O número de contagios de coronavirus activos en Galicia permanece sen apenas alteracións desde fai xa numerosas xornadas. En comparación con hai algunhas semanas, cando as cifras totais variaban en decenas ou mesmo centenares dun día para outro, o cómputo global mantense en algo máis dos 300 enfermos desde hai xa moitos días.
Concretamente, a Consellería de Sanidade informou de que o total de pacientes rexistrado este martes ascende a 331. Deles, catro atópanse en unidades de hospitalización (ningún deles en UCI) e o resto, 327, reciben atención telemática nos seus domicilios ao non presentar sintomatoloxía grave. As altas contabilizadas sitúanse en 10.554 e os falecementos, en 619.
Por áreas sanitarias, a distribución é a seguinte: 108 dos enfermos concéntranse na área da Coruña, 17 na de Lugo, 21 na de Ourense, 8 na de Pontevedra, 135 na de Vigo, 31 na de Santiago e 11 na de Ferrol.
A situación nas residencias de maiores, por último, continúa igual respecto a días anteriores: só catro usuarios e un empregado constan como contaxiados no balance diario remitido aos medios por Sanidade.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense, un día máis, como a zona de Galicia con menos casos activos de coronavirus, os oito positivos mantéñense desde hai varias xornadas.
Segundo a última actualización de datos realizada polo Servizo Galego de Saúde, este mércores 24 de xuño mantense nas mesmas condicións epidemiolóxicas, sen pacientes con coronavirus hospitalizados en planta ou en unidades de coidados intensivos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.