Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de mayo de 2020

MANTENSE A ESTABILIDADE NA ÁREA SANITARIA PONTEVEDRA-SALNÉS

Un enfermo menos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Este venres 15 de maio un total de 107 casos activos de coronavirus. Esta certa estabilidade non implica que haxa que relaxar as medidas a adoptar na convivencia diaria.
O paciente menos resulta da suma de 9 casos novos, e as altas de 10 pacientes curados. 
Destes 107 casos activos, 105 evolucionan nos seus domicilios e dous permanecen ingresados hospitalizados en planta, un no Hospital QuirónSalud Domínguez e outro en Montecelo. Desta vez é o Hospital do Salnés o que queda sen enfermos.
Desde hai máis dunha semana non hai ningún paciente con coronavirus atendido en área de coidados críticos.  Faleceron ata o dia de hoxe 16 pacientes  desde o inicio do periodo de confinamento do COVID-19.
Segundo o balance oficial do Servizo Galego de Saúde, desde o inicio da alerta sanitaria do COVID-19 curáronse 725 pacientes nesta área sanitaria, 10 como apuntamos antes no día de onte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.