Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de agosto de 2020

INFORMACIÓNS OFICIOSAS AUMENTAN A UN 20% OS ENFERMOS NA ÁREA PONTEVEDRAS-SALNÉS

Desde maio a Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital de Montecelo permanecía sen pacientes afectados de coronavirus, e en apenas dous días esa tendencia cambiou co ingreso de 2 persoas afectadas por Covid-19.
Son estos dous os enfermos de coronavirus que permanecen ingresados que precisan  atención hospitalaria.
O resto, os 93 casos positivos restantes evolucionan nos seus domicilios.
No balance ofrecido este sábado 22 de agosto pola Consellería de Sanidade, son 95 os 'casos activos' de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o que supón unha suba de 10 (14 ao engadir as 4 altas epidemiolóxicas que se deron).
Desde o inicio da pandemia superou o coronavirus 952 pacientes da área sanitaria pontevedresa, rexistrándose 17 falecementos asociados ao virus.

Por outra banda informacións non oficiais falan de 113 casos e 3 ingresados na UCI da área sanitaria Pontevedra-Salnés e que é algo que sospeita un elevado número de persoas. Sea como fora os datos oficiais son os anteriores e son os que debemos ter en conta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.