A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue a súa particular "desescalada" tras un novo descenso de casos activos de coronavirus. Dos 160 casos de onte pásase aos 151 de hoxe, un pequeno descenso pero que non deixa de ser un dato positivo. Baixa tamén o número de pacientes nos hospitais de referencia. E por cuarto día non hai enfermos nas UCI´s destes centros con coronavirus.
A nova máis positiva é que no Hospital do Salnés non queda ningún paciente ingresado.
Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, hai 3 hospitalizados en planta. Dous están no Hospital Montecelo e un no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez. Un menos que onte que foi ao que selle dou alta no H. do Salnés.
Con estes datos dedúcese que son 148 os pacientes que siguen o tratamento nos seus domicilios,
Desde onte 15 pacientes foron dados de alta o que indica que houbo so 6 casos novos diagnosticados.
Un total de 649 pacientes nesta área sanitaria xa foron dados de alta e considerados como enfermos curados. Ata hoxe faleceron 16 pacientes , entre eles 4 do Salnés.
Con todos estes datos un total de 816 persoas contraxeron a enfermidade do coronavirus nesta área sanitaria (649 curados, 151 activos e 16 falecidos).
Con todos estes datos un total de 816 persoas contraxeron a enfermidade do coronavirus nesta área sanitaria (649 curados, 151 activos e 16 falecidos).

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.