Un camión do Ministerio de Transporte y Movilidad, con depósito de 8000 litros e equipo de pulverización, estivo esta mañán a desinfectar os principais tramos poboados das estradas do concello de Cambados.
Foi solicitado a subdelegación do goberno hai uns día e finalmente esta mañán fixo as labouras de desinfección. . Recorreu as vías principais das parroquias de Oubiña e Vilariño, así como o polígono de 7 Pías. A próxima semana volverá facer este traballo nas parroquias de Corbillón e Castrelo.
A Subdelegación do Goberno puxo a disposición dos principais concellos da provincia os medios dos que dispón na provincia o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para realizar este tipo de labores de desinfección preventivos.
Respondendo a solicitude feita polo Concello, desprazáronse hoxe a Cambados medios humanos e materiales da Unidade de Estradas do Estado na provincia para levar a cabo, a primeira hora da mañá, os traballos de desinfección en rúas e estradas do termo municipal.
Para levar a cabo estes labores empregouse un dos camións do parque móbil da Unidade de Estradas do Estado na provincia, dos que se utilizan para esparexer salmoira e despexar de neve as estradas. O vehículo foi usado hoxe para pulverizar 8.000 litros de desinfectante no viario público do municipio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.