Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de mayo de 2020

OUTRO DÍA CON FALECIDOS CON CORONAVIRUS, PERO MELLORANDO

Nunca falar de mortes é positivo. Pero cando os falecementos que se producen como neste caso nunha pandemia, todo descenso ten a súa parte positiva. Si o mércores non había que contar morte algunha, onte eran 8 as persoas falecidas. As 3 de hoxe marcan outro descenso importante e indica a tendencia a baixa desde hai uns semanas cando as cifras diarias rondaban os 15 mortos.

Un novo falecido por Covid-19 eleva o total a 558
Sanidade informa do falecemento dun home de 84 anos que estaba ingresado na Clínica Santa Teresa de Ourense. Con este deceso, a cifra total de vítimas do Covid-19 en Galicia chega a 558.

Ademais deste falecido, a Consellería de Sanidade informaba esta mañán doutras dúas defuncións máis en hospitais. Outros dous homes de 67 e 70 anos, ambos con patoloxías previas, que permanecían ingresados no CHOP pontevedrés e o CHUAC da Coruña perdían a vida.

Por áreas sanitarias, rexistráronse 116 mortes en hospitais da área da Coruña; 88 en hospitais da área de Vigo; 88 na área de Ourense; 73 na área de Santiago; 25 falecidos en hospitais da área de Lugo; 24 na área de Ferrol; e 16 na área de Pontevedra.


1 comentario:

Toño Fernández dijo...

moito me temo que esto en unha seman vai a aumentar o numero de contaxios

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.