meu proxecto para seguir adiante". Puntos de vistas realistas, cos proles e posibles contras por diante.
Información recollida de Pontevedra Viva e PontevedraVivaRadio
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.