Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de agosto de 2020

O CONCELLO DE CAMBADOS EXEMPLO PARA OUTROS CONCELLOS GALEGOS

O Concello de Cambados denunciaba días pasados un intento de estafa de case 200.000 euros. O departamento de Tesourería e Intervención recibiu un correo solicitando un cambio no número de conta para cobrar coa intención de usurpar a identidade do provedor.

Agora a cidadanía vaise enterando que esta non é a primeira estafa en concellos galegos.
O Concello de Ribeira foi vítima dunha presunta estafa de case 180.000 euros. Así o revelaron onte o portavoz do grupo municipal do Partido Barbanza Independente ( PBBI), Vicente Mariño. O PBBI cre que, tras o sucedido, faise máis que necesario revisar os protocolos para detectar posibles estafas, lembrando que no Concello de Cambados houbo un intento de fraude que non pasou os filtros da intervención, polo que non frutificou ese engano. Neste concello lembremos que cobranvarios concelleiros, algo que como sabemos non ocurre en Cambados onde so cobra a alcaldesa.


O PBBI sinalou que esperou un tempo que considera máis que prudencial para que Ruiz Rivas dese as explicacións ao veciños a través da fórmula que considerase máis adecuada, pero que ao non facelo el, “nós, como principal partido da oposición, vémonos na obrigación de facelo en aras da maior transparencia posible, sen entorpecer ningún labor de investigación. É o momento de que se informe e de que Ribeira saiba que houbo unha fraude”, subliñou Mariño de Bricio ao xornal Diario de Arousa.
A mesma estafa diferente resultado, a un Goberno do PP estafan 180.000€, en Cambados denunciouse na Garda Civil as duas horas de chegar o correo. En Ribeira poñen a Cambados como exemplo de xestion de intervención que propiciou que a estafa non prosperase.

Xa o ano pasado o Concello de Tui denunciaba na Garda Civil unha presunta estafa de suplantación de identidade da que puido ser obxecto. O concello tudense fixo o necesario para lograr a recuperación do importe presuntamente estafado que ascendía a 110.569,52 euros. O mesmo día en que se presentou a denuncia solicitouse á entidade financeira, desde a que o Concello realizou as transferencias, a anulación e retrocesión dos pagos realizados a esa conta ata a data.
O 24 de abril do 2019, responsables da empresa fornecedora afectada puxéronse en contacto co concelleiro responsable para notificarlle que levan un tempo sen recibir os pagos do Concello.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.