A mostra inaugúrase o venres en Torrado
Galicia recibe por primeira vez a obra do andaluz
Nado en Puente de Génave (Granada) en 1969, Ydáñez está considerado como un dos pintores novos españois con maior proxección internacional. No seu caso, non se trata dunha frase feita, xa que protagonizou exposicións en cidades como Zúric, Milan, Bergen, Berlin, Bergen, Monterrey, Sao Paulo ou Toronto. Entre outros galardóns, obtivo o Premio de Pintura ABC en 2002 e o Premio de Pintura Xeración 2002 de Caixa Madrid, ademais de alzarse coa Bolsa do Colexio de España en París do Ministerio de Cultura en 2001. A súa obra está exposta en numerosas institucións como o Museo Nacional Raíña Sofía de Madrid.
Na súa produción predominan as obras de gran formato nas que o branco e negro adoita ser o protagonista, e cunha ampla presenza do corpo humano: rostros en primeiro plano, repetición de imaxes… Os seus cadros teñen un estilo moi persoal, xa que se lle pode considerar “expresionista no amplo sentido da palabra”, segundo definíronlle en prensa. Nunha entrevista concedida ao portal elestadomental. com, explica a súa predilección por pintar rostros:
“Pinto moitos rostros, si, pero agora hai moita máis variación na miña obra. Fixen exposicións de animais, cervos disecados, algunhas de esqueletos, de nenos, tanto de rostros como de fragmentos, traballei unha chea co corpo. Pero é certo que o rostro me interesa moito. Resume moi ben ao ser humano. Os sentimentos básicos pódelos traballar só co rostro, tamén cos corpos se teñen movemento, pero o rostro humano é o máis complexo e o máis rico. Podo estar toda a vida pintando rostros, hai moitos anos que fixen o primeiro e ségueme interesando”.
Xunto con outros catro artistas orixinarios da Península Ibérica, Ydáñez ha autoxestionado unha iniciativa para mostrar os seus últimos traballos en Berlín. O espazo denomínase Invaliden1 Galerie e atopa situado no centro da cidade no distrito de Mitte. Na actualidade, Santiago Ydáñez vive e traballa entre a capital alemá e Selecta, xa que posúe outro estudo na veiga granadina, nun antigo secadero de tabaco, que comparte con outros artistas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.