Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2020

FEIJÓO OU MINTE OU NON SE ENTERA, QUE É PEOR

Feijóo pide a Sánchez que Galicia abandone o estado de alarma unha vez pase a fase 3.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, permanece a tal hora reunido na videoconferencia de presidentes co resto de mandatarios autonómicos e o líder do Executivo central, Pedro Sánchez. Ao presidente trasladoulle, ante a mensaxe de Sánchez de que «nos próximos días moitas Comunidades Autónomas sairán do Estado de Alarma, a vontade de Galicia para ser unha delas en canto finalice a fase 2», informan fontes da Xunta.
Ademais, como xa anunciou que faría o venres, volveulle a reclamar a mobilidade entre provincias no territorio galego. «Lamentou» que non se poida visitar a familiares noutra provincia ou que «os estudantes universitarios non poidan ir buscar os seus aveños aos pisos e residencias que tiveron que deixar cando arrincou a pandemia». Esto é falso e os estudantes poden ir recoller as suas pertenzas a outras provincias. Sirva coma proba o exemplo o seguinte. Un estudante de Cambados pode ir a Santiago a recoller o que deixou no seu piso de aluguer sen problema. So ten que solicitar unha autorización á Universidade e esta expenderallo sen problemas. Demostra o presidente da Xunta un total descoñecemento de como funcionan neste apartado as universidades galegas. Coma sempre ou minte na busca de votos ou descoñece o tema, algo moito peor cando as universidades galegas dependen da Xunta. Pero esta non é a primeira vez que pasa contemas da Educación.

Noutra orde de cousas, Feijóo expuxo tamén cuestións sobre praias, xa que un «mínimo de seis metros sobre a pleamar é unha limitación moi grande para unha boa parte dos areais galegos, onde as mareas presentan oscilacións moi grandes» e máis información do ingreso mínimo vital e a repartición de fondos a autonomías. Neste caso como en outros o Goberno Central da potestade as gobernos autonómicos a adaptar as normas a suas particularidades. O problema é que despois a Xunta lava as mans e deixa en mans dos concellos "a pataca quente" como sucedeu no tema da liberdade horaria nos concellos de menos de 5.000 habitantes primeiro e logo nos de 10.000.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.