A redución de casos activos de coronavirus continúa en Galicia, con 66 contaxiados activos menos ca onte, ata un total de 2.008.
Galicia foi onte unha das comunidades autónomas sen vítimas mortais, algo que non se repetía no rexistro diario desde o 29 de abril.
A pesares destes datos esta tarde o Sergas informou dunha nova vítima mortal na comunidade. Trátase dunha muller de 96 anos que estaba ingresada no Hospital da Barbanza e que tiña patoloxías previas. Con este último dato, a cifra total de falecidos con coronavirus en Galicia sitúase en 602.
O número de mortes rexistradas en atención hospitalaria é de 470: 126 na área sanitaria da Coruña, 100 na área de Ourense, 91 na área de Vigo, 81 na área de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas dos falecidos, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra. O resto, 132 dentro das residencias de maiores.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.