Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de junio de 2020

DUAS MULLERES FERIDAS EN RIBADUMIA E UN TRABALLADOR EN VLAGARCÍA


Onte pola tarde en Lois (Ribadumia) tivo lugar un accidente e no que víronse implicados dous coches.
Resultaron feridas as condutoras de senllos vehículos, que foron trasladadas ao Hospital do Salnés polo 061. Interviñeron Garda Civil de Tráfico e as agrupacións de Protección Civil de Ribadumia e Cambados.

Por outra banda un home resultou ferido de consideración un operario en Vilagarcía de Arousa ao cortarse cunha máquina Un home que traballaba nunha nave do Polígono de Bamio, en Vilagarcía de Arousa, precisou asistencia sanitaria despois de cortarse coa máquina que manexaba. Ocorreu uns minutos antes das 14:45 horas. Foi unha persoa particular quen deu conta do sucedido ao 112 Galicia e, axiña, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado. Tamén, desde o 112 Galicia requiriuse a actuación da Policía Nacional e Local e do Servizo Municipal de Protección Civil e Xestión de Emerxencias de Vilagarcía.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.