Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de agosto de 2020

GALICIA, 1000 ENFERMOS MÁS ACTIVOS NUNHA SEMANA. A ESCALADA QUE NON CESA

A cifra de positivos activos por coronavirus en Galicia, segundo o último informe da Consellería de Sanidade é de 2.306. Son 158 máis que o día anterior, un repunte case idéntico ao do notificado o sábado (153). Se a esto engadimos 74 novas altas e un falecemento a cifra de enfermos diagnosticados nas últimas 24 horas chega a 233. E son un milleiro máis que hai unha semana: o pasado domingo, 16 de agosto, desde o Sergas cifrábase en 1.282 os infectados por Covid na Comunidade. Desde entón, 1.024 casos máis.
Hai que sumar o falecemento dun home de 68 anos usuario da residencia de maiores do Incio (Lugo) faleceu este sábado, de forma que é a terceira morte en relación con este brote Por áreas sanitarias, hai 1.207 na Coruña, que suma 40; 304 en Lugo, cun aumento de 26; 212 en Santiago, que dá un salto de 40 casos e segue a súa escalada; 203 en Ourense, 31 máis; 154 en Vigo, que engade 11; 120 en Pontevedra, con 24 adicionais; e 106 en Ferrol, que suma nove. Hai dez pacientes en UCI, fronte os oito consignados no parte da véspera, e 66 en unidades de hospitalización, tres máis. Curáronse 11.889 persoas desde o inicio da pandmeia, o que implica 74 altas nas últimas 24 horas. En total, 632 persoas perderon a vida en Galicia polo Covid.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.