Dende a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados volverá a poñerse en marcha, un ano máis, o Plan Madruga "Os primeiros do cole" neste curso 2020-2021. Este programa vai dirixido a aquelas familias que debido as súas obrigas teñen dificultades para poder deixar aos seus fillos e fillas á hora de entrada no colexio.
O Plan Madruga "Os primeiros do cole" iniciarase en setembro co comezo do curso escolar e desenvolverase durante todo o curso lectivo. Realizarase en colaboración coas direccións de cada centro educativo no que se acade un mínimo de 10 nen@s. Terá un horario de inicio de 7:45 horas ata o comezo das clases. Durante este tempo, os monitores recibirán aos nen@s e r ealizarán actividades e xogos. A utilización deste servizo terá un custo para o/a usuario/a de 40 € ao ano.
Para acollerse a esta actividade será condición indespensabele cubrir unha solicitude que está a disposición de todas as familias interesadas na Biblioteca Municipal Luís Rei.
O prazo de presentación das solicitudes será do 15 de xullo ao 14 de agosto e deberá constar o número de conta bancaria onde se lle efectuará o cargo do importe. Hai que salientar que desde o Concello informan de que as persoas que abonaron as taxas do servizo do Plan Madruga o pasado curso veranse compensadas na parte proporcional correspondente aos tres últimos meses do curso nos que se suspenderon as clases e nos cales non se prestou este servizo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.