Nos hospitais da Comunidade, xa só quedan catro persoas ingresadas (dúas menos que onte sábado) por culpa dun virus. Desde o mes de marzo rexistráronse 619 falecementos. Na última xornada, e xa son once consecutivas, non se produciu ningunha morte nova. As UCI da Comunidade continúan tamén baleiras de casos de Covid-19 desde hai días.
O número de contaxiados activos por coronavirus en Galicia se sitúaba este venres en 340, segundo os datos que acaba de difundir o Sergas, correspondentes á xornada anterior. A cifra permanece invariable desde o venres. Do total de afectados, 336 recupéranse da infección nos seus domicilios ao non presentar síntomas de gravidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que 109 casos de coronavirus pertencen á área da Coruña, 17 á de Lugo, 24 á de Ourense, 8 á de Pontevedra, 140 á área de Vigo, 28 á de Santiago e 12 á de Ferrol. Segundo a Xunta, en Galicia hai 10.530 persoas curadas e realizáronse xa un total de 165.608 probas PCR. Segundo os datos comparivos que ofrece o Ministerio de Sanidade, na Comunidade realizáronse 65,7 probas por cada 1.000 habitantes. Galicia sitúase así, lixeiramente por baixo da media española, que alcanza as 69,9. A autonomía que conta coa taxa máis alta é Asturias con 114 pcr por cada 1.000 habitantes.
A afectación ás residencias de maiores continúa tamén estable. Nestes momentos hai catro usuarios afectados e un profesional contaxiado polo coronavirus. Do total de 619 falecementos, 274 son de usuarios das residencias de maiores.
A falta dos datos correspondentes ás últimas 24 horas que difunde o Ministerio pola tarde, o número de contagios rexistrados tamén segue baixo control. Entre o venres e o sábado tan só detectouse un novo caso de Covid-19 na Comunidade. Nos últimos 14 días, foron 21.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.