
340 persoas permanecen co coronavirus en Galicia. É o último dato facilitado este sábado pola Consellería de Sanidade, o que supón unha rebaixa nun caso da cifra de enfermos de Galicia. O dato moveuse nestas últimas xornadas en cifras similares: desde que o día 17 baixou de 349 a 341, a cifra moveuse nos 343 e 341 de antonte e onte venres.
6 pacientes continúan coa doenza no hospital. 334 están en domicilio (-1) e segue sen haber positivos na UCI. Galicia encara este sábado o décimo día consecutivo sen novos falecementos. A cifra está, afortunadamente, por agora cravada nos 619.
A área sanitaria de Pontevedra continúa sendo a de menor incidencia. Quedan 8 positivos. Séguelle Ferrol, con 12, Lugo con 17, Ourense con 24, Santiago con 28, A Coruña con 110 e os 141 enfermos de Vigo.
Son 5 os positivos relacionados coas residencias. A cifra rebáixase nun: hai 4 positivos entre os usuarios de centros de maiores ou discapacitados, e 1 entre os seus traballadores. Na xornada do venres realizáronse máis de 1.000 novas PCR, sendo a cifra xa de 164.673.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés tras máis dunha semana sumou novos casos positivos de coronavirus. Onte contabilizambanse nove casos activos, dous máis que a xornada anterior.
Segundo o comunicado oficial do Servizo Galego de Saúde en Pontevedra, a área sanitaria mantense sen pacientes con coronavirus hospitalizados en unidades de coidados intensivos nin en planta en ningún dos centros sanitarios de referencia.
Os oito casos activos (1 menos que onte) que se contabilizan na área sanitaria son pacientes que evolucionan nos seus domicilios. Este xoves eran sete e ata o mércores mantivéronse varios días en oito.
Desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 curáronse 893 pacientes, un nas últimas 24 horas, e faleceron nesta área sanitaria 16 pacientes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.