Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2020

PROSEGUE A MELLORA DE DATOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 869, 15 menos que o sábado, e 12 permanecen na UCI
En concreto, A Coruña conta con 215 (-6) pacientes afectados, Lugo con 58 (+4), Ourense con 124 (-3), Vigo con 261 (-3), Santiago con 147 (-4) e en Ferrol hai 27 (-1). En Pontevedra, pola súa banda, mantéñense os 37 que se contabilizaban onte.
Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 61 están en unidades de hospitalización e 796 no domicilio. Por outra banda, os curados ascenden xa ás 9.716 persoas, mentres que tamén se rexistraron 613 falecementos na Comunidade, entre hospitais e centros residenciais, desde o inicio da pandemia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.